Alberta [ælˈbɝtə] é unha das dez provincias do Canadá, parte das Pradarías canadenses e das Provincias Occidentais. Alberta foi creada o 1 de setembro de 1905, cando se separou dos Territorios do Noroeste.[1] O 1 de setembro de 2005, Alberta celebrou o seu centenario como provincia canadense.

Modelo:Xeografía políticaAlberta
Imaxe

Lema«Fortis et liber» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialAmmolita
Pinus contorta
Bosque petrificado
Festuca altaica
Rosa acicularis
Salvelinus confluentus
Carneiro das Montañas Rochosas (animal nacional)
Bufo americano (paxaro nacional) Editar o valor en Wikidata
EpónimoPrincesa Luísa do Reino Unido, duquesa de Argyll Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°N 115°O / 55, -115
EstadoCanadá Editar o valor en Wikidata
CapitalEdmonton Editar o valor en Wikidata
Escindido deTerritorios do Noroeste Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.262.635 (2021) Editar o valor en Wikidata (6,44 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie661.848 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porsen valor Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Columbia (3.747 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Slave (152 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de setembro de 1905 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernodemocracia parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de Alberta Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataJason Kenney (2019–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Alberta , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialCourt of Appeal of Alberta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PIB nominal294.818.000.000 $ (2020) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar canadense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalT Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico780, 403, 825 e 587 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2CA-AB Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Hokkaido (en) Traducir (1980–)
Heilongjiang (1981–)
Xalisco (1999–)
Provincia de Cantón (2017–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webalberta.ca Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450736 GitHub: abgov

A capital da provincia é Edmonton, sendo o centro urbano máis poboado Calgary,[2] cidade na que se celebraron os Xogos Olímpicos de Inverno en 1988. Outras localidades de importancia son Banff, Camrose, Fort McMurray, Grande Prairie, Lethbridge, Medine Hat ou Rede Deer.

Alberta posúe unha das economías máis fortes e influentes do Canadá. A provincia é unha gran produtora de petróleo e de gas natural. Alberta produce cerca do 70% do petróleo e do gas natural do Canadá.[3] Boa parte destes recursos naturais son exportados a Estados Unidos. Ademais diso, a agropecuaria, a industria manufactureira, as finanzas e o turismo teñen tamén unha grande importancia na economía da provincia.

A rexión onde se atopa actualmente Alberta, anteriormente pertencía á Compañía da Baía de Hudson. En 1870, a Compañía cedeu os seus territorios ao goberno do Canadá.[4] Estes territorios pasaron a chamarse Territorios do Noroeste, e ocupaban a rexión onde actualmente se atopan, ademais de Alberta, Manitoba, Nunavut e Saskatchewan. En 1882, o goberno canadense bautizou á rexión co nome de Alberta, en homenaxe á princesa Luisa Carolina Alberta, cuarta filla da raíña Vitoria.[5] Especificamente, o distrito de Alberta foi nomeado polo Marqués de Lorne, esposo da princesa quen lle escribiu este verso en honra da ocasión. "Como mostra do amor que demostraches, Por esta gran terra de liberdade, nomeei Unha vasta provincia, famosa pola súa beleza, Que como o teu querido nome, de agora en diante coñézase. Será Alberta!"

O 1 de setembro de 1905, o goberno do Canadá creou as provincias de Alberta e de Saskatchewan, a través da división das terras do sur dos Territorios do Noroeste.

Historia

editar

Ata 1905

editar

Os nativos indíxenas vivían na rexión onde actualmente se localiza a provincia de Alberta moito tempo antes da chegada dos primeiros europeos. Diversas tribos indíxenas vivían na rexión, a maioría parte da familia amerindia dos assiniboines, os pés negros ou os cree.

En 1670, a Compañía da Baía de Hudson obtivo permiso para iniciar o comercio de peles con indíxenas e a caza de animais na rexión onde actualmente se localiza Alberta. Alberta, entón, formaba parte dunha inmensa rexión chamada Terra de Rupert. Con todo, a rexión continuaría inexplorada polos europeos ata 1754. Este ano, Anthony Henday foi enviado pola Compañía da Baía de Hudson á rexión, co obxectivo de iniciar relacións amigables cos nativos indíxenas da rexión e trocos comerciais. Henday pasou o inverno de 1754-1755 cos indios pés negros. O primeiro posto comercial e o primeiro forte construídos na rexión foron inaugurados en 1778, en Lac La Biche, por Peter Pond, un empresario estadounidense que traballaba para a Compañía do Noroeste, unha competidora da Compañía da Baía de Hudson. A Compañía do Noroeste abandonaría a rexión en 1821. O primeiro asentamento permanente que aínda está habitado actualmente é Edmonton, fundada en 1795 pola Compañía da Baía de Hudson.

A partir da década de 1800, os métis comezaron a instalarse na rexión. Con todo, a rexión aínda estaba escasamente poboada, e os habitantes de orixe europeo da época reducíanse a poucas decenas de comerciantes e cazadores. A partir da década de 1840, os misioneiros católicos foron a explorar a rexión. O primeiro en facelo foi Robert Rundle, que explorou a rexión entre 1840 e 1848. En 1843, os misioneiros católicos fundaron unha misión católica en Lac Claire. En 1868, fundaron a cidade de St. Albert.

En 1870, a Compañía da Baía de Hudson decidiu transferir o control das Terras de Rupert ao goberno británico. Este cedeu inmediatamente estas terras ao recentemente fundado Canadá. O goberno canadense renomeou estas terras como Territorios do Noroeste. Durante a década de 1870, o goberno do Canadá creou e desenvolveu a Policía Montada do Canadá, unha forza policial canadense, que foi creada orixinalmente co obxectivo de protexer os escasamente poboados Territorios do Noroeste dos comerciantes americanos que distribuían ilegalmente no Canadá bebidas alcohólicas, sobre todo.

O goberno canadense pasou a tomar medidas para incentivar o poboamento do interior do país. En 1882, o goberno do Canadá dividiu o sur dos Territorios do Noroeste en catro distritos: Alberta, Saskatchewan, Assiniboia e Athabasca.[6] Posteriormente, na década de 1890, o goberno canadense fusionaría Athabasca e unha pequena parte de Assiniboia con Alberta e o restante do distrito de Assiniboia co distrito de Saskatchewan. En 1883, a Canadian Pacific Railway, unha vía ferroviaria que estaba entón construíndose, de Montreal a Vancouver, chegou a Calgary. Entón, a poboación branca de Alberta era de 500 habitantes, a maioría gandeiros. A partir de entón, grazas ó ferrocarril, miles de inmigrantes e persoas doutras partes do país instaláronse na rexión, baixo a promesa do goberno canadense de ofrecer terras a quen quixesen instalarse na rexión.

O 1 de setembro de 1905, foi fundada a provincia como tal.

1905 - actualidade

editar

Ao longo das primeiras décadas do século XX, miles de persoas continuaron instalándose en Alberta, atraídas pola promesa de terras gratis para cultivar. A economía da provincia, ata o fin da primeira guerra mundial, dependía principalmente da agricultura. O descubrimento de reservas de petróleo en 1914 e a entrada do Canadá na guerra pouco industrializaron e diversificaron a economía da provincia.

Tras o fin da guerra, entrou nunha gran depresión económica. Os baixos prezos cobrados polos bens producidos polas granxas e grandes períodos de seca destruíron a economía agropecuaria da provincia entre 1918 e 1921. Neste ano, a maioría da poboación da provincia votou aos representantes dun partido político recentemente fundado, e practicamente descoñecido, a United Farmers of Alberta, de tendencias conservadoras. Ata entón, a provincia estaba gobernada polo Partido Liberal de Alberta. Desde 1921, todos os gobernadores de Alberta serían líderes de partidos políticos conservadores. A United Farmers instituiría escolas públicas ao longo da provincia e construiría diversas estradas e vías ferroviarias.

A súa economía pasou a recuperarse a partir de 1922. Con todo, a provincia entraría novamente en recesión, moito maior que a ocorrida en 1920, co inicio da Gran Depresión, en 1929. Grandes períodos de seca estendéronse ao longo dos anos 1930 e grandes pragas de saltóns devoraron moito do que os agricultores da época conseguían cultivar. Os poucos agricultores que conseguían cultivar con éxito algunha colleita tiñan que cobrar prezos incriblemente baixos. Como consecuencia, a gran maioría dos granxeiros endebedáronse. Moitos fuxiron do campo en dirección ás cidades - que tamén foron alcanzadas pola depresión, coa suspensión de pagos de tendas e empresas, e altas taxas de desemprego. En 1934, novamente a poboación de Alberta votaría aos representantes dun partido político fundado recentemente, e case descoñecido, o Social Credit. O seu líder, William Aberhert, fíxose gobernador de Alberta en 1935. Prometera á poboación resolver os problemas da Depresión, pero as poucas medidas que Aberhert tomou en intentar solucionar os problemas da Depresión foron anuladas polo Parlamento do Canadá, que xulgou que tales medidas eran inconstitucionais.

Os efectos da Gran Depresión estenderíanse ata 1939, cando o Canadá entrou na segunda guerra mundial. A partir de entón, a economía de Alberta prosperaría. As cidades de Calgary e Edmonton se industrializaron, atraendo a miles de persoas. Os períodos de choiva regulares volverían en 1938, permitindo aos agricultores o cultivo de grandes cantidades de alimentos. Armas, abastecementos e moitos alimentos eran enviados a Montreal e de alí ao Reino Unido.

En 1947, descubríronse grandes reservas de petróleo en Leduc, unha pequena cidade próxima a Edmonton. A provincia, desde entón, industrializouse rapidamente. En 1954, a industria manufactureira superara á agricultura como a maior fonte de renda de Alberta. Miles de persoas, moitas delas inmigrantes, instaláronse na provincia. Os dereitos comerciais que o goberno de Alberta recibía pola extracción de petróleo na provincia permitiron a construción de estradas, hospitais, escolas e melloras en diversos servizos públicos. A provincia urbanizouse rapidamente. En 1945, só un 25% da poboación de Alberta vivían nas dúas maiores cidades da provincia, Calgary ou Edmonton. En 1966, esta porcentaxe subira a un 50%, e actualmente esta porcentaxe é de aproximadamente un 70%.

Durante as décadas de 1960 e 1970, atopáronse na provincia extensas reservas de gas natural e petróleo. Ata a década de 1950, Alberta tamén era unha gran produtora de carbón, pero o uso cada vez menor do carbón como combustible en América do Norte diminuíu gradualmente a produción anual de carbón en Alberta. Esta produción estabilizouse só en 1967, cando o Xapón pasou a importar carbón dos Estados Unidos e do Canadá.

Ademais, descubríronse grandes reservas de betume na década de 1960 - actualmente, a provincia posúe as maiores reservas deste recurso natural do mundo, máis que todas as demais reservas de betume do mundo xuntas. Construíronse dous centros de procesamiento e un grupo de fábricas e refinarías para extraer combustible destas reservas de betume, a primeira delas en 1967 e a segunda en 1978.

A partir da década de 1970, a economía de Alberta pasou a diversificarse. Calgary converteuse no maior centro financeiro do oeste canadense, e o turismo pasou a gañar unha crecente importancia na economía da provincia. En 1988, Calgary acolleu os Xogos Olímpicos de Inverno. Recentemente, en 2001, a provincia aprobou que as empresas privadas entrasen no mercado de produción e distribución de electricidade. Ata entón, só as empresas provinciais podían xerar e distribuír electricidade na provincia. A falta de regulamentación deste mercado causou maiores aumentos nos prezos da electricidade xerada en Alberta os últimos anos, en comparación aos anos onde a xeración e distribución de electricidade era responsabilidade única do goberno da provincia.

Goberno e administración

editar
 
Vista da Asemblea Lexislativa de Alberta, en Edmonton, a capital política de Alberta.

O goberno da provincia responde ao esquema dunha monarquía parlamentaria. O xefe do estado é a monarca do Reino Unido Sabela II, pero, dado que vive en Londres, o Tenente Gobernador toma o seu lugar en tódalas súas responsabilidades. O xefe do goberno, na práctica, e tamén o maior oficial do Poder Executivo da provincia é o Premier, ou primeiro ministro, a persoa que lidera o partido político con máis escanos na Asemblea Lexislativa. O Premier de Alberta preside un Consello Executivo, que é o Gabinete da provincia. O gabinete está formado por preto de 25 ministros, que administran diferentes departamentos (economía, educación etc). Tanto o Premier como os membros do gabinete renuncian se perden o soporte da maioría dos membros do poder lexislativo de Alberta.

O Poder Lexislativo de Alberta é a Asemblea Lexislativa, que está composta por 83 membros. Alberta está dividida en 83 distritos electorais diferentes. A poboación de cada un destes distritos elixe un membro que actuará como representante do distrito na Asemblea, para mandatos de ata cinco anos de duración. Se o Tenente Gobernador disolve a Asemblea antes destes cinco anos, a petición do primeiro ministro, todos necesitan presentarse ás eleccións novamente. Non hai límite en canto á duración dos mandatos dunha mesma persoa.

O máis alto Tribunal do Poder Xudicial de Alberta é o Court of Appeal of Alberta.[7] Está composto dun xuíz-xefe (Chief Justice) e doutros 12 xuíces. O Court of Queens's Bench of Alberta é o segundo maior tribunal da provincia, e está composto por 61 xuíces diferentes. O Provincial Court of Alberta é o terceiro maior tribunal da provincia, e está composto por 109 xuíces. Todos os xuíces do Court of Appeal e do Court of Queen's Bench son escollidos polo primeiro ministro de Alberta e aprobados simbolicamente polo Tenente Gobernador. Os xuíces exercen as súas funcións ata os 75 anos de idade.

Alberta está dividido en 64 municipalidades rurais, 15 cidades principais, 110 cidades secundarias e 157 vilas. As cidades son gobernadas por un alcalde e por un consello de sete membros, elixido pola poboación para mandatos de ata tres anos de duración. Nas vilas, os electores elixen tres ou cinco membros para mandatos de ata tres anos de duración. Todo os anos, un dos membros do consello é escollido polos membros de cada consello para ser alcalde da vila. O sistema de goberno das 64 municipalidades rurais é semellante ao sistema de goberno das vilas.

Os impostos son responsables de cerca do 92% do orzamento do goberno de Alberta. O resto provén de orzamentos recibidos do goberno federal e de préstamos. Alberta é a única provincia canadense que non posúe imposto sobre a renda, grazas aos royalties que recibe pola extracción de petróleo, gas natural e outros recursos naturais.

Política

editar

A política da provincia caracterízase por ser moito máis conservadora que no resto das provincias canadenses. Alberta tivo tradicionalmente tres grupos políticos: os conservadores progresistas (conservadores ou tories), os liberais de centro (o Partido Liberal dominou a provincia entre 1905 e 1921) e os socialdemócratas. Os baixos prezos do trigo fixeron con que a poboación elixise ao United Farmers of Alberta en 1921, que permaneceron no poder ata 1935. Coa Gran Depresión da década de 1930, o Partido de Crédito Social subiu ao poder en 1935, controlando o goberno da provincia ata 1971. Desde entón, os conservadores progresistas ocuparon o goberno provincial.

O Partido Progresista Conservador (actual Partido Conservador do Canadá) domina politicamente a provincia desde 1971. Alberta é actualmente o maior electorado do Partido Conservador. Os 28 escanos aos que que a provincia ten dereito na Cámara dos Comúns do Canadá son actualmente ocupadas por conservadores. Un deles, Stephen Harper, o actual Primeiro Ministro do Canadá, naceu en Calgary.

Xeografía

editar
 
Mapa de Alberta. As rexións en vermello son áreas urbanas, das cales as dúas maiores son Calgary (ao sur) e Edmonton (ao norte).
 
Jasper e as Montañas Rochosas.
 
Parque Nacional Banff

A xeografía de Alberta é moi diversa. Limita ao norte cos Territorios do Noroeste, ao leste con Saskatchewan, ao oeste coa Columbia Británica e ao sur co estado americano de Montana. Alberta presenta na súa maioría unha forma rectangular, con excepción da rexión suroeste.

Alberta posúe varios ríos e lagos, especialmente no norte da provincia. A provincia posúe varios lagos con menos de 260 km², e tres grandes lagos. Estes tres lagos son o lago Athabasca, con 7.898 km², o lago Claire, con 1.436 km², e o Lago Escravo Inferior, con 1.168 km². Preto de dous terzos do lago Athabasca están localizados en Alberta, o resto está situado en Saskatchewan.

Os bosques cobren máis da metade de Alberta. A maior parte dos bosques localízanse no oeste e no centro-norte da provincia.

Rexións xeográficas

editar

Alberta pode dividirse en catro rexións xeográficas ben diferenciadas:

  • As Montañas Rochosas localízanse ao longo do suroeste de Alberta, e forman unha fronteira natural entre Alberta e a Columbia Británica. A fronteira irregular do suroeste de Alberta coincide coas Montañas Rochosas. As Montañas Rochosas destacan polas súas elevadas altitudes, con varios picos que chegan aos 2.000 metros ou máis. É nesta rexión onde se localiza o punto máis alto da provincia, o Monte Columbia, con 3.747 metros de altitude. As belezas naturais da cordilleira atraen a millóns de turistas durante todo o ano. Calgary sitúase aos pés das Montañas Rochosas, a máis de mil metros de altitude.
  • As Chairas de Alberta esténdense por case toda a provincia, cubrindo aproximadamente un 70% dela. A pesar do seu nome, caracterízase pola súa altitude elevada, de 600 metros ou máis. Ademais diso, o relevo da rexión é pouco accidentado. Moitas zonas do norte desta rexión están cubertas por bosques, mentres que o sur está principalmente cuberto de pastos.
  • As Chairas de Saskatchewan ocupan unha pequena área próxima ao nordeste de Alberta. Caracterízase pola súa altitude relativamente baixa, entre 600 e 300 metros. A rexión tamén se caracteriza polos seus bosques, que cobren a maior parte da rexión.
  • O Escudo Canadense ocupa o extremo nordeste de Alberta. Posúe as altitudes máis baixas de Alberta, con menos de 350 metros de altitude. O punto máis baixo da provincia está situado aquí (unicamente 170 metros de altitude). Caracterízase polo seu chan rochoso, moi antigo, e polo seu terreo accidentado.

Alberta ten un clima amornado, con veráns cálidos e invernos fríos. A temperatura media diminúe á medida que aumenta a latitude. O norte de Alberta posúe veráns significativamente máis curtos e suaves e invernos máis longos e rigorosos que no sur da provincia. A provincia é famosa polos seus rigorosos invernos; con todo, o tempo na rexión é altamente inestable, sendo a cidade de Calgary famosa por isto, onde poden producirse variacións de temperatura de ata 10°C nun espazo de poucas horas, e repentinamente poden producirse choivas e tempestades de neve, para despois dar espazo a un día soleado.

Durante o inverno, a rexión norte de Alberta rexistra mínimas de entre -55 °C e -10 °C, e máximas de -40 °C e 5 °C. A temperatura media na rexión é de -22 °C. A temperatura media invernal en Edmonton é de -16 °C, e de -9 °C en Calgary. A media das mínimas en Edmonton é de -18 °C, e de -15 °C en Calgary, mentres que a media das máximas é de -8 °C en Edmonton e de -3 °C en Calgary. As temperaturas varían entre -55 °C e 18 °C en ambas as cidades. O extremo sur do Alberta ten unha temperatura media de -5 °C, con mínimas e máximas lixeiramente máis altas que as rexistradas en Calgary. A temperatura máis baixa xamais rexistrada en Alberta foi de -61 °C, en Fort Vermilion, o 11 de xaneiro de 1911. A temperatura media invernal en Alberta é de -14 °C.

Durante o verán, as temperaturas máis altas rexístranse no sueste de Alberta. O suroeste, o centro-leste e algunhas áreas da rexión central da provincia posúen temperaturas máis baixas por mor da súa elevada altitude. As temperaturas máis baixas rexístranse no suroeste. A temperatura media estival nas rexións de maior altitude varía entre 10 °C e 12 °C. A temperatura media en Calgary e en Edmonton é semellante no verán (debido á maior altitude de Calgary), e é de 16 °C. Medicine Hat rexistra as maiores temperaturas medias anuais, de máis de 20 °C no verán. As mínimas varían entre -10 °C e 18 °C, e as máximas varían entre 6 °C e 35 °C en toda a provincia. A media das mínimas en Edmonton e en Calgary é de 7 °C e das máximas, de 23 °C. A temperatura máis alta xamais rexistrada en Alberta foi de 42 °C, o 12 de xullo de 1886. A temperatura media estival en Alberta é de 14 °C.

As taxas medias de precipitación media anual de choiva varía bastante de rexión en rexión. A maior parte da provincia posúe un clima relativamente seco. O norte e o suroeste rexistran as menores taxas de precipitación anual da provincia, de menos de 40 centímetros anuais. A precipitación media anual aumenta a medida en que aumenta a altitude da rexión. As maiores taxas de precipitación danse no suroeste da provincia, onde poden chegar ata a 110 centímetros anuais. A precipitación media anual de neve aumenta á medida en que aumenta a latitude, sendo menos de 75 centímetros no sur e de máis de 180 centímetros no norte de Alberta.

Calgary
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xull Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) -2 -1 3 10 16 20 22 21 17 12 2 -1 10
Temperatura mínima media (°C) -12 -11 -6 -1 3 8 10 9 5 -1 -7 -11 -1
Precipitación media (cm) 1 1 2 2 5 8 6 5 4 1 1 1 42
Fonte: Weatherbase
 
Muflón das Rochosas

As tres rexións climáticas (alpina, bosque, e pradería) de Alberta acubillan a moitas especies diferentes de animais. A pradería meridional e central é o hábitat principal do bisonte, proporcionándolles as súas herbas un excelente pasto e un bo lugar de reprodución para millóns destes bisontes. A poboación de bisontes diminuíu considerablemente durante os principios da colonización da provincia, pero desde entón a poboación de bisontes parece haberse rexenerado fortemente, prosperando en granxas e parques nacionais por toda Alberta.

Alberta é tamén un importante hábitat para moitos grandes carnívoros. Entre eles están o oso negro e o grizzly, que se poden atopar en ambientes montañosos e rexións boscosas. Os pequenos carnívoros, como cánidos e felinos, inclúen coiotes, lobos, raposos, linces, gatos monteses e pumas.

Os herbívoros son moi comúns por toda a provincia. Podemos atopar alces e cervos nas rexións boscosas, e berrendos nas praderías do sur de Alberta. O muflón das Rochosas e as cabras montesas áchanse nas Montañas Rochosas. Os coellos, porco espiño, mofetas, esquíos, e moitas especies de roedores e réptiles habitan por toda a provincia. En Alberta vive soamente unha variedade de serpe velenosas, a cascabel das praderías.

As rexións de Alberta central e setentrional constitúen un lugar ideal para a nidificación de moitas aves migratorias. Un gran número de patos, gansos, cisnes, e pelicanos chegan a Alberta cada primavera e aniñan en ou preto dunha das centos de lagoas que salpican o norte de Alberta. Existe un gran número de aguias, falcóns, bufos e corvos, así como unha enorme variedade de paxaros granívoros e insectívoros. Alberta, como outras rexións tépedas, abunda en insectos como mosquitos, moscas, avespas e abellas. Os ríos e os lagos están ben provistos de lucios, troitas de río, troitas árticas americanas, ou ata esturións. Poden atoparse tartarugas nalgunhas masas de auga na parte sur da provincia. As ras e salamandras son só algúns dos moitos anfibios que habitan en Alberta.

Demografía

editar
Crecemento demográfico de Alberta
Ano Habitantes
1901 73.022
1911 374.295
1921 588.454
1931 731.605
1941 796.169
1951 939.501
1961 1 331 944
1966 1 463 203
Ano Habitantes
1971 1 627 874
1976 1 838 037
1981 2 237 724
1986 2 375 278
1991 2 545 553
1996 2 696 826
2001 2 974 807
2006 3 290 350

Segundo o censo de 2001 de Statistics Canada, Alberta tiña unha poboación de 2 974 807 persoas. O censo realizado en 2006 sitúa a poboación de Alberta en 3 290 350 habitantes, é dicir, un crecemento do 10,6%.[8] Alberta posúe unha das poboacións en máis rápido crecemento do país. A provincia ten unhas taxas elevadas de natalidade (en 2006, fixouse o número de nacementos en 42.875) e unhas taxas de inmigración relativamente altas (entre 2001 e 2006, instaláronse en Alberta 103.680 inmigrantes), e unha alta taxa de migración interprovincial, en comparación á outras provincias canadenses. Un 81% da poboación da provincia vive en cidades e un 19% faio no campo. Xuntas, as áreas metropolitanas de Calgary e de Edmonton, supón o 65% da poboación de Alberta.

Razas e etnias

editar

Etnicamente e racialmente, a poboación de Alberta é predominantemente caucásica. Un 83,9% da poboación de Alberta é branca, a maioría descendente de alemáns (o maior grupo étnico de Alberta), ingleses, escoceses, irlandeses, franceses, ucraínos e polacos. Un 16% da poboación de Alberta naceu fóra do Canadá (residen na provincia 527.030 inmigrantes, segundo o censo de 2006). Ademais diso, a provincia posuía preto de 156.220 habitantes nativoamericanos en 2001,[9] dos cales 66.060 eran métis. Calcúlase que un 3,4% da poboación de Alberta é descendente de dúas ou máis etnias.

Principais minorías étnicas:

Relixións

editar

Afiliación relixiosa da poboación de Alberta:

Linguas

editar

Segundo o censo de 2006, a lingua maioritaria de Alberta é o inglés. Do total da poboación, 2 893 240 persoas falan habitualmente inglés, 19.315 francés e 297.955 outros idiomas. Tamén segundo o censo de 2006, 222.885 persoas saben falar en inglés e francés.

Centros urbanos

editar
 
Calgary.
 
Edmonton.

Antes predominantemente agraria, Alberta creceu debido ao petróleo, e a poboación, antes rural, comezou a emigrar ás cidades. A participación de Alberta na poboación nacional total é do 10,4%, contra un 1,5% na época en que a provincia foi creada formalmente.

As maiores cidades de Alberta son:

Municipio 2006 2001 1996
Rexións metropolitanas
Rexión Metropolitana de Calgary 1 079 310 976.800 821.628
Rexión Metropolitana de Edmonton 1 034 935 961.500 862.597
Cidades (10 máis poboadas):
Calgary 988.193 878.866 768.082
Edmonton 730.372 666.104 616.306
Red Deer 82.772 67.707 60.080
Lethbridge 74.637 67.374 63.053
St. Albert 57.719 53.081 46.888
Medicine Hat 56.997 51.249 46.783
Grande Prairie 47.076 36.983 31.353
Airdrie 28.927 20.382 15.946
Spruce Grove 19.496 15.983 14.271
Leduc 16.967 15.032 --
Distritos (3 máis poboados):
Condado de Strathcona 82.511 71.986 64.176
Wood Buffalo 51.496 41.466 35.213
Rocky View 34.171 28.441 23.326

Economía

editar

O Produto Interior Bruto de Alberta é de 125 billóns de dólares canadenses, o cuarto maior do Canadá, soamente por detrás de Ontario, Quebec e da Columbia Británica. A renda per cápita do estado é de aproximadamente 42.030 dólares canadenses, a máis alta do país.

Repartición por sectores

editar
  • O sector primario é responsable dun 3% do PIB de Alberta. A agricultura e a gandería - que xa foron anteriormente as principais fontes de renda de Alberta - corresponden xuntas a un 2,92% do PIB da provincia, e empregan aproximadamente a 70 mil persoas. Alberta posúe preto de 55 mil granxas, que cobren cerca do 35% da provincia. A pesca e a silvicultura corresponden xuntas a un 0,08% do PIB da provincia, e empregan xuntas a preto de 1.500 persoas. Alberta é líder nacional na área da agropecuaria. A provincia posúe os maiores rabaños gandeiros do Canadá e un dos maiores rabaños de América do Norte. Alberta posúe en total preto de 5 millóns de cabezas de gando bovino. Preto de metade de toda a carne vacúa canadense prodúcese en Alberta. A provincia é tamén a maior produtora de carne de bisonte do Canadá. Alberta tamén posúe rabaños considerables de ovellas, que se usan principalmente para a produción de la. Alberta é a maior produtora nacional de trigo do Canadá, e unha das maiores do mundo. Tamén é unha gran produtora de colza. Ademais diso, Alberta é líder nacional en apicultura.
 
Monumento en homenaxe ao petróleo.
  • O sector secundario de Alberta corresponde ao 36% do PIB. A industria mineira - baseada principalmente na extracción de petróleo, alcatrán, carbón e gas natural - corresponde ao 19% do PIB, sendo a maior fonte de renda da provincia. A minería emprega en total a máis de 85 mil persoas. Outros recursos minerais de Alberta son o xofre e a sal. A industria manufactureira corresponde a un 10% do PIB da provincia, empregando a preto de 140 mil persoas. Os produtos fabricados anualmente na provincia teñen un valor total de máis de 14 billóns de dólares canadenses. Os principais produtos que se fabrican en Alberta son derivados de petróleo, produtos químicos, alimentos procesados e produtos derivados dos metais e a madeira. A construción corresponde ao 7% do PIB da provincia, empregando a máis de 130 mil persoas. Alberta é a maior produtora de combustibles fósiles do Canadá; produce máis do 70% da produción nacional. Tamén unha das maiores produtoras do mundo. Ademais diso, Alberta posúe as maiores reservas de betume do mundo. De feito, estímase que estas reservas de betume conteñan máis de 1,6 billóns de barrís de petróleo - máis que no resto do mundo. Ata os anos 1980, o refinamento do betume para a recolección de petróleo era unha tarefa moi cara. Con todo, diversas empresas petrolíferas desenvolveron tecnoloxías e métodos de refinamento que abarataron os custos de produción do petróleo obtido a través destas reservas de betume. Ademais diso, os recentes aumentos do prezo do barril de petróleo fixeron do refinamento do betume en petróleo unha actividade especialmente lucrativa. Espérase que Alberta produza soa máis do 10% do petróleo de América do Norte en 2010. A capital industrial do estado é Edmonton, onde teñen a súa sede a maior parte das refinerías de petróleo da provincia. O valor total dos recursos naturais producidos en Alberta corresponde a un 60% do valor de todos os recursos naturais extraídos en todo o Canadá.
  • O sector terciario de Alberta corresponde ao 61% do PIB da provincia. Calgary acolle as principais empresas petrolíferas do país (e outras multinacionais instaladas no país), así como diversas empresas financeiras e de telecomunicacións. Os servizos comunitarios e persoais corresponden ao 20% do PIB da provincia, e empregan a preto de 602 mil persoas. Os servizos financeiros e inmobiliarios corresponden ao 16% do PIB da provincia, e empregan a aproximadamente 79 mil persoas. O comercio por xunto e polo miúdo corresponden ao 9% do PIB de Alberta, e empregan a 159 mil persoas. Os transportes e comunicacións corresponden ao 11% do PIB de Alberta, empregando a aproximadamente 630 mil persoas. Os servizos gobernamentais empregan a aproximadamente 62 mil persoas e responden ao 4% do PIB da provincia. As utilidades públicas corresponden ao 3% do PIB de Alberta, e empregan a preto de 12,5 mil persoas. Preto dun 50% da electricidade producida en Alberta xérase en centrais termoeléctricas de carbón, e un 32% prodúcese en centrais termoeléctricas de gas natural.

Educación

editar
 
Vista do campus central da Universidade de Alberta.

As primeiras escolas en Alberta foron fundadas por misioneiros a mediados do século XIX, en Edmonton e en Calgary. En 1884, o entón distrito de Alberta estableceu un sistema de escolas públicas.

Os centros educativos de todas as cidades - ou, no caso de áreas illadas, de diversas vilas ao mesmo tempo, que constitúen un distrito educativo - están administrados por un distrito escolar. A Igrexa Católica tamén administra algúns distritos escolares en diversas cidades da provincia. Tanto os sistemas de educación pública como os de educación católica reciben axudas monetarias do municipio/distrito. A escolarización en Alberta é obrigatoria para tódolos nenos e adolescentes con máis de 6 anos de idade, ata a finalización do educación secundaria ou ata os 16 anos de idade.

De acordo cos datos publicados por Statistics Canada,[10] durante o curso 2004/2005 as escolas públicas de estudos primarios e secundarios da provincia tiveron preto de 551 mil estudantes, o que supón un incremento do 1,4% con respecto ao curso 1998/1999, e empregando a 33.910 educadores. As escolas privadas tiveron preto de 24,7 mil estudantes en 1999, empregando aproximadamente a 2 mil profesores. O sistema de escolas públicas da provincia gastou no curso 2004/2005 4.972,8 millóns de dólares canadenses, o que supón un gasto das escolas públicas de 9.346 dólares canadenses por estudante. Un total de 31.800 persoas graduáronse en Alberta en 2004/2005, un incremento do 12,2% desde 1999/2000.

Alberta posúe dúas grandes universidades: a Universidade de Alberta, localizada en Edmonton, e a Universidade de Calgary, localizada en Calgary. A provincia tamén conta con outras 6 universidades e 15 facultades públicas. A maioría das cidades de Alberta administra polo menos unha biblioteca pública.

Cultura

editar
 
A Casa do Concello de Edmonton
 
Vaqueiro no rodeo de Calgary

Alberta é coñecida polo seu espírito alegre e amable e a hospitalidade e extraversión das súas xentes.

O verán trae moitos festivais á provincia. O Edmonton's Fringe Festival é o segundo maior do mundo despois do de Edimburgo. Alberta ofrece algúns dos maiores festivais folclóricos do Canadá e varios festivais multiculturais. Calgary é a sede do Carifest, o segundo maior festival caribeño da nación (inmediatamente despois do Caribana de Toronto). Estes acontecementos destacan a diversidade cultural da provincia e o seu amor polo espectáculo. A maior parte das cidades importantes acollen varias compañías de teatro que actúan en lugares tan inverosímiis como os Edmonton's Arts Barns ou o Centro Francis Winspear.

Alberta posúe unha poboación de gran diversidade étnica. As comunidades indias e chinesas son significativas. Segundo Statistics Canada, Alberta acolle a segunda proporción máis alta (dous por cento) de francófonos no Canadá Occidental (logo de Manitoba). Moitos dos residentes de Alberta que falan francés viven nas rexións centrais e do noroeste da provincia. Así como sinalou o censo de 2006, os chineses representaban un 1,3 por cento da poboación de Alberta, mentres que os indios representaban un 1,1 por cento. Tanto Edmonton como Calgary contan con importantes barrios chineses (Chinatowns), tanto é así, que o de Calgary é o terceiro maior de todo Canadá. Os aborixes albertanos representan aproximadamente o tres por cento da poboación.

Os contribuíntes principais á diversidade étnica de Alberta foron as nacións europeas. O corenta e catro por cento dos albertanos é de ascendencia británica e irlandesa, e hai tamén grandes cantidades de alemáns, ucraínos e escandinavos.

Ambas as cidades apoian fortemente aos equipos da Liga Canadense de Fútbol Americano e da Liga Nacional de Hockey. En Alberta practícanse a nivel profesional deportes como fútbol, rugby e lacrosse.

O sector turístico é moi importante para a economía albertana. Calcúlase que un millón de turistas visitan Alberta cada ano unicamente para contemplar a mundialmente famosa Calgary Stampede e os Klondike Days de Edmonton. Edmonton era a entrada á única ruta completamente canadense cara aos xacementos de ouro do Yukon, e a única ruta que non esixía aos buscadores de ouro cruzar polo esgotador e perigoso Chilkoot Pass.

Alberta é un destino importante para os turistas amantes do esquí e do sendeirismo; Alberta dispón de varias estacións de esquí de calidade mundial. Os cazadores e os pescadores de todo o mundo poderán levar ás súas casas impresionantes trofeos e inesquecibles experiencias no medio natural de Alberta.

Transportes

editar
 
A autoestrada transcanadense, preto das Montañas Rochosas, Alberta

Alberta ten máis de 180 mil quilómetros de vías públicas. Delas, preto de 50 mil quilómetros están pavimentadas. Calgary é un gran nó de comunicacións. Calgary, Edmonton, Lethbridge, Medicine Hat e Red Deer posúen extensos sistemas de transporte público. Calgary e Edmonton tamén contan cun sistema de light rail.

Alberta é un gran nó ferroviario. A provincia posúe preto de 9 mil quilómetros de vías de tren. En Alberta operan dúas compañías ferroviarias de prestixio, a Canadian National Railway e a Canadian Pacific Railway. Esta última ten a súa sede en Calgary. Calgary é o segundo maior nó ferroviario do Canadá, soamente detrás de Montreal. A VIA Rail conecta as maiores cidades da provincia co resto do Canadá, e o Rocky Mountain Railtours transporta aos turistas ao longo das principais atraccións turísticas naturais de Alberta.

Calgary e Edmonton dispoñen de aeroportos internacionais, que atenden a voos comerciais de pasaxeiros regulares de diversas aerolíneas, conectando ambas as cidades co resto do Canadá e con outros destinos internacionais. O Aeroporto Internacional de Calgary é o cuarto aeroporto máis dinámico do país, e é a base de operacións da WestJet, unha compañía aérea con sede en Calgary.

Medios de comunicación

editar

O primeiro xornal publicado en Alberta foi o Edmonton Bulletin, publicado por primeira vez en 1880 en Edmonton, sendo publicado ata 1951. Actualmente, publícanse en Alberta preto de 125 xornais. Deles, 9 son diarios. A primeira cadea de radio de Alberta foi inaugurada en 1922, e a primeira de televisión foi inaugurada en 1954, ambas en Calgary. Calgary é tamén un gran nó de telecomunicacións. Nesta cidade atópase a base de operacións occidental da CBC, a maior compañía de televisión do Canadá. Alberta conta actualmente con 61 cadeas de radio - das cales 36 son AM e 25 FM - e 11 canles de televisión.

  1. Preserving Alberta Arquivado 07 de decembro de 2006 en Wayback Machine. - Provincial Archives of Alberta
  2. "Statistics Canada - CMA population estimates". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2007. Consultado o 04 de decembro de 2007. 
  3. Study: Canada's crude petroleum industry Arquivado 20 de marzo de 2007 en Wayback Machine. - The Daily, 11 de septiembre de 2006
  4. Territorial Evolution, 1870 Arquivado 09 de decembro de 2008 en Wayback Machine. - The Atlas of Canada
  5. Princess Louise Caroline Alberta Arquivado 11 de marzo de 2012 en Wayback Machine. - Alberta Centennial, Government of Alberta
  6. "Library and Archives Canada: Canadian Confederation". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2007. Consultado o 04 de decembro de 2007. 
  7. Chart of courts in Alberta
  8. "Statistics Canada: Community highlights for Alberta". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 07 de decembro de 2007. 
  9. "2001 Census Aboriginal Population Profiles". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 07 de decembro de 2007. 
  10. Blouin, Patric & Courchesne, Marie-Josée. "Indicators for the Provinces and Territories, 1998-1999 to 2004-2005 (Copia arquivada)". Statistics Canada. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dempsey, Hugh A. (editor): Best from Alberta History. Douglas & Mcintyre Ltd, 1981 ISBN 0-88833-073-1
  • Howlett, M.; Netherton, A.; Ramesh, M: The Political Economy of Canada: An Introduction. Oxford University Press, Estados Unidos; 2ª edición, 1999 ISBN 0-19-541348-2
  • Levert, S.; Sheppard, G: Alberta (Canada in the 21st Century). Chelsea House Publications, 2001 ISBN 0-7910-6059-4
  • Moss, E. H: Flora of Alberta: A Manual of Flowering Plants, Conifers, Ferns and Fern Allies Found Growing Without Cultivation in the Province of Alberta, Canada. University of Toronto Press; 2nda edición revisada, 1983 ISBN 0-8020-2508-0
  • Wormington, H. M: An introduction to the archaeology of Alberta, Canada. Denver Museum of Natural History, 1965 ASIN B0007DWMJ2

Ligazóns externas

editar