Vulpes ferrilata

especie de mamífero

Vulpes ferrilata é unha especie de raposo endémica do altiplano do Tíbet, a chaira de Ladakh, no Nepal, a China, Sikkim, e Bután, presente até alturas de 5.300 m. O seu estado de conservación está clasificado como pouco preocupante na Lista Vermella da IUCN, debido á súa ampla distribución nas estepas e semidesertos da meseta tibetana.[1]

Vulpes ferrilata
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Vulpes
Especie: Vulpes ferrilata[2]
Nome binomial
Vulpes ferrilata
Hodgson, 1842[3]
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.
Sinonimia
  • Vulpes ferrilatus
  • Vulpes ekloni (Przewalski, 1883)
  • Canis ferrilatus
  • Canis ekloni
  • Neocyon ferrilatus
  • Neocyon ekloni

Características editar

O Vulpes ferrilata é un raposo pequeno e compacto, cunha pelaxe suave e densa, un fociño visiblemente estreito e unha cola mesta. O seu fociño, coroa, pescozo, costas e patas inferiores son de cor marrón avermellada, mentres que as súas meixelas, flancos, patas superiores e grupa son agrisadas. A súa cola ten as puntas brancas. As orellas son curtas e de cor marrón a agrisado no dorso, mentres que o interior e a parte inferior son brancas.[4] Os exemplares adultos miden de 60 a 70 cm de longo, sen incluír a cola, e a súa cola mide de 29 a 40 cm. O peso dos adultos rolda os 4 a 5,5 kg.[5]

Entre os raposos, a súa caveira é a máis especializada no carnivorismo;[6] é máis longa na lonxitude condilobasal, así como na lonxitude da mandíbula e dos dentes das meixelas, ca as dos raposos dos montes. A súa rexión cranial é máis curta ca a dos raposos dos montes, e o arco cigomático é máis estreito. As súas mandíbulas tamén son moito máis estreitas, e a fronte é cóncava. Os seus dentes caninos tamén son moito máis longos ca os dos raposos dos montes.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Harris, R. "Vulpes ferrilata". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Wozencraft, W.C. (2005). "Species Vulpes ferrilata". En Wilson, D.E.; Reeder, D.M. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (en inglés) (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. pp. 532–628. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  3. Hodgson, B. H. (1842). "Notice of the Mammals of Tibet, with Descriptions and Plates of some new Species". Journal of the Asiatic Society of Bengal 11 (124): 278–279. 
  4. Sillero-Zubiri, C.; Hoffman, M.; MacDonald, D. W. (2004). "Tibetan Fox" (PDF). Canids: Foxes, Wolves, Jackals and Dogs - 2004 Status Survey and Conservation Action Plan. IUCN/SSC Canid Specialist Group. ISBN 2-8317-0786-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2006-07-08. 
  5. Harris, R. B.; Wang, Z. H.; Zhou, J. K.; Liu, Q. X. (2008). "Notes on biology of the Tibetan fox (Vulpes ferrilata)" (PDF). Canid News 11: 1–7. 
  6. Heptner, V. G.; Naumov, N. P. (1998) [1967]. "Genus Vulpes Oken, 1816". Mammals of the Soviet Union. II Part 1a, Sirenia and Carnivora (Sea cows; Wolves and Bears). Washington, D.C.: Smithsonian Institution Libraries and The National Science Foundation. pp. 385–570. 
  7. Pocock, R. I. (1941). "Vulpes ferrilata Hodgson. The Tibetan Sand Fox". Fauna of British India: Mammals 2. Londres: Taylor and Francis. pp. 140–146.