Evanxeos sinópticos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2022.) |
Evanxeos sinópticos é o termo co que se coñece o conxunto que forman os evanxeos de Mateu, Marcos e Lucas. Etimoloxicamente provén do grego σύν (syn, "xunto") e ὄψις (opsis, "ollar"), é dicir, que se poden ver os tres dunha ollada simultánea, posto que teñen moito texto común.
Os evanxeos sinópticos
editarOs tres evanxeos citados comparten moito material: parábolas que se repiten nos tres evanxeos e milagres de Xesús relatados do mesmo xeito. Aínda coas características propias de cada un, deixan ver ás claras que teñen unha orixe común, moito máis cando se comparan co outro evanxeo, o de Xoán.
Dun xeito esquemático, están son as súas características principais:
--- | Evanxeo de Marcos | Evanxeo de Mateu | Evanxeo de Lucas | |||||||||||
Data | Entre os anos 60 e 70 | Ano 70 ou algo posterior | Ano 80, posterior ao de Mateu | |||||||||||
Autor | Atribuído a Xoán Marcos, discípulo de Pedro. Debía de ser un cristián de orixe xudía | Atribuído ao Apóstolo. Igual que en Marcos, o autor era de orixe xudía | Identifícase co Lucas médico discípulo de Paulo. En calquera caso é un grego convertido ao cristianismo que tamén escribiu os Feitos dos Apóstolos | |||||||||||
Destinatarios | Dedica moito tempo a explicar costumes e leis xudeas, polo que debía estar escrito para cristiáns de orixe non xudía | Continua contraposición entre a mensaxe de Xesús e as posturas de grupos xudeus como saduceos e fariseos, o que indica unha comunidade cristiá de orixe xudía e que está asentada en Palestina | Como en Marcos, os destinatarios son alleos á cultura xudía | |||||||||||
Estrutura | Ten dous eixos, que son as dúas preguntas que Xesús fai aos seguidores: "quen dicides que son eu? | Alterna seis seccións narrativas con cinco seccións discursivas | Estrutura o seu escrito como un camiño que Xesús percorre desde a súa orixe, Nazaret, ata o seu destino, Xerusalén |
A teoría das tres fontes
editarEntre os investigadores hai bastante unanimidade en que as causas das coincidencias entre os tres evanxeos hai que buscalas nas fontes comúns que usaron os seus autores.
A teoría máis aceptada é a das tres fontes. Segundo esta, habería tres fontes das que beberon os autores; as relacións que se establecen entre as fontes e os distintos evanxeos explica ás súas coincidencias, a súa sinopse, e tamén as diferenzas. As tres fontes son:
- Evanxeo de Marcos: sendo o máis antigo era coñecido polos outros dous autores e serviu de base para os seus escritos.
- Fonte Q: do alemán Quelle ("fonte"). Sería unha colección de discursos e feitos de Xesús, á que tiveron acceso Mateu e Lucas, pero non Marcos. Explica os elementos comúns daqueles que non aparecen neste.
- Fontes propias de cada evanxelista, por exemplo as seccións dedicadas á infancia de Xesús son moi distintas en Mateu e en Lucas. Son fontes exclusivas de cada autor ou froito do traballo de autoría.