Georges Cuvier

naturalista francés (1769–1832)

Georges Léopold Nicolas Frédéric Cuvier, barón de Cuvier, coñecido como Georges Cuvier (leva tamén os nomes de Dagobert e de Chrétien) [1], nado en Montbéliard (Doubs) o 23 de agosto de 1769 e finado en París o 13 de maio de 1832, foi un naturalista francés, un dos máis importantes da primeira metade do século XIX. Desenvolveu métodos e programas de investigación en varias áreas da Historia Natural, destacando especialmente como promotor da anatomía comparada e da paleontoloxía.

Modelo:BiografíaGeorges Cuvier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean Léopold Nicolas Frédéric Cuvier Editar o valor en Wikidata
23 de agosto de 1769 Editar o valor en Wikidata
Montbéliard, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte13 de maio de 1832 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecólera Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 8
Grave of Georges Cuvier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cadeira 35 da Academia Francesa (pt) Traducir
4 de xuño de 1818 – 13 de maio de 1832
← Armand de Roquelaure (pt) TraducirAndré Dupin (pt) Traducir →
Director of the Muséum National d'Histoire Naturelle (en) Traducir
1808 – 1832
← René Desfontaines (pt) TraducirLouis Cordier (pt) Traducir →
Member of the Chamber of Peers (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónProtestantismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Estugarda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnatomía comparada, zooloxía, paleontoloxía e ciencias naturais Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxeólogo, botánico, ictiólogo, malacólogo, arqueólogo, antropólogo, filósofo, escritor, biólogo, profesor universitario, paleontólogo, catedrático, político, ornitólogo, zoólogo, naturalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1800–1832)
Museo Nacional de Historia Natural de Francia, catedrático Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enPaleontoloxía Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohann Simon von Kerner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosPierre-Joseph van Beneden, Jean Victor Audouin (pt) Traducir e Henri Milne-Edwards Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoHenri Marie Ducrotay de Blainville Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaCuvier Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaCuvier Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Outro
TítuloBarón (1829–) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAnne-Marie Duvaucel (1804–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
FillosClémentine‏ Cuvier Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrédéric Cuvier Editar o valor en Wikidata
ParentesAlfred Duvaucel, fillastro
Sophie Duvaucel, fillastra Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX896482 WikiTree: Cuvier-1 Find a Grave: 7733 Editar o valor en Wikidata
Georges Cuvier

Ocupou diferentes cargos de importancia na educación nacional francesa na época de Napoleón e tras a restauración dos Borbóns, e foi profesor de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París. Tamén é famoso por ser o principal enunciador do catastrofismo.

Está enterrado no cemiterio do Père-Lachaise de París.

Traxectoria

editar

Nado nunha familia protestante de Montbéliard, foi a lectura de Buffon a que orientou a súa vida [2]. Despois de estudar no colexio de Montbéliard, inscribiuse na Academia Carolina de Stuttgart en Alemaña, onde foi alumno do botánico Johann Simon von Kerner. Nos catro anos en Stuttgart (1785-1788) adquire o coñecemento da lingua e a literatura alemás.

Normandía

editar

Pasou os anos críticos da Revolución francesa en Normandía, traballando como titor nunha familia da nobreza. Nesta época fai un importante herbario.[3]

Dedica os seus tempos de lecer ao estudo da historia natural: recolle fósiles e fai comparacións coas especies viventes. Destes traballos solitarios deduciría a lei de correlación das formas, que lle permitiu a reconstitución de esqueletos completos a partir duns poucos fragmentos. Moi cedo ten a intuición da necesidade dunha nova clasificación do reino animal.

O éxito en París

editar
 
Retrato de Cuvier por François-André Vincent

O talento de Cuvier chamoulle a atención a Henri Alexandre Tessier (1741-1837), agrónomo, que o chama a París en 1795, onde de contado se fai notar, quer polas súas clases, quer polos seus escritos. O seu saber de autodidacta e a orixinalidade dos seus métodos fan que sexa admitido no Jardin des Plantes de París, onde Jean-Claude Mertrud, e despois Louis Jean-Marie Daubenton, procuran a súa colaboración e o introducen na Academia das Ciencias de Francia.

Foi nomeado sucesivamente profesor de historia natural nas escolas centrais, e asistente da cátedra de anatomía comparada (desempeñada por Mertud) no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Á morte de Mertrud en 1802, ocupou como titular esta cátedra no Museo de París.[4] Nesta institución, Cuvier emprendeu gran cantidade de estudos de anatomía comparada que deron lugar ao recoñecemento dos seus métodos pola comunidade científica da época, á cal conseguiu adherir ao seu programa científico para o estudo dos fósiles.[5]

Foi tamén profesor do Collège de France e membro da Academia das Ciencias, onde foi nomeado secretario perpetuo para as ciencias físicas en 1803. O mesmo ano casa coa viúva do antigo fermier général Duvaucel, guillotinado no ano I. Os seus catro fillos morreron antes do que el, e a súa morte causoulle moita dor. Foi admitido como membro estranxeiro da Royal Society o 17 de abril de 1806.

Unha sucesión de honores conducírono á Académie française en 1818, a ser par de Francia en 1831, pasando polo Consello de Estado e á chancelaría da Instrución pública, por non falar das distincións académicas que lle chegaron do mundo enteiro.

Foi inspector de estudos, co-conselleiro e chanceler da Universidade (1808), e desempeñou varias veces as funcións de gran mestre, aproveitando esta posición para favorecer o ensino da historia natural e das ciencias en xeral. Nomeado en 1814 conselleiro de Estado, e despois presidente do comité do interior, destaca nesta nova actividade por unha alta capacidade, pero amosándose demasiado compracente cara ao poder e consente en encargarse de soster na tribuna medidas impopulares.

Criticado por ambicioso, fixo numerosos adversarios porque non vacilou en atacar as teses de grandes sabios (como Buffon ou Étienne Geoffroy Saint-Hilaire); pero tampouco vacilou en axudar financeiramente a colegas necesitados.[6]

Na Segunda Restauración, Georges Cuvier reibiu o título hereditario de barón por patente do rei Carlos X expedida o 29 de decembro de 1829.[7]

Anatomía comparada: a clasificación dos animais

editar
 
Retrato de Cuvier por Mathieu-Ignace Van Brée

Cuvier é un dos fundadores da anatomía comparada moderna. Partindo da súa concepción funcional do organismo, Cuvier investigou a permanencia das grandes funcións fisiolóxicas na diversidade das especies, e enunciou o principio de subordinación dos órganos e a lei de correlación das formas. Así, —sinalaba Cuvier— a predación implica un certo tipo de dentición, un tubo dixestivo capaz de asimilar a carne e membros que permitan unha locomoción adaptada a esa dieta.

Cuvier foi o primeiro naturalista en clasificar o reino animal desde o punto de vista estrutural ou morfolóxico que, non obstante, estaba completamente subordinado á función. A súa obra máis importante foi Regne animal distribué d'après son organisation ("Reino animal distribuído a partir da súa organización") que apareceu en catro volumes na súa primeira edición en 1817 e en cinco a partir da segunda edición (1829-1830).

Cuvier defendeu o principio segundo o cal, tendo en conta os datos proporcionados pola anatomía comparada, os animais debían ser agrupados en catro plans estruturais de organización (embranchements): vertebrados, moluscos, articulados e radiados. Cada un destes grupos definíase por unha disposición particular dos sistemas esenciais entre os cales se encontraban, fundamentalmente, os núcleos vitais, a saber, o cerebro e o aparello circulatorio. O sistema nervioso, o aparello respiratorio e o resto dos órganos pode variar dentro de cada plan corporal, indicando sucesivamente a orde, a familia, o xénero e, en fin, a especie.

Xeoloxía e paleontoloxía. O catastrofismo

editar

Cuvier xogou un papel crucial no desenvolvemento da paleontoloxía, considerándose o pai desta especialidade. Grazas ao seu principio de correlación puido crear, por así dicilo, un mundo novo, establecendo, por numerosas observacións, que deberon existir na superficie do globo animais e vexetais que xa desapareceron, pero que se poden reconstruír aínda que só queden apenas algúns restos, e clasificalos metodicamente.

 
Comparación anatómica dunha mandíbula de elefante indio e dunha mandíbula dun elefante fósil, por Cuvier, en 1796

En fin, deulle á xeoloxía novas bases, proporcionando os medios para determinar a antigüidade dos estratos terrestres pola natureza dos restos que gardan. Foi el quen bautizou o período xurásico da era secundaria (ou mesozoico) en referencia aos estratos sedimentarios no macizo do Jura, que coñecía ben.[8]

Por outra parte era seguidor do actualismo ou uniformitarismo (termo empregado por William Whewell en 1832: "Os choques actuais son os mesmos que os do pasado"), e está de acordo coas ideas fixistas (que se referían sobre todo á creación divina) e catastrofistas. Por tanto, opoñíase radicalmente ao gradualismo, porque estes plans eran considerados irredutíbeis entre si. Tanto o seu funcionalismo como a súa defensa desta irredutibilidade conducírono á súa célebre polémica con Geoffroy Saint-Hilaire.

 
Estatua de Georges Cuvier en Montbéliard

Partindo das súas observacións paleontolóxicas, Cuvier elaborou unha historia da Terra fundamentada no fixismo e o catastrofismo. Así, concibiu a historia xeolóxica como unha historia puntuada por revolucións ou catástrofes. En tales períodos produciríase a extinción das especies até entón existentes e a súa substitución por outras.

Non fala de extincións en masa, pero si de extincións maiores (que el chama "revolucións do globo"). Estas extincións produciríanse por catástrofes do tipo de inundacións ou sismos, e despois a Terra sería axiña repoboada por unha nova creación ou por migracións de novas especies que procederían doutras rexións do planeta nas que se salvaran da catástrofe. Así explicaba Cuvier os baleiros estratigráficos do rexistro fósil, que non parecían permitir a inferencia dunha continuidade das formas orgánicas.

Por prudencia de cara ás autoridades relixiosas, excluía o home desta historia xeolóxica.[6]

Desde a perspectiva do catastrofismo, a idade da Terra non necesitaba ser excesivamente prolongada. De aí que Cuvier avogase por só 6.000 anos de antigüidade, o que o enfrontou a Charles Lyell, cuxo gradualismo requiría millóns de anos.

Oposición ao transformismo

editar
 
A fonte Cuvier, que conmemora a Georges Cuvier ao lado do Jardin des Plantes de París

Esta defensa da constancia das especies -fixismo- fixo que se opuxera violentamente ao gradualismo, e o enfrontara á corrente transformista iniciada por Buffon e desenvolvida amplamente por Lamarck.[9] Xefe de filas da corrente oposta ao transformismo, utilizou todos os poderes que lle daban a súa posición de profesor do Museo de Historia Natural e de secretario perpetuo da Academia de Ciencias para dificultar a difusión das ideas transformistas. Bloqueou o acceso dos seus partidarios á promoción académica, prohibiu o seu acceso ás coleccións do Museo e ás páxinas das revistas científicas nas que tiña o control.[10]

Estas medidas non foron suficientes para desanimar os naturalistas opostos a Cuvier. Os afeccionados -é dicir, os non recoñecidos por unha institución oficial- proseguían con éxito os seus traballos, arrequecían as súas coleccións e publicaban as súas obras. Tiñan as súas propias revistas que, fóra do círculo parisiense, eran ben coñecidas. O ensañamento de Cuvier contra as teorías transformistas está tamén testificado pola tentativa de dificultar a publicación dos Annales des sciences de l'observation. François-Vincent Raspail, testemuña dos métodos empregados nesta ocasión, dixo:

Cuvier e máis dun dos seus ilustres colegas participan en maquinacións secretas, polas cales o editor foi obrigado a cesar co fin de recuperar a súa liberdade ameazada por unha condena política.[11]

Á morte de Lamarck, Cuvier compuxo un "eloxio fúnebre" [12] onde non se privou de ridiculizar e deformar as ideas transformistas de Lamarck. Este eloxio, cualificado de "malleira académica", non se leu na Academia de Ciencias até o 26 de novembro de 1832. Foi traducido para o inglés e constitúe moi probabelmente a orixe da idea errónea segundo a cal Lamarck atribuía a transformación dos animais á súa "vontade" e aos seus "desexos".

No seu leito de morte, Cuvier tivo coidado de designar a Pierre Flourens como o seu sucesor no posto de secretario perpetuo da Academia de Ciencias, o cal, desde a súa dimisión en 1864, foi o derradeiro defensor, e o máis encarnizado deles, da doutrina de Cuvier no dominio das ciencias zoolóxicas.[13] Cuvier morreu durante unha epidemia de cólera que asolou París; porén, a causa da súa morte foi un accidente vascular cerebral.[14]

Racismo

editar

Cuvier representaba o pensamento científico dominante en Francia, de acordo cos prexuízos racistas da época, e a súa influencia foi grande.[6]

Neste contexto, fixo investigacións sobre os negros africanos que lle parecía que pertencían á "máis degradada das razas humanas, na cal as formas se aproximaban ás máis brutas, e onde a intelixencia non se podía educar de ningunha maneira de xeito que puideran chegar a un goberno regular"[15]

Pouco despois da morte de Saartjie Baartman (coñecida como a Venus hotentote), procedeu a disecala en nome do progreso dos coñecementos humanos. Realizou un baleirado completo do corpo e extraeu o esqueleto, o cerebro e os órganos xenitais, que colocou en frascos de formol e expuxo no Museo do Home.[16] En 1817, expuxo o resultado do seu traballo diante da Academia Nacional de Medicina. A publicación das súas Observations sur le cadavre d'une femme connue à Paris et à Londres sous le nom de Vénus hottentote pon de relevo as teorías racistas dos científicos da época.[17] Fixo sobre todo alusión á clasificación das razas humanas polo "esqueleto da cabeza", e a unha "lei cruel que semella ter condenado a unha eterna inferioridade as razas de cranio deprimido e comprimido".

Saartjie Baartman foi descrita máis polos seus trazos simiescos que pola súa pertenza á raza negra:

A nosa bosquimá do museo é máis prominente aínda que os negros, ten a cara máis ensanchada que os calmucos, e os ósos do nariz máis planos que os uns e os outros. A este último respecto, sobre todo, non teño visto xamais unha cabeza humana máis parecida á dos simios que a súa.[18]

Principais publicacións

editar
  • Tableau élémentaire de l'histoire naturelle des animaux. 1797-1798. (en francés)
  • Leçons d'anatomie comparée. 5 vols. 1800-1805 [1] Arquivado 09 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en francés)
  • Essais sur la géographie minéralogique des environs de Paris, avec une carte géognostique et des coupes de terrain, con Alexandre Brongniart 1811. (en francés)
  • Le Règne animal distribué d'après son organisation, pour servir de base à l'histoire naturelle des animaux et d'introduction à l'anatomie comparée. 4 vols. 1817. (en francés)
  • Recherches sur les ossemens fossiles de quadrupèdes, où l'on rétablit les caractères de plusieurs espèces d'animaux que les révolutions du globe paroissent avoir détruites. 4 vols. 1812 2 3 4 (en francés)
  • Mémoires pour servir à l'histoire et à l'anatomie des mollusques. 1817. (en francés)
  • Éloges historiques des membres de l'Académie royale des sciences, lus dans les séances de l'Institut royal de France par M. Cuvier. 3 vols. 1819-1827 Vol. 1 , Vol. 2 , e Vol. 3. (en francés)
  • Théorie de la terre. 1821. (en francés)
  • Discours sur les révolutions de la surface du globe et sur les changements qu'elles ont produits dans le règne animal. 1822. Nova edición: Christian Bourgeois, París, 1985. [2] (en francés)
  • Histoire des progrès des sciences naturelles depuis 1789 jusqu'à ce jour. 5 vols. 1826-1836. (en francés)
  • Histoire naturelle des poissons. 11 vols. 1828-1848, continuado por Achille Valenciennes. (en francés)
  • Histoire des sciences naturelles depuis leur origine jusqu'à nos jours, chez tous les peuples connus, professée au Collège de France. 5 vols. 1841-1845, editado, anotado, e publicado por Magdeleine de Saint-Agit. (en francés)

Cuvier tamén colaborou no Dictionnaire des sciences naturelles. 61 vols. 1816-1845, e en Biographie universelle. 45 vols. 1843-18??

Homenaxes

editar

O seu nome está inscrito na torre Eiffel. Un liceo de Montbéliard leva o seu nome.

Abreviaturas

editar

A abreviatura Cuvier emprégase para indicar a Georges Cuvier como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía e dos vexetais.(Ver lista de especies descritas por este autor no IPNI)

