Abrir o menú principal

Raposo

Mamífero carnívoro da familia dos cánidos
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).

O raposo ou golpe é un mamífero omnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.

Doce especies pertencen ó grupo monofilético do xénero Vulpes ou "raposos verdadeiros". Arredor doutras 25 especies vivas ou extintas foron chamadas tamén raposos; estes raposos forman parte do grupo parafilético de raposos de América do Sur, ou do grupo formado polo raposo orelludo, o raposo gris e o raposo gris das illas.[1] Os raposos viven en tódolos continentes, agás na Antártida. A especie máis común e espallada de lonxe é o raposo común (Vulpes vulpes) con 47 subespecies recoñecidas.[2] A distribución mundial dos raposos, xunto coa súa reputación de astucia, contribuíu a que estean presentes en moitas culturas de sociedades de todo o mundo.

ClasificaciónEditar

Os cánidos coñecidos como raposos aparecen entre os seguintes xéneros e especies:[2]

Xénero Especie Imaxe
Canis Lobo etíope, tamén chamado raposo ou chacal do Semién
 
Lobo etíope, nativo das terras altas etíopes.
Cerdocyon Raposo cangrexeiro
 
Raposo cangrexeiro de América do Sur.
Dusicyon xénero extinto, que incluía ó Raposo das Illas Malvinas
 
Raposo das Illas Malvinas. Ilustración de John Gerrard Keulemans (1842–1912)
Lycalopex
 
Raposo gris suramericano no deserto de Atacama.
Otocyon Raposo orelludo
Urocyon
 
Raposo gris das illas (Urocyon littoralis).
Vulpes
 
O fennec é a especie máis pequena de raposo.

NotasEditar

  1. Oxford University Press, ed. (2004). The biology and conservation of wild canids (Nachdr. d. Ausg. 2004. ed.). Oxford. p. 49. ISBN 0198515561. 
  2. 2,0 2,1 Lloyd, H.G. (1981). Batsford, ed. The red fox (2. impr. ed.). Londres. p. 21. ISBN 0-7134-11902. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar