Comunidade científica
A comunidade científica está formada polo corpo total de científicos, as súas relacións e as súas interaccións. Adoita dividirse normalmente en subcomunidades, cada unha traballando nun campo particular da ciencia (por exemplo, existe unha comunidade de entomólogos dentro do campo da zooloxía).
Características
editarOs membros da mesma comunidade non necesitan traballar en conxunto. A comunicación entre os membros establécese pola diseminación de traballos de investigación e hipóteses a través de artigos en revistas científicas, que son revisadas por pares, ou asistindo a congresos e outros tipos de reunións onde se presentan as novas investigacións, se intercambian ideas e son debatidas.
Existen tamén moitos métodos informais de comunicación de traballos científicos, así como de resultados, aínda que a verdadeira validez e importancia de cada un dependerá de cada subcomunidade.
A membresía (ou conxunto dos membros) das asociacións presentes dentro de cada subcomunidade é, xeralmente, en función da educación, situación laboral e afiliación institucional. Sociólogos da ciencia que estudaron comunidades científicas a miúdo acharon que o sexo, a raza e a clase social puideron ser, ás veces, factores influentes para o ingreso.
Histórica e actualmente os científicos usaron variados métodos para determinar quen pertence ou non á comunidade científica, o cal xeralmente se require para determinar que campos de investigación poden ser marcados como "ciencia". Algúns campos de coñecemento que aparentan ser científicos son xulgados como fóra das normas da comunidade científica, e por iso son marcados como "pseudociencia".
O método científico implicitamente require a existencia da comunidade científica, onde se levan a cabo os imprescindíbeis procesos de revisión por pares e reproducibilidade. A posición de Hume (o criterio da verdade) fronte a Kant sentara as bases para formulacións loxicistas, historicistas, estruturalistas, entre outros, no interior da filosofía da ciencia.
Karl Popper propuxo substituír o problema da verificación polo da falsación. Para el, unha teoría é científica se pode ser sometida a unha contrastación falsadora, que é refutábel aínda que fora falsada.[1]
É a comunidade científica quen recoñece e sustenta o actual consenso científico dentro dun campo, o paradigma reinante, o cal resiste o cambio até que se presente unha verdadeira evidencia substancial e repetida que poida demandar un cambio de paradigma ou novo enfoque ou complemento, de acordo coa teoría de cambio científico establecida por Thomas Kuhn.[2][3][4]
Imre Lakatos propón abordar o problema da avaliación obxectiva do desenvolvemento da ciencia en termos de cambios progresivos e cambios dexenerativos de problemas nas series de teorías científicas. Esta continuidade desenvólvese a partir dun verdadeiro programa de investigación.[5]
Notas
editar- ↑ Popper, K. La Lógica de la investigación científica. Madrid: Tecnos. 1982
- ↑ A partir de 1961 comenzouse a debater acerca de termos como paradigma, comunidade científica, ciencia normal e revolución científica. De acordo con Kuhn, novas subcomunidades establécense ao redor de novos paradigmas ao desenvolver a súa propia terminoloxía, sentido histórico e sentido de problemas que resolver (e aqueles aos que ignorar).
- ↑ Thomas Kuhn, The Structure of Scientific Revolutions (Chicago: University of Chicago Press, 1962).
- ↑ En 1969 Kuhn cambia o termo de paradigma polo de matriz disciplinaria, debido a unha crítica feita pola profesora Margaret Masterman, quen consideraba que Kuhn utilizaba o termo inicial en vinte e un sentidos diferentes. A matriz estaría composta por catro elementos: as xeneralizacións simbólicas, os compromisos compartidos con crenzas, os valores compartidos polas comunidades e os exemplares.
- ↑ Imre Lakatos. La crítica y el desarrollo del Conocimiento. Barcelona: Grijalbo. 1975
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Kuhn, T. (1962): The Structure of Scientific Revolutions. Chicago: University of Chicago Press.
- Lakatos, I.(1975): La crítica y el desarrollo del Conocimiento. Barcelona: Grijalbo.
- Latour, B. & Steve Woolgar, S. (1979): Laboratory life: the social construction of scientific facts. Beverly Hills: Sage Publications.
- Popper, K. (1982): La Lógica de la investigación científica. Madrid: Tecnos.
- Shapin, S. & Simon Schaffer, S. (1985): Leviathan and the air-pump: Hobbes, Boyle, and the experimental life. Princeton, N.J.: Princeton University Press.
- Traweek, S.(1988): Beamtimes and lifetimes: the world of high energy physicists. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.