Salamántiga rabilonga
A salamántiga rabilonga,[2] salamántiga galega[3][4] ou saramaganta[4] (Chioglossa lusitanica) é unha especie de anfibio urodelo da familia dos salamándridos (Salamandridae), a única do xénero Chioglossa, endémica do noroeste da Península Ibérica (Galicia, Asturias e norte de Portugal, país no que chega até o Texo).
Salamántiga rabilonga Chioglossa lusitanica | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salamántiga rabilonga | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Chioglossa lusitanica Bocage, 1864 | |||||||||||||||||
Distribución da salamántiga galega
|
É un salamándrido pequeno, alongado e esvelto cun rabo moi longo, que pode amputarse como o dos lagartos. Malia recibir tamén ocasionalmente os nomes de salamántiga galega,[4] ou de píntega rabilonga ou galega, non ten pintas á diferenza da píntega común (Salamandra salamandra).
Características
editarO corpo de Chioglossa lusitanica, de pequeno tamaño, é moi alongado. En total mide de 12 a 15 cm de lonxitude (máximo de 16 cm ou máis), dos que case os dous terzos corresponden á cola.[4][5]
Os ollos son grandes e saíntes.[4][5]
O tronco presenta 10 ou 11 sucos laterais, que continúan pola cola, cada vez menos pronunciados.[5]
As extremidades son de reducido tamaño.[4][5]
A súa pel é moi lisa, co dorso moi escuro, de cor parda broncínea, case negra, con dúas liñas lonxitudinais de contornos irregulares de cor parda dourada, que percorren o tronco e se unen nunha na base da cola, que é moi longa (chega medir dúas veces e media o tamaño do tronco), ao que aluden algúns dos seus nomes populares galegos.[3][4][6]
Bioloxía
editarMoi vivaz, é máis activa durante a noite.[4] É semiterrestre e áchase baixo pedras, entre os musgos ou follas secas, sempre preto de arroios con auga corrente e limpia.[4] En terra desprázase moi rápido, como se fose un lagarto.
Coa súa lingua evaxinábel e protráctil, captura pequenas arañas, lesmas, coleópteros e outros insectos para alimentarse.[4]
As femias poñen entre 12 e 17 ovos de cor branca e duns 11 mm de diámetro, baixo pedras en regatos de pouca corrente ou en minas de auga; as postas non adoitan encontrarse preto dos regatos onde viven os adultos.[4]
As larvas nacen de 6 a 9 semanas tras o amplexo.[Cómpre referencia] Son moi alongadas e sen crista dorsal, a crista caudal nace na raíz da cola e a punda desta ten forma arredondada. Antes de chegaren á metamorfose adoitan alcanzar 4 ou 5 cm de lonxitude, aínda que se non a fan no primeiro ano de vida, poden chegar até os 7 cm.[4]
As branquias están pouco desenvolvidas e a cola está comprimida lateralmente. Pouco pigmentadas ao naceren van escurecendo coa idade, sendo moi escuras as que pasan o invierno nese estado larvario. A maioría dos individuos metamorfoséanse no primeiro ano, pero poden tardar dous en facelo.[7]
Hábitat
editarÉ unha especie característica das rexións de media e baixa altitude, onde haxa regos de auga limpa e suficientemente oxixenada, e con abundante vexetación nas súas beiras. En lugares húmidos, como bosques caducifolios con zonas sombrías, poden afastarse algo dos cursos de auga.[4] Rara vez aparecen por riba dos 1 000 m. Habita zonas de clima atlántico moi húmido. Por iso é escasa no SE da provincia de Ourense, faltando nas zonas máis secas desa zona.[8]
Sistemática
editarDescrición
editarO xénero Chioglossa foi descrito por primeira vez en 1864 polo zoólogo e político portugués José Vicente Barbosa du Bocage, director da entón Secção Zoológica do Museo de Lisboa. E a súa única especie, Chioglossa lusitanica, describiuna o mesmo autor no mesmo ano.
As descricións do xénero e da especie foron publicadas nas revistas Proceedings of the Scientific Meetings of the Zoological Society of London e na Revue et Magasin de Zoologie Pure et Apliquée en 1864, no traballo titulado, nesta última, "Note sur un nouveau batracien du Portugal, Chioglossa lusitanica, et sur une grenouille nouvelle de l'Afrique occidentale".[9]
Etimoloxía
editarXénero
editarO nome científico Chioglossa está formado polo elemento do latín científico chio-, tirado da raíz do termo do grego antigo χιών, χιῶνος chiṓn, chiṍnos, "neve", e a palabra do grego antigo γλῶσσα glõssa, "lingua".[10]
Especie
editarEn canto ao epíteto específico, lusitanica, provén do latín Lusitania, -ae, literalmente, "de Lusitania", antiga provincia romana que comprendía gran parte do actual Portugal; literalmente "de Lusitania".[10]
Subespecies
editarExisten dúas subespecies:
- C. l. lusitanica Bocage, 1864, distribuída en Portugal ao sur do río Mondego, e
- C. l. longipes Arntzen, Groenenberg, Alexandrino, Ferrand e Sequeira, 20074, ao norte deste río, en todo o norte de Portugal, Galiza e Asturias.[11]
Ademais de pola área de distribución, diferéncianse porque a subespecie setentrional ten as patas e os dedos máis longos.[12]
Status de conservación
editarChiglossa lusitanica é só relativamente abundante nas zonas coas mellores condicións en canto a limpeza das augas e dos bosques caducifolios mellor conservados,[4] e por iso é unha especie protexida polo Convenio relativo á Conservación da Vida Silvestre e do Medio Natural de Europa (Convenio de Berna) e aparece no Real Decreto 439/1990, que regula o catálogo de especies ameazadas en España.