  1. Foi denominado Georges-Léopold-Chrétien-Frédéric-Dagobert Cuvier. Ver:
    Mémoires du Baron Georges Cuvier, publicada en inglés por Sarah Lee e en francés por Théodore Lacordaire, R. Fournier libraire, Paris, 1833, p.9.
    "Georges Cuvier", in Louis-François Jéhan, Dictionnaire historique des Sciences physiques et naturelles, J.-P. Migne éditeur, Paris, 1857, p.401-402.
    "Cuvier (Georges-Léopold-Chrétien-Frédéric-Dagobert, baron)" in Pierre Larousse, Grand dictionnaire universel du XIXe siècle, Tome Cinquième, Paris, 1869, p.693-694.
  2. Mémoires du Baron Georges Cuvier, publcadas en inglés por Sarah Lee e en francés por Théodore Lacordaire, R. Fournier libraire, Paris, 1833, p.13-14.
    Georges Cuvier, « Mémoires pour servir à qui fera mon éloge », écrits en 1822-1823, in L.-F. Jéhan, Dictionnaire historique des Sciences physiques et naturelles, J.-P. Migne éditeur, Paris, 1857, p.401-402.
  3. Vendido nunha poxa, encóntranse partes del no Museo de Historia Natural de París, no Museo de Rouen e nalgunhas coleccións privadas.
  4. Caponi, Gustavo (2008). Georges Cuvier: un fisiólogo de museo, 2008. ISBN 2-85653-565-8. 
  5. Faria, F. F. A. (2008). O Paradigma de Cuvier, 2008. ISBN 978-1-4357-1530-1. 
  6. 6,0 6,1 6,2   : Georges Cuvier: retrato dun sabio controvetido Arquivado 27 de novembro de 2010 en Wayback Machine. emisión "A marcha das ciencias en France Culture, 18 de novembro de 2010
  7. Gustave Chaix d'Est-Ange (1863-1923), Dictionnaire des familles françaises anciennes ou notables à la fin du XIXe siècle, Tome Treizième, Imprimerie Charles Hérissey, Evreux, 1914, p.31.
  8. Nathalie Richard, Inventer la préhistoire. Les Débuts de l'archéologie en France, Vuibert, 2008
  9. Corsi, 2001, pp. 201-205.
  10. Corsi, 2001, p. 304.
  11. François-Vincent Raspail, Nouveau système de physiologie végétale et botanique, 1837, p. 306.
  12. "Eloge de M. de Lamarck, par le Baron Georges Cuvier". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2011. Consultado o 13 de marzo de 2011. 
  13. Corsi, 2001, p. 322.
  14. Taquet, Philippe (2006). Odile Jacob, ed. Georges Cuvier: naissance d'un génie, 2006. ISBN 2-7381-0969-1. 
  15. George Cuvier, Recherches sur les ossements fossiles, Vol. 1, Deterville, Paris, 1812, p. 105.
  16. François Clarac, Jean-Pierre Ternaux (dir.), Encyclopédie historique des neurosciences : du neurone à l'émergence de la pensée, De Boeck Université, 2008, p. 531.
  17. Mémoires du Muséum d'histoire naturelle, Volume 3, Belin, Paris, 1817, p. 259-274.
  18. Mémoires du Muséum d'histoire naturelle, Volume 3, Belin, Paris, 1817, p. 273.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Schmitt, Stéphane (2006). Aux origines de la biologie moderne. L'anatomie comparée d'Aristote à la théorie de l'évolution. Paris: Éditions Belin. 
  • A. P. de Candolle, "Mort de G. Cuvier", Bibliothique universelle. 1832, 59, p. 442
  • P. J. M. Flourens, Éloge historique de G. Cuvier, 1834, publicado como introdución a Éloges historiques de Cuvier
  • Coleman, W. 1962. Georges Cuvier, Zoologist. Cambridge: Harvard University Press
  • Cuvier, G. 1815. Essay on the Theory of the Earth. Blackwood (reimpreso por Cambridge University Press, 2009; ISBN 978-1-108-00555-5
  • Cuvier, G. (Baron). 1818. Essay on the theory of the earth. Nova York: Kirk & Mercein
  • Cuvier, G. (Baron). 1827. Essay on the theory of the earth. 5ª ed. Londres: T. Cadell
  • Gillispie, C. C. 1996. Genesis and geology. Cambridge: Harvard University Press
  • Histoire des travaux de Georges Cuvier. 3ª ed., París, 1858
  • Larson, Edward J. Evolution: The Remarkable History of a Scientific Theory. The Modern Library: Nova York, 2004. ISBN 0-679-64288-9
  • C. L. Laurillard. "Cuvier," Biographie universelle, supp. vol. 61. 1836
  • Lee, Mrs. R. 1833. Memoirs of Baron Cuvier. Londres: Longman, Reese, Orme, Brown, Green, & Longman
  • McCarthy, E.M. 2008. Macroevolution: The Origin of New Life Forms.
  • Dorinda Outram, Georges Cuvier: Vocation, Science and Authority in Post-Revolutionary France. Palgrave Macmillan, 1984
  • Pietro Corsi, Rapport historique sur les progrès des sciences naturelles depuis 1789, et sur leur état actuel, présenté à Sa Majesté l'Empereur et Roi, en son Conseil d'État, le 6 février 1808, par la classe des sciences physiques et mathématiques de l'Institut... conformément à l'arrêté du gouvernement du 13 ventôse an X. París, 2005
  • Russell, E. S. 1982. Form and function: A contribution to the history of animal morphology. Chicago: University of Chicago Press.
  • Philippe Taquet, Georges Cuvier, Naissance d'un Génie; 539 pp. Ed. Odile Jacob, París, 2006; ISBN 2-7381-0969-1, en francés
  • Rudwick, Martin J.S. Georges Cuvier, Fossil Bones, and Geological Catastrophes. The University of Chicago Press, 1997. ISBN 0-226-73106-5
  • Zimmer, Carl, Evolution:the triumph of an idea Harper Perennial Nova York 2006 ISBN 0-06-113840-1

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar