Piñeiro negral

especie de planta
(Redirección desde «Pinus nigra»)

O piñeiro negral[2] ou piñeiro laricio (Pinus nigra) é unha especie arbórea da familia das pináceas. Non é un piñeiro común en Galiza.

Piñeiro negral

Piñeiro negral (Pinus nigra)
Estado de conservación

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Pinus
Subxénero: Pinus
Especie: P. nigra
Nome binomial
Pinus nigra
J.F.Arnold
Distribución de Pinus nigra (1:subsp.nigra 2:subsp.salzmannii)
Distribución de Pinus nigra
(1:subsp.nigra 2:subsp.salzmannii)

Distribución de Pinus nigra
(1:subsp.nigra 2:subsp.salzmannii)

Distribución e hábitat

editar

É unha especie moderadamente variábel, que aparece por todo o sur de Europa dende España até Crimea, e tamén en Asia Menor, Chipre, e localmente nos montes Atlas do noroeste de África. O groso da súa área de distribución está en Turquía. Atópase en alturas que van desde o nivel do mar ata os 2.000 msnm, máis frecuentemente desde os 250 até os 1.600 msnm.[3] Prefire solos carlarios.

 
Vista da árbore
 
Piñas e arume
 
Inflorescencia
 
Casca do piñeiro negral

Os datos paleobotánicos sinalan a existencia no pasado desta especie en zonas do Cordal Cantábrico e en amplas zonas da chaira norte e do Sistema Ibérico, e apuntan a que a intervención humana mediante o lume e o pastoreo resultou clave na destrución deses antigos piñeirais e que foron substituídos por carballeiras, matogueiras e pasteiros. Unha vez reducida drasticamente a súa área por tales prácticas ao longo de milenios, as reforestacións espallárono por outras zonas, como Galiza, especialmente dende mediados do século XX.

Descrición

editar
 
Piña do piñeiro negral.

É unha árbore de mediano porte, que acada de 20 a 55 metros de altura. A casca é de cor branca cinsenta e pode ir do pardo cinsento ao gris escuro, con fendas marcadas,[4] placas magras, cada vez máis gretadas coa idade. O piñeiro negral é unha árbore de folla perenne; as acículas, longas e fortes, agrúpanse de dúas en dúas. Son de cor verde escura, e de 8 a 20 centímetros de longo. As piñas ou estróbilos son miúdas. Piñas e conos de pole aparecen de maio a xuño. As piñas maduras son de 5 a 10 cm de longo con follas arredondadas; maduran de verde a amarelo pálido; 18 meses despois da polinización o vento espalla as sementes con ás; as piñas ábrense de decembro a abril. A madurez asexual acádase en 15 a 40 anos; as maiores colleitas de sementes prodúcense en intervalos de 2 a 5 anos. O crecemento é moderadamente rápido (30–70 cm/ano) e ten xeralmente unha forma cónica arredondada, chegando a ser irregular coa idade. É unha árbore moi lonxeva, que pode acadar nalgúns exemplares preto dos 1000 anos, (e incluso algún, cerca dos 1050 anos), como ocorre con algúns piñeiros laricios de Puertollano na Serra de Quesada (Xaén), un dos piñeiros máis vellos da península. A madeira é moi elástica e bastante rica en resina.

Ecoloxía

editar

É unha especialmente orófila, distribuíndose na Península Ibérica entre os 800 e os 2000 msnm, porén noutras zonas, como en Galiza, chega ao nivel do mar. Ten certos requirimentos hídricos, aínda que algo menores que os do piñeiro rubio ( Pinus sylvestris), sendo capaz de aturar unha seca estival pronunciada. Moi resistente ao frío, é capaz de soportar xeadas e nevaradas intensas. Prefire substratos calcarios, aínda que pode aparecer en ocasións en substratos silíceos. Temperamento de media sombra, polo menos nas primeiras idades, requirindo posteriormente unha posta en luz para medraren.

Subespecies

editar

A especie divídese en dúas subespecies, dividida en cadansúas tres variedades:

  • Pinus nigra subsp. nigra (Piñeiro negral de Austria) ao leste da súa área de distribución, desde Austria e nordés de Italia, até Crimea e Turquía.
    • Pinus nigra subsp. nigra var. nigra: piñeiro negral de Austria, de Austria e os Balcáns.
    • Pinus nigra subsp. nigra var. caramanica: piñeiro negral turco, de Grecia, Turquía e Chipre.
    • Pinus nigra subsp. nigra var. pallasiana: piñeiro negral de Crimea, da costa do Mar Negro e o Caúcaso.
  • Pinus nigra subsp. salzmannii (Piñeiro negral) ao oeste da súa localización, dende a península de Italia até España e Norte de África.
    • Pinus nigra subsp. salzmannii var. salzmannii: piñeiro salgareño, de España e o sur de Francia.
    • Pinus nigra subsp. salzmannii var. corsicana: (tamén coñecido coma subsp. laricio - Piñeiro de Córsega[5]) ou piñeiro laricio, de Córsega e Italia central.
    • Pinus nigra subsp. salzmannii var. mauretanica: piñeiro negral do Atlas, de Marrocos e Alxeria.

Taxonomía

editar

Pinus nigra foi descrita por Johann Franz Xaver Arnold e publicado en Reise Mariazell 8, pl. s.n. 1785.[6]

Etimoloxía

Pinus: nome xenérico dado en latín ao piñeiro.[7]

nigra: epíteto latino que significa "negro".

Sinonimia
  • Abies marylandica Dallim. & A.B.Jacks.
  • Abies novae-angliae K.Koch
  • Pinus austriaca Höss
  • Pinus banatica (Georgescu & Ionescu) Georgescu & Ionescu
  • Pinus nigricans Host[8][9]
subsp. dalmatica (Vis.) Franco
  • Pinus dalmatica Vis.
  • Pinus maritima subsp. dalmatica (Vis.) O. Schwarz
subsp. laricio Maire
  • Pinus altissima Carrière
  • Pinus calabrica Gordon
  • Pinus caramanica Bosc. ex Loudon
  • Pinus cebenensis Gordon
  • Pinus clusiana var. corsicana (Loudon) Franco
  • Pinus corsicana Loudon
  • Pinus italica Herter
  • Pinus karamana Mast.
  • Pinus laricio Poir.
  • Pinus larico Poir.
  • Pinus poiretiana (Asch. & Graebn.) Arrigoni
  • Pinus sylvestris var. maritima Aiton
subsp. pallasiana (Lamb.) Holmboe
  • Pinus fenzleyi Antoine & Kotschy ex Carrière
  • Pinus pallasiana Lamb.
  • Pinus pontica K.Koch
  • Pinus taurica (Loudon) Steud.
subsp. salzmannii (Dunal) Franco
  • Pinus clusiana Clemente
  • Pinus conglomerata Graeffer ex Ten.
  • Pinus mauretanica (Maire & Peyerimh.) Gaussen
  • Pinus mauretanica (Maire & Peyerimh.) Heyw.
  • Pinus pyrenaica Lapeyr.
  • Pinus salzmannii Dunal
  1. Conifer Specialist Group (1998). Pinus nigra. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 12 May 2006.
  2. Nome vulgar galego preferido en ‘’Termos Esenciais de Botánica’’ da Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  3. Rushforth, K. (1987). Conifers. Helm ISBN 0-7470-2801-X.
  4. Aas y Riedmiller: Gran Guía de la Naturaleza, p. 54
  5. Nome vulgar preferido en galego, en Termos Esenciais de Botánica; Universidade de Santiago de Compostela, 2004.
  6. "Piñeiro negral". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de abril de 2013. 
  7. En Nombres Botánicos
  8. "Piñeiro negral". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 10 de abril de 2013. 
  9. Piñeiro negral en PlantList

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  1. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  2. Yatskievych, G. & J. Turner. 1990. Catalogue of the flora of Missouri. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 37: 1–345.

Ligazóns externas

editar