Catalogada como "vulnerábel" na Lista vermella da IUCN, as súas maiores ameazas son a contaminación por produtos agroquímicos, perda do hábitat boscoso adxacente aos arroios, detracción de auga para rega e outros usos, canalizacións dos regatos, plantacións de eucaliptos e piñeiros e perda do hábitat por incendios forestais.[13]
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Arntzen et al. (2009)
- ↑ Conde Teira (1996), p. 84
- ↑ 3,0 3,1 SGHN/CCG (1995), p. 97.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 Asensi (2006), p. 56.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Andrada (1980), p. 40.
- ↑ Galán (1993), p. 111.
- ↑ Masó e Pijoan (2011).
- ↑ Galán (1993).
- ↑ Bocage (1864).
- ↑ 10,0 10,1 Salamandra rabilarga Chioglossa lusitanica Bocage, 1864 en Animalandia, dato tirados do Diccionario etimológico de Pedro Romero.
- ↑ Jan W. Arntzen; Dick S. J. Groenenberg; João Alexandrino; Nuno Ferrand & Fernando Sequeira. "Geographical variation in the golden-striped salamander, Chioglossa lusitanica Bocage, 1864 and the description of a newly recognized subspecies". Journal of Natural History 41 (13): 925–936. Consultado o 31-03-2017.
- ↑ Arntzen et al. (2007).
- ↑ Arntzen et al. (2009).
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Salamántiga rabilonga |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salamántiga rabilonga |
Bibliografía
editar- Andrada, Javier (1980): Guía de campo de los anfibios y reptiles de la península Ibérica. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0589-2.
- Arnold, E. N. e J. A. Burton (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-0488-8.
- Arntzen, J. W., J. Bosch, M. Denoël, M. Tejedo, P. Edgar, M. Lizana, I. Martínez-Solano, A. Salvador, M. García-París, E. Recuero Gil, P. Sá-Sousa & R. Marquez (2009): Chioglossa lusitanica. En: IUCN 2011. IUCN Red List of Threatened Species. Versión 2011.2.
- Asensi Cabirta, Moisés (2006): Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9552-629-1.
- Bocage, J. V. B. de (1864): "Note sur un nouveau batracien du Portugal, Chioglossa lusitanica, et sur une grenouille nouvelle de l'Afrique occidentale". Revue et Magasin de Zoologie Pure et Appliquée, Serie 2, 16, pp. 248–253. [1] Texto íntegro. (en francés) Consultada o 7/10/2012.
- Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, Real Academia Galega.
- Frost, Darrel R. (2011): Amphibian Species of the World: an Online Reference. Versión 5.5 American Museum of Natural History, Nova York, USA.
- Galán Regalado, Pedro e Gustavo Fernández Arias (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-722-6.
- Masó, A. e M. Pijoan (2011): Anfibios y reptiles de la península Ibérica, Baleares y Canarias. Barcelona: Omega.ISBN 978-84-282-1368-4.
- SGHN / CCG (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Peixes, anfibios, réptiles e mamíferos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-87172-89-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Xénero
- Chioglossa Bocage, 1864 en Amphibian Species of the World.
- Chioglossa Barboza du Bocage 1864 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Chioglossa Bocage, 1864 no ITIS.
- Chioglossa no NCBI.
- Chioglossa Bocage, 1864 en uBIO.
- Especie
- Chioglossa lusitanica en AmphibiaWeb (en inglés).
- Chioglossa lusitanica na EOL
- Chioglossa lusitanica Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Chioglossa lusitanica no NCBI.
- Chioglossa lusitanica Bocage, 1864 no ITIS.
- Chioglossa lusitanica Bocage, 1864 en Amphibian Species of the World.
- Chioglossa lusitanica Bocage, 1864 en uBIO.
- Sitio web sobre a salamántiga rabilonga do Grupo Naturalista Hábitat. Consultada o 16/09/2015
- Chioglossa lusitanica en Amphibiaweb (en inglés) Consultada o 6/10/2012.
- Información da especie e material audiovisual en ARKive. (en inglés) Consultada o 6/10/2012.
- Real Decreto 439-1990 (en castelán) Consultada o 6/10/2012.
- IUCN Red List Arquivado 01 de novembro de 2008 en Wayback Machine.. Chioglossa lusitanica (en inglés) Consultada o 6/10/2012.