Libro de Malaquías
O Libro de Malaquías, é un libro profético da Biblia, o máis breve de todos e que se sitúa, como norma no último lugar dos libros proféticos, posto que estes se ordenan por tamaño. Contén as profecías do que se denomina a si mesmo Malaquías, que destacan pola forte crítica ao Templo de Xerusalén e á casta sacerdotal dominante.

Época de composición
editarA época de composición hai que situala despois da volta do desterro, co Templo xa reconstruído. Doutra banda, os vicios que denuncia Malaquías deben situar o libro antes da reforma de Esdras e Nehemías. Polo tanto, a data de composición debería situarse a primeiros do século V antes de Cristo.
Autor
editarO propio nome do autor xa fai de advertencia: Malaquías deriva de malaq, que significa mensaxeiro ou, en senso máis estrito, anxo. Así que máis parece que estamos ante un título que se atribúe o autor e non un nome propio, mesmo podería ser un pseudónimo útil para agrupar unha serie de profecías.
Ademais é certo que, contra o que sucede con outros profetas, nin o libro nin outros libros da Biblia aportan datos biográficos do posible autor.
Con todo, hai opinións máis minoritarias que intentan identificar ao autor con algún persoeiro da Biblia: o targum e, máis tarde, San Xerome, identifican a este profeta con Esdras. Incluso existe a hipótese de que o "mensaxeiro" do que se fala en Malaquías 3,1 é o propio Esdras e que o autor sería un seu axudante que colaborou con el na reforma[1].
Contido do libro
editarA división máis aceptada presenta un libro dividido en seis seccións, máis introdución e apéndice:
- Malaquías 1,1. Introdución: presentación e xustificación como profeta.
- 1,2-5. Deus mantense fiel ás súas promesas e na súa protección ao pobo escolleito.
- 1,6-2,9. Crítica aos sacerdotes, pola descuido no culto do Templo.
- 2,10-16. Condena dos matrimonios mixtos e do repudio.
- 2,17-3,5. Crítica aos que dubidan da retribución divina. Fala do xa próximo xuízo e da chegada do mensaxeiro.
- 3,6-12. As pragas e as malas colleitas son castigos por non pagar os décimo (imposto)|décimos].
- 3,13-21. Volta sobre o tema do xuízo.
- 3,22-24. Apéndice. Necesario cumprir coa lei pois xa chega Elías, o mensaxeiro de Deus.
Uso no Novo Testamento
editarEn proporción ao seu tamaño, este libro é dos máis citados no Novo Testamento, sinaladamente os fragmentos que falan do futuro mensaxeiro: 3,1 e 3,23.
3,1 "Eu envío o meu mensaxeiro para que limpe o camiño diante de min. Nun momento entrará no seu santuario o Señor a quen vós estades buscando, o mensaxeiro da Alianza, a quen vós lle tedes amor...", citado por Marcos 1,2; Lucas 1,17.76; 7,19.27 e Xoán 3,28.
3,23 "Vouvos mandar ao profeta Elías antes de que chegue o día do Señor grande e temible.", citado por Mateo 17,10-11; Marcos 9,11-12; Lucas 1,17.
En ámbolos dous casos, o mensaxeiro é identificado como Xoán o Bautista e o seor que está por chegar, con Xesús, o Cristo.
Tamén se cita a referencia que fai 1,2-3 á historia de Esaú e Xacob en Romanos 9,13.
Notas
editar- ↑ Alonso Shöel, L. e Sicre Díaz J. L., Profetas (Comentario) (parte 1), Madrid, Cristiandad, pax. 1205
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Libro de Malaquías |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Libro de Malaquías |
Bibliografía
editar- A Biblia. Santiago de Compostela, SEPT. 1989. ISBN 84-7337-036-8.
- Alonso Shöel, L. e Sicre Díaz J. L. (1980). Profetas (Comentario) (parte 1). Madrid, Cristiandad. ISBN 84-7057-273-3.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarLibro anterior: Zacarías |
Malaquías (Libros proféticos) |
Libro seguinte: derradeiro libro profético |