Piñeiro

xénero de plantas
(Redirección desde «Pinus»)

Os piñeiros son árbores coníferas (raramente arbustos) perennes pertencentes ao xénero Pinus, da familia Pinaceae, a única da subfamilia Pinoideae, e xa que logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do hemisferio norte. O piñeiro presenta unha ramificación frecuentemente verticilada e máis ou menos regular.

Son hoxe en día comúns na paisaxe galega, maiormente por mor das reforestacións efectuadas nos séculos XIX e XX sobre uceiras, fragas e carballeiras para o aproveitamento principalmente madeireiro. Con todo o piñeiro bravo (Pinus pinaster) pódese considerar unha especie autóctona, sendo ademais xunto co carballo e o toxo un dos símbolos botánicos do país, que incluso aparece referenciado no himno.

Características editar

A copa pode ser piramidal ou redondeada e, nas árbores adultas, ancha e deprimida. Os macroblastos presentan follas escuamiformes sen clorofila, mentres que os braquiblastos son moi curtos, cunha vaíña membranosa de escamas e están rematados por entre dúas e cinco follas lineares ou aciculares, con dúas ou máis canles resiníferas cada unha. Os conos masculinos desenvólvense na base dos gromos anuais. Os estróbilos ou 'piñas' presentan escamas persistentes: as tectrices son rudimentarias e inclusas, e as seminíferas acostuman presentar unha protuberancia ou embigo na súa parte externa (apófose). Maduran bianual o trienalmente. As sementes son aladas coa testa máis ou menos lignificada. Ás veces son comestíbeis (piñóns).

Os piñeiros producen resina. A casca da maioría dos piñeiros é grosa e nalgunhas especies é escamosa. Os rebentos prodúcense en inflorescencias regulares, que de feito son unha espiral moi apertada como se fose un anel de rebentos que xurdisen do mesmo punto. Moitas especies de piñeiros son uninodais, é dicir, producen só un verticilo de rebentos por ano, no inicio da época de floración, mais outras son multinodais, e producen dous ou máis verticilos por ano. Na primavera os rebentos son de cor máis clara, apuntan cara a arriba e despois van escurecendo. Estes rebentos primaverais serven para avaliar o estado nutricional das plantas.

Os piñeiros teñen catro tipos de follas que van aparecendo progresivamente na planta.

  1. un verticilo de 4-20 follas de sementes (cotiledóns)
  2. follas xuvenís nas plantas novas, de 2 a 6 cm de ancho, simples, verdes ou verde-azuladas, dispostas en espiral no rebento. Estas follas permanecen na planta unicamente durante a primeira fase, que pode estenderse de seis meses a cinco anos.
  3. follas protectoras, que substitúen as anteriores, similares a balanzas, pequenas, pardas e non-fotosintéticas, que se dispoñen coa mesma distribución cás follas xuvenís;
  4. as follas adultas ou agullas, de cor verde, (fotosintéticas), agrupadas en grupos (fascículos) de entre 2 e 5 agullas (ocasionalmente 1 ou 6). Cada fascículo prodúcese a partir dun pequeno rebento no eixo dunha folla protectora. As agullas permanecen na planta por espazos que poden ir dende o ano e medio ata os 40 anos, dependendo das especies. Se un rebento fose danado (se o comese un animal, p.ex.), os fascículos de agullas immediatamente inferiores producirán un novo rebento que substitúa o anterior.
 
Piñeiro manso (Pinus pinea)

Os piñeiros son monoicos, é dicir, conteñen órganos masculinos e femininos (conos) na mesma árbore. Os conos machos son pequenos, de 1 a 5 cm de ancho, e só aparecen durante un curto período (normalmente na primavera; nun número reducido de especies, no outono), ata que caen cando o seu pole se dispersa. Os conos femininos botan de 1,5 a 3 anos (dependendo da especie) madurecendo e, logo da polinización, a fertilización aínda pode durar un ano máis. Na súa madurez, os conos femininos teñen de 3 a 60 cm de ancho. Cada cono ten numerosas follas protectoras dispostas en espiral, e cada unha delas contén dúas sementes fértiles. As follas protectoras mais próximas á base do cono son pequenas e estériles, sen sementes.

O ritmo de crecemento en espiral das pólas e das agullas e as proporcións das piñas seguen a proporción do número de Fibonacci.

A maioría das sementes son pequenas e teñen ás para que as disperse o vento (anemofilia), pero algunhas son maiores e posúen unicamente unha á vestixial co que teñen que ser dispersadas polas aves (Nucifraga caryocatactes, Nucifraga columbiana, Gymnorhinus cyanocephalus...) ou por esquíos. A madurez do cono chega, por regra xeral, cando se abre e libera as sementes, pero nas especies onde as aves son os vehículos de propagación (p.ex. Pinus albicaulis), é o animal quen debe fender o receptáculo do cono para abrilo. Noutras especies, que dependen de incendios forestais para a súa reprodución, o lume abre unha gran cantidade de conos depositada ao longo dos anos asemade que destrúe a árbore-nai, co que se repoboa o bosque.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1753 por Linneo na súa obra Species Plantarum.[1]

Etimoloxía editar

O nome científico Pinus, deriva do latín pinus, "piñeiro".[2]

Clasificación editar

 
Plantación comercial de Pinus palustris

Subxénero Cembra ou Haploxylon editar

Sección Cembra editar

Subsección Cembra

Subsección Flexilis

Sección Strobus editar
Sección Cembroides editar

Subsección Cembroides''

Subsección Balfouriana''

Subsección Gerardiana

Subxénero Diploxylon editar

Sección Sula editar
Sección Sylvestris editar
Sección Banksiana editar
Sección Halepensis editar
Sección Pinea editar
Sección Australis editar
Sección Kesiya editar
Sección Leiphylla editar
Sección Ponderosa editar
Sección Taeda editar

Distribución editar

Os piñeiros desenvólvense ben nos solos acedos e algúns tamén nos solos calcarios; a gran maioría require solos ben drenados, é dicir, máis ben areentos, pero algunhas especies como o Pinus contorta son tolerantes á drenaxe escasa e ao apozamento do solo. Como xa se mencionou, algunhas especies só producen rebentos logo de incendios forestais, como o Pinus canariensis, mentres que o Pinus muricata necesita lume para rexenerar as súas poboacións, que declinan engorde cando non se rexistran incendios. Tamén hai varias especies adaptadas ás condicións climáticas extremas impostas polas elevadas latitudes.

Son, na súa maioría, nativos do Hemisferio norte. En América do Norte, con diversidade máis alta en México e en California. En Eurasia, aparecen dende Portugal e o leste de Escocia ata o extremo oriental de Rusia, o Xapón, norte de África, ou o Himalaia. Unha especie forma un bosque de coníferas subtropical, o Pinus merkusii, que xa cruzou o ecuador en Sumatra. Tamén se plantan piñeiros de forma extensiva en moitas áreas do hemisferio sur.

Numerosas especies cultívanse desde moi antigo polos piñóns ou con fins ornamentais ou forestais, o que dificulta o establecemento das súas áreas orixinais. Con todo, estas son as especies máis comúns, distribuídas polos continentes.

Galicia editar

En Galicia atopamos unha especie que se pode considerar propia, o piñeiro bravo (Pinus pinaster), crese que a orixe podería centrarse en Portugal e incluso na beiramar das Rías Baixas. Hoxe atopamos, porén, diferentes especies, as máis das veces froito das reforestacións do século XIX e XX. Entre estas salientan o piñeiro rubio (Pinus sylvestris) e o piñeiro insigne (Pinus radiata). En xardinaxe son comúns diferentes especies. Non é raro atopar dende a antigüidade piñeiros mansos (Pinus pinea) coma ornamentais preto das igrexas, en pazos e casas grandes.

Europa e Asia editar

Asia

América do Norte editar

Estados Unidos, Canadá e México
México, Centroamérica e o Caribe.

Uso editar

Os piñeiros son as especies comercialmente máis importantes para a produción de madeira nas rexións temperadas e tropicais do planeta. Moitos deles son utilizados como materia prima para a produción da celulosa, que se emprega na fabricación de papel. A razón principal é que o piñeiro é unha madeira de rápido crecemento. Ademais tamén pode plantarse cunha gran densidade de poboación e a caída das súas agullas produce un efecto alelópatico en plantas doutras especies, ou sexa, as follas inhiben o crecemento doutras plantas, o que provoca unha redución na competición por auga, luz e nutrientes nos piñeirais. Un exemplo típico é o do Pinus radiata D. Don.

A resina dalgunhas especies é importante fonte de brea da cal se extrae trementina e outros aceites esenciais. Algunhas especies teñen sementes comestíbeis que se poden cociñar ou asar. Algunhas especies úsanse como árbores do Nadal e as súas piñas (conos con piñóns) e ramos empréganse adoito en decoracións. Moitos piñeiros úsanse tamén como plantas ornamentais en parques e xardíns, en especial as especies ananas. Tamén existe unha longa tradición oriental, especialmente na China e no Xapón, e ben difundida entre as culturas occidentais modernas, de cultivar miniaturas artísticas das máis diversas especies de piñeiros, os bonsais, un termo emprestado do xaponés.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Pinus Linnaeus, 1753 no GBIF.
  2. pine no Online Etymology Dictionary.
  3. Enciclopedia Galega Universal. Vigo, Ir Indo, 2000
  4. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004
  5. 5,0 5,1 5,2 VV. AA. (2012) Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  6. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004 e VV. AA. (2012) Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  7. Groba Bouza, F. (2006) Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira. Universidade de Vigo
  8. Groba Bouza, F. (2006) Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira. Vigo, Universidade

Véxase tamén editar

Outros artigos editar