Abrir o menú principal

TraxectoriaEditar

Docteur d'Etat (Doutor de Estado) en zooloxía, é profesor de zooloxía e foi director do Laboratoire reptiles-amphibiens (Laboratorio de herpetoloxía) do Museo Nacional de Historia Natural de Francia (MNHN) de París.[1]

Especialista na sistemática de anfibios, da nomenclatura e taxonomía zoolóxica e de terminoloxía biolóxica. Foi director d laboratorio de Herpetología de la MNHN. Foi xefe de redacción das revistas Amphibia Reptilia e Alytes,xefe de redacción de Bionomina e editor de nomenclatura de Zootaxa.[1]

Alain Dubois está especializado no estudo dos anfibios actuais e é coñecido por ser o autor de notábeis traballos sobre a súa taxonomía, a súa evolución e a súa bioxeografía.

É tamén autor de traballos sobre a noción de xénero en bioloxía como Le genre en zoologie: essai de systématique théorique (1988). Foi un dos membros fundadores da Société Française de Systématique (Sociedade Frances de Sistemática).

A el débese a descrición dunha nova suborde de urodelos, a dos sirenoideos (Sirenoidea), aínda non aceptada por todos os autores.

Na actualidade é coordinador de grupo e especialista taxonómico en Fauna Europaea.

Taxons descritosEditar

AbreviaturaEditar

A abreviatura Dubois emprégase para recoñecer a Alain Dubois como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Alain Dubois en peerj.com (en inglés).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar