Pinus contorta
Pinus contorta[2] é unha árbore conífera do oeste de América do Norte. É común preto da costa oceánica e en bosques de montaña secos da zona subalpina, pero é raro en bosques temperados húmidos das terras baixas. Como todos os piñeiros (membros das especies do xénero Pinus) é de folla perenne.
Pinus contorta | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pinus contorta subsp. contorta no estado de Washington | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Mapa de distribución:
| |||||||||||||||||||
Subspecies | |||||||||||||||||||
4, ver texto |
Descrición
editarDependendo da subespecie, Pinus contorta crece como un arbusto ou unha árbore. A forma arbustiva é un krummholz (forma deformada subártica ou subalpina) de aproximadamente de 1 a 3 m de altura. A forma de árbore delgada e de copa estreita pode medrar ata os 40-50 m e acada os 2 m de diámetro á altura do peito dun home.[3] A subespecie murrayana é a máis alta. A copa é redondeada e a parte superior é aplanada. En bosques densos, a árbore ten unha copa delgada, e cónica. A formación de árbores xemelgos é común nalgunhas poboacións da Columbia Británica. As pólas elásticas dirixense cara a arriba ou colgan e son difíciles de romper. As pólas están cubertas de curtos brotes que son doados de arrancar.[4][5][6]
O nome de especie é contorta debido aos piñeiros dobrados e retortos que se encontran en zonas costeiras[7] así como polas follas aciculares retortas.[8][9][10][11][12] P. contorta subsp. latifolia hibrida co moi relacionado Pinus banksiana.
A codia de P. contorta latifolia é delgada, escamosa e marrón cincenta.[7] A da forma costeira (P. c. contorta) é algo grosa e parecida a cortiza, fisurada en cadrados.[7] Algúns P. c. latifolia aparecen a alturas baixas e teñen características parecidas ás formas costeiras, incluíndo a codia.[7]
A subespecie murrayana pode vivir séculos e no parque de Yellowstone sábese que algúns P. contorta latifolia viviron 300 anos.[7]
Follas
editarOs gromos teñen forma oval e son marróns avermellados e dunha lonxitude de 20 a 30 mm. Son bicudos, lixeiramente rotados e moi resinosos. O crecemento de primavera empeza en tempo benigno en abril e o crecemento anual complétase a inicios de xullo. As follas aciculares ou acículas son escuras e principalmente brillantes, agudas e de 4 a 8 cm de longo e de 0,9 a 2 mm de ancho. O bordo da acícula ten dentes de serra suaves ou fortes. As acículas aparecen en pares sobre curtas ramiñas e rotadas sobre os eixes lonxitudinais dos brotes. En Alberta por riba dos 2000 m, teñen feixes de 1 a 5 acículas. Unha poboación cunha alta proporción de feixes de tres acículas vive no Yukón. As acículas viven como media de catro a seis anos, cun máximo de 13 anos.[5] A follaxe do P. c. latifolia é verde amarelada en comparación do P. c. contorta, que é verde escura.[7]
Piñas
editarAs piñas ou conos desta árbore empezan a formarse cando as árbores teñen uns dez anos de idade.[7] Os conos son de 3 a 7 cm de longo, con pugas nas escamas.[7]
Moitas poboacións da subespecie das Montañas Rochosas P. contorta subsp. latifolia teñen conos serotinos. Isto significa que os conos están pechados e deben ser expostos a altas temperaturas, como as dos lumes forestais, para que se abran e liberen as sementes.[13] A variación entre as subespecies neste carácter correlacionouse cos lumes forestais e os ataques do escaravello Dendroctonus ponderosae.[14] Os conos da subespecie da costa do Pacífico P. contorta subsp. contorta son tipicamene non serotinos,[12] e os da subespecie do Pacífico no interior P. contorta subsp. murrayana son completamente non serotinos.[15]
Distribución
editarPinus contorta vive desde os bosques de montaña secos superiores ata a rexión subalpina do oeste de América do Norte.[16][17][4] Pode encontrarse no lado oeste da Cordilleira das Cascadas, no interior da Columbia Británica e nas Montañas Rochosas de Alberta, excepto en sitios demasiado altos e secos.[7] Pode tolerar ambientes relativamente hostís como rochas volcánicas a grande altura do centro de Oregón (por exemplo, no lago Cráter) e os solos delgados das ladeiras leste das Cascadas.[7] Máis ao sur a especie pode encontrarse a grandes alturas de ata 3.350 m sobre o nivel do mar, especialmente no sur de Colorado.[7] É raro nos bosques temperados húmidos das terras baixas.[17][4] O piñeiro costeiro pode encontrarse en solos moi infértiles das rexións costeiras desde o sur de Alasca ao norte de California.[7]
As subespecies latifolia e contorta poden encontrarse mesturadas (e aparentemente hibridadas) ao norte de Puget Sound.[7] A subespecie murrayana, menos dependente do lume pode encontrarse nas montañas do norte de California e mesturada con contorta en Oregón.[7] Pinus contorta pode encontrarse no bosque de piñeiros de cono pechado da costa de California.
Ecoloxía
editarPinus contorta é unha especie dependente do lume, e necesita incendios para manter poboacións sas de diversas idades. A fina codia que ten minimiza a súa defensa contra o lume, aínda que a calor do lume fai que se abran os conos e liberen as sementes. Isto permite que a especie se rexdenere e manteña o seu lugar no hábitat boscoso.[18] Por outra parte, non lle vai moi ben en bosques ateigados de árbores porque as outras especies son máis tolerantes á sombra, aínda que algúns (por exemplo os abetos) son máis susceptibles ao lume.[7]
O réxime de lume natural destas especies está determinado principalmente polo clima. Os lumes ocorren xeralmente despoois de anos de seca. Os bosques nas rexións montañosas superior e subalpina experimentan moita humidade no inverno pola neve. Os lumes infrecuentes pero graves dominan esta especie.[18][19]
O fungo Suillus tomentosus produce estruturas especializadas chamadas ectomicorrizas tuberculadas coas raíces de Pinus contorta var. latifolia. Estas estruturas é onde se localizan bacterias fixadoras do nitróxeno que contribúen a fixar unha canidade significativa de nitróxeno para a árbore e permiten que estes piñeiros colonicen sitios pobre en nutrientes.[20][21]
Ameazas
editarOs espécimes grandes da especie son atacados polo escaravello Dendrochtonus ponderosae, e loitan contra el producindo resina pero son superados polo insecto.[7] Tamén o afecta o fungo Grosmannia clavigera, que transporta na súa boca o escaravello. A planta Arceuthobium tamén parasita a especie. Tanto a ameaza do escaravello coma a da planta son freadas polos incendios forestais, que ocorreron en menor número no século XX debido á loita contra os incendios. Máis recentemente, deixouse que incendios producidos por lóstregos non considerados perigosos queimasen áreas silvestres de Idaho e Montana.[7] Unha climatoloxía excepcionalmente fría pode matar parte dos escaravellos.[7]
Un estudo publicado en 2011 concluíu que Pinus contorta podería experimentar reducións significativas na súa distribución debido ao cambio climático a finais do xéculo XXI.[22][23]
Como especie invasora
editarPinus contorta é considerada unha especie invasora grave en Nova Zelandia, xunto con outras especies norteamericanas de piñeiros. Está na lista do National Pest Plant Accord e está prohibida a súa venda, propagación comercial e distribución.
Subespecies
editarHai catro subespecies de Pinus contorta e dunha delas ás veces considérase que hai dúas variedades.[24] Ás veces, as subespecies son tratadas segundo o rango de variedade.[2][3][25]
Cono | Imaxe | Subespecies | Descrición e nomes | Distribución |
---|---|---|---|---|
Pinus contorta subsp. bolanderi | É o piñeiro de Bolander, tamén tratado como Pinus contorta subsp. contorta var. bolanderi, en cuxo caso o que se trata aquí como Pinus contorta subsp. contorta é a variedade Pinus contorta subsp. contorta var. contorta.[26] | Endémico do condado de Mendocino no noroeste da costa californiana;[27] case ameazado polos lumes forestais e o desenvolvemento | ||
Pinus contorta subsp. contorta | É o piñeiro costeiro (chamado en Norteamérica shore pine) | Costa do Pacífico, do sur de Alasca ao noroeste de California.[8][28][29] | ||
Pinus contorta subsp. murrayana | Chamado en Norteamérica tamarak pine ou Sierra lodgepole pine[30] | Cordilleira das Cascadas desde Oregón ao norte de California; Serra Nevada, Cordilleiras Transversas do sur de California (incluíndo as Montañas de San Bernardino, Cordilleira Peninsular no norte de Baixa California, e as Montañas da Primavera do sur de Nevada).[31][8][32] | ||
Pinus contorta subsp. latifolia | Chamado en Norteamérica lodgepole pine | Montañas Rochosas, de Colorado ao Yukón e Saskatchewan; Aspen parkland (onde hai unha transición entre praderías e bosque boreal) e bosque boreal.[33][34][35] |
Usos
editarConstrución
editarOs indios nativos americanos usaban estas altas e rectas árbores para construír aloxamentos (Tipis, tendas ou lodges) na área das Montañas Rochosas, de onde se cre vén o nome que ten a árbore en Norteamérica, lodgepole pine.[7] Os europeos utilizábanos para construír cabanas (lodges) de troncos.[7] Os seus troncos aínda se usan en áreas rurais como postes, valados, madeira e leña.[7] A resina do piñeiro costeiro foi utilizada historicamente como cola de pegar.[7]
Realizánse amplas plantacións de Pinus contorta en Noruega, Suecia, Irlanda e o Reino Unido como cultivo forestal para producir madeira. En Islandia úsase para a reforestación ou crear unha cuberta forestal nova.[36] Tamén se usa comunmente en Norteamérica como madeira tratada a presión.
Alimento
editarOs indios nativos americanos comían a codia interna desta árbore para previr a inanición propia ou dos seus cabalos.[7]
Medicina tradicional
editarOs pobos indíxenas do noroeste do Pacífico e de California usaban diferentes partes da planta aplicadas interna ou externamente como medicina tradicional para tratar varias doenzas.[37] A goma do piñeiro costeiro usábase con propósitos medicinais e para mascar.[7]
Cultivo
editarPinus contorta cultívase como árbore ornamental pola industria horticultora. Nos viveiros cultívanse Pinus contorta subsp. contorta e Pinus contorta subsp. murrayana para o seu uso en xardíns tradicionais e silvestres (que serven de refuxio á vida salvaxe), e como pequenas seleccións de plantas nativas en paisaxismo natural. As variedades menores e cultivares do piñeiro costeiro tamén se utilizan en xardíns de testos (as árbores plántanse en testos ou contedores e non na terra), incluíndo grandes espécimes de bonsais.
Cultivares desta especie son:
- "Chief Joseph", unha variedade anana de Pinus contorta var. latifolia cultivada polas súas acículas de inverno amarelas. Este cultivar gañou o premio da Sociedade Real de Horticultura británica.[38][39]
- "Spaan's Dwarf", unha variedade anana de Pinus contorta var. contorta que crece máis ancha que alta.
Emblema
editarEste piñeriro é a árbore oficial da provincia de Alberta, Canadá.[40]
Notas
editar- ↑ Farjon, A. (2013). "Pinus contorta". IUCN Red List of Threatened Species. 2013: e.T42351A2974612. doi:10.2305/IUCN.UK.2013-1.RLTS.T42351A2974612.en. Consultado o 11 de novembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "Pinus contorta". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA).
- ↑ 3,0 3,1 Pinus contorta en Flora of North America (en inglés).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Giblin, David, ed. (2015). "Pinus contorta". WTU Herbarium Image Collection. Burke Museum, University of Washington. Consultado o 2015-01-24.
- ↑ 5,0 5,1 Schütt, Weisgerber; Schuck, Lang; Stimm, Roloff (2008). Lexikon der Nadelbäume. Hamburg, Germany: Nikol. pp. 365–367. ISBN 978-3-933203-80-9.
- ↑ Klinkenberg, Brian, ed. (2014). "Pinus contorta". E-Flora BC: Electronic Atlas of the Plants of British Columbia [eflora.bc.ca]. Lab for Advanced Spatial Analysis, Department of Geography, University of British Columbia, Vancouver. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 2015-01-24.
- ↑ 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 7,14 7,15 7,16 7,17 7,18 7,19 7,20 7,21 7,22 7,23 Arno, Stephen F.; Hammerly, Ramona P. (2020). Northwest Trees: Identifying & Understanding the Region's Native Trees (en inglés) (field guide ed.). Seattle: Mountaineers Books. pp. 61–70. ISBN 978-1-68051-329-5. OCLC 1141235469.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Farjon, Aljos (2010). A Handbook of the World's Conifers 2. Leiden, Netherlands: Koninklijke Brill NV. pp. 654–655. ISBN 978-90-04-17718-5.
- ↑ "Plants and Trees: lodgepole pine". U.S. Forest Service. Consultado o 12 de agosto de 2014.
- ↑ "Pinus contorta var. contorta : Shore Pine". Oregon State University. Consultado o 12 de agosto de 2014.
- ↑ "Forests of Crater Lake National Park: Lodgepole Pine (Pinus Contorta)". Crater Lake Institute. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2014. Consultado o 12 de agosto de 2014.
- ↑ 12,0 12,1 Cope, Amy B. (1993). "Pinus contorta var. contorta". Fire Effects Information System (FEIS). US Department of Agriculture (USDA), Forest Service (USFS), Rocky Mountain Research Station, Fire Sciences Laboratory.
- ↑ Anderson, Michelle D. (2003). "Pinus contorta var. latifolia". Fire Effects Information System (FEIS). US Department of Agriculture (USDA), Forest Service (USFS), Rocky Mountain Research Station, Fire Sciences Laboratory.
- ↑ Feduck, Mike. "The genetic basis of cone serotiny in Pinus contorta as a function of mixed-severity and stand-replacement fire regimes". bioRxiv 10.1101/023267.
- ↑ Cope, Amy B. (1993). "Pinus contorta var. murrayana". Fire Effects Information System (FEIS). US Department of Agriculture (USDA), Forest Service (USFS), Rocky Mountain Research Station, Fire Sciences Laboratory.
- ↑ Moore, Gerry; Kershner, Bruce; Craig Tufts; Daniel Mathews; Gil Nelson; Spellenberg, Richard; Thieret, John W.; Terry Purinton; Block, Andrew (2008). National Wildlife Federation Field Guide to Trees of North America. New York: Sterling. p. 91. ISBN 978-1-4027-3875-3.
- ↑ 17,0 17,1 Sullivan, Steven. K. (2015). "Pinus contorta". Wildflower Search. Consultado o 2015-01-24.
- ↑ 18,0 18,1 Schoennagel, Tania; Thomas Veblen (2004). "The Interaction of Fire, Fuels and Climate across Rocky Mountain Forests". BioScience 54 (7): 661–76. ISSN 0006-3568. doi:10.1641/0006-3568(2004)054[0661:TIOFFA]2.0.CO;2.
- ↑ Kauffman, J. Boone (agosto de 2004). "Death Rides the Forest: Perceptions of Fire, Land Use and Ecological Restoration of Western Forests" (PDF). Conservation Biology 18 (4): 878–82. doi:10.1111/j.1523-1739.2004.545_1.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2010. Consultado o 24 de febreiro de 2010.
- ↑ Paul, L.R.; Chapman, B.K.; Chanway, C.P. (2007). "Nitrogen Fixation Associated with Suillus tomentosus Tuberculate Ectomycorrhizae on Pinus contorta var. latifolia". Annals of Botany 99 (6): 1101–1109. PMC 3243579. PMID 17468111. doi:10.1093/aob/mcm061.
- ↑ Chapman, W.K.; Paul, L.R. (2012). "Evidence that Northern Pioneering Pines with Tuberculate Mycorrhizae are Unaffected by Varying Soil Nitrogen Levels". Microbial Ecology 64 (4): 964–72. PMC 3474912. PMID 22677953. doi:10.1007/s00248-012-0076-0.
- ↑ Coops, Nicholas C.; Waring, Richard H. (marzo de 2011). "A process-based approach to estimate lodgepole pine (Pinus contorta Dougl.) distribution in the Pacific Northwest under climate change". Climatic Change 105 (1–2): 313–328. Bibcode:2011ClCh..105..313C. doi:10.1007/s10584-010-9861-2.
- ↑ Rudolf, John Collins (28 de febreiro de 2011). "Climate Change Takes Toll on the Lodgepole Pine". Green: A Blog About Energy and the Environment. Consultado o 1 de marzo de 2011.
- ↑ Conifer Specialist Group (1998). "Pinus contorta var. bolanderi". IUCN Red List of Threatened Species. 1998. Consultado o 12 de maio de 2006.
- ↑ "Pinus contorta". World Checklist of Selected Plant Families. Royal Botanic Gardens, Kew – via The Plant List.
- ↑ Jepson Flora Project (ed.). "Pinus contorta subsp. bolanderi". Jepson eFlora. The Jepson Herbarium, University of California, Berkeley.
- ↑ "Pinus contorta var. bolanderi". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA).
- ↑ "Pinus contorta ssp. contorta". Calflora. Berkeley, California: The Calflora Database.
- ↑ "Pinus contorta var. contorta". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA).
- ↑ Chase, J. Smeaton (1911). "Pinus murrayana (Tamarack, Lodge-pole-pine)". Cone-bearing Trees of the California Mountains. Eytel, Carl (ilustracións). Chicago: A.C. McClurg & Co. p. 36. LCCN 11004975. OCLC 3477527.
- ↑ "Pinus contorta var. murrayana". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA).
- ↑ "Pinus contorta ssp. murrayana". Calflora. Berkeley, California: The Calflora Database.
- ↑ "Pinus contorta var. latifolia". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA).
- ↑ USDA, NRCS (n.d.). "Pinus contorta". The PLANTS Database (plants.usda.gov). Greensboro, North Carolina: National Plant Data Team. Consultado o 24 de xaneiro de 2015.
- ↑ Johnson, Kershaw; MacKinnon, Pojar (1995). Plants of the Western Boreal Forest and Aspen Parkland. Edmonton AB: Lonepine Publishing. p. 27. ISBN 978-1-55105-058-4.
- ↑ Skógræktin. "Forestry in Iceland". Skógræktin (en inglés). Consultado o 2021-05-17.
- ↑ "NAEB". umich.edu.
- ↑ "RHS Plantfinder – Pinus contorta 'Chief Joseph'". Consultado o 2 de maio de 2018.
- ↑ "AGM Plants – Ornamental" (PDF). Royal Horticultural Society. xullo de 2017. p. 78. Consultado o 2 de abril 2018.
- ↑ "Emblems of Alberta". Alberta Culture and Tourism. 2017-06-14. Arquivado dende o orixinal o 2017-04-08. Consultado o 2017-07-10.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Universidade de Wisconsin: páxina web do bosque de P. contorta latifolia Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Páxina web de dendroloxía do Virginia Tech: Pinus contorta
- Artigo de The Guardian: "Plague of beetles raises climate change fears for American beauty"
- Picea sitchensis – información, unidades de conservación xenética e fontes relacionadas. Programa de Recursos Xenéticos Forestais Europeo (EUFORGEN)