Esencia de trementina
A esencia de trementina,[1] terebintina[2] ou augarrás[3] é un líquido volátil e incoloro producido mediante a destilación da resina dos piñeiros e doutras coníferas.
Está formado principalmente por unha mestura de hidrocarburos terpénicos, maiormente alfa e beta pinenos, aínda que a súa composición varía dependendo da clase de piñeiro da que proveña a resina.
Augarrás mineral
editarSería a auténtica esencia de trementina, que na actualidade é substituída por unha mestura realizada de xeito artificial na preparación de pinturas, vernices e afíns.
Características
editarA augarrás é un líquido incoloro ou con lixeiro cor amarelado e cheiro característico como a piñeiro.
- Densidade: 0,850 - 0,860 g/cm³
- Non é miscible coa auga.
- Temperatura de inflamación: > 33 °C
- Temperatura de ebulición: > 154 °C a 760 mm Hg
- CAS: 8006-64-2
- Núm. CE: 232-350-7
- Perigos para a saúde: inflamable, nocivo por inhalación, inxestión e en contacto coa pel (pode producir alerxia).
- Perigos para o medio ambiente: é tóxico para os peixes e as algas.
- ADR: UN 1299 TREMENTINA, 3, III
Está considerada como unha mercadoría perigosa
Usos
editarO principal uso da augarrás foi sempre como disolvente de pinturas ou como materia prima para a fabricación de pinturas e vernices. Na actualidade está sendo substituída por mesturas de hidrocarburos máis baratas, tales como o chamado 'white spirit'.[Cómpre referencia]
Transformado, a augarrás tamén utilízase para formular repelentes para piollos, xeles para fregas ou emplastes.
Outros usos inclúen a elaboración de fragrancias. Os usos dos pinenos que poden obterse con posteriores destilacións son tamén múltiples.
Manexo como residuo
editarDebido á toxicidade da augarrás non é adecuado vertela á rede de sumidoiros ou ao chan. A augarrás debe ser considerada un refugallo perigoso e a partir do punto de vista ambiental debe tomarse en conta buscar a redución do seu uso, a reutilización e a súa correcta canalización. A augarrás pode ser reempregada se logo de utilizarse para lavar unha brocha con pintura se deixa un tempo que as partículas desta se decanten e entón pode ser colado.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trementina.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terebintina.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para augarrás.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esencia de trementina |
Ligazóns externas
editar- Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España Ficha internacional de seguridade química do aceite de trementina ou augarrás.