Xulio López Valcárcel

escritor galego

Xulio Xabier López Valcárcel, nado en Romeán (Lugo) en 1953[1], é un escritor galego. Irmán de Xesús Manuel Valcárcel, tamén escritor.

Xulio López Valcárcel
Xulio L. Valcárcel (AELG)-3.jpg
Nacemento1953
 Romeán
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e procurador
IrmánsXesús Manuel Valcárcel
XénerosNarrativa, crítica literaria, ensaio, poesía
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Reside na Coruña. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como procurador dos tribunais. Coñecido sobre todo como poeta, participou nos colectivos Cravo Fondo e De amor e desamor. Foi parte do consello de redacción de Luzes de Galiza e presidente da Agrupación Cultural O Facho.

 
Xaime Toxo, Xulio López Valcárcel, Pedro Corsino e Afonso Ribas Fraga na presentación do libro A invención dun Deus. Xesús de Nazaret. Pontevedra, 2017.

Obtivo o Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e Premio da Crítica Española en 1994 e 2004. Así mesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e algúns libros de relatos. É ademais colaborador de prensa participando na Páxina literaria de El Ideal Gallego, que obtivo o Premio Irmandade do libro outorgado pola Federación de Librarías de Galicia no 2002. Tamén participa na radio co programa Entre libros con X.L.V. de Radio Coruña, Cadena SER.[2]

ObrasEditar

PoesíaEditar

  • Véspera do día (1979, Follas Novas).
  • Alba de auga sonámbula (1983, Celta).
  • Solaina da ausencia (1986, Algalia Edicións, 2ª edición en 1987, Vía Láctea).
  • O sol entre os dedos (1993, Ediciós do Castro).
  • Memoria de Agosto (1993, Deputación da Coruña).
  • En voz baixa (1996, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
  • El volumen de la ausencia (1997, Olifante, Zaragoza, edición bilingüe galego-castelán. Traducido ao francés como Le volume de l'absence en 2006, por Marie-Line Heslon e Suso Pensado, edición bilingüe publicada en Espiral Maior).
  • Casa última (2003, Espiral Maior. Traducida ao italiano no 2004 por Emilio Coco).
  • Se envellecemos xuntos (2007, Sociedade de Cultura Valle-Inclán). En 2020, Medulia, ilustracións de Xurxo Gómez-Chao.
  • A melancolía dos corpos (2008, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
  • Memoria dos días, formas da levidade. Poesía reunida 1979-2017 (2017, Medulia).

NarrativaEditar

  • Anel de mel (1991, Vía Láctea).
  • Campo de Marte (1999, Espiral Maior. Traducida ao castelán no 2002 por Suso Pensado, publicada por Sociedade de Cultura Valle-Inclán).

EnsaioEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

  • O pitiño revolucionario (2012, Galebook).

TraduciónsEditar

  • Serodio amor, de Emilio Coco (2006, Espiral Maior). Con Suso Pensado.
  • Lúa de xemas frías. Escolma de poesía mapuche (2008, Espiral Maior).

EdiciónsEditar

  • Poesía galega: antoloxía, de Miguel González Garcés (1998, Espiral Maior).
  • Porta de aire: escolma poética de Miguel González Garcés (2005, A Nosa Terra).

Obras colectivasEditar

  • Cravo fondo (1977, Follas Novas).
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • De amor e desamor. I. II (1984, 1985, Ediciós do Castro).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
  • Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento (1988, Ediciós do Castro).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • Escolma da Poesía galega de hoy (1991, Visor, Madrid).
  • Homenaxe a Miguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña).
  • Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (1995, Universidade de Granada). Edición bilingüe galego-castelán a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Poesía Gallega Contemporánea (1996, Revista Litoral, Málaga).
  • Novo do trinque (1997, BNG).
  • Alguén agarda que volva alí (1998).
  • Galician generation of the eighties: three poets (1999, Universidade da Coruña).
  • A poesía é o gran milagre do mundo (2001, PEN Clube de Galicia).
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, por Arturo Casas (2003, Tris Tram).
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • Uxío Novoneyra, A emoción da Terra (2004, AELG).
  • Xente no Camiño: mostra de pintura e debuxo sobre a imaxe dos galegos da Baixa Idade Media (2005, Deputación da Coruña). Con Alfredo Erias e Carlos Pereira.
  • O desafío das ondas (2006, Autoridade Portuaria da Coruña).
  • Do máis fondo do silencio saen voces (2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008, Espiral Maior).
  • De amor e desamor (2009, Deputación da Coruña).
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento).
  • Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • Dez anos de poesía nas Pontes (2013, Galebook).
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

PremiosEditar

NotasEditar

  1. Barrera, F., ed. (2002). "López Valcárcel, Xulio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 337. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Ficha do autor na AELG

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Diccionario da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1995.
  • A tépeda luz dos días (aproximación á obra poética de Xulio L. Valcárcel), de Marina Vázquez Carreira. Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1997.

Ligazóns externasEditar