Abrir o menú principal

Don Ellis Wilson, nado o 30 de abril de 1944 en Davis, Oklahoma, é un zoólogo estadounidense, especializado en mastozooloxía, especialmente nos quirópteros, que estudou en 65 países.

Don E. Wilson
Nacemento30 de abril de 1944
 Davis
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade do Arizona
Ocupaciónzoólogo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Wilson pasou a sú infancia e xuventude en Nebrasca, Texas, Oregon e Washington. Despois de terminar os seus estudos secundarios en Bisbee (Arizona), en 1961 graduouse como Bachelor of Science na Universidade de Arizona, onde acadou a Licenciatura en 1965. Aínda non licenciado, en 1964, fixo a súa primeira expedición ao Trópico, ao que viaxaría moitas veces nas décadas posteriores, para estudar a fauna mastozoolóxica.

Despois de traballar para o Servizo de Parques Nacionais nunha torre de observación do lume no Parque Nacional do Gran Canón durante un verán, asistiu á escola de posgrao da Universidade de Novo México, onde se graduou en bioloxía, como Master of Science en 1967 e alcanzando o Ph. D. (doutoramento) en 1970.

Durante este período pasou os meses de verán traballando como naturalista para o Servizo Forestal de Estados Unidos nas montañas de Sandia. Na súa tese de doutoramento abordou as relacións das cinco especies de Peromyscus nas montañas de Sandia en Novo México, co pequeno morcego tropical insectívoro Myotis nigricans.

De 1986 a 1988, Wilson foi presidente da American Society of Mammalogists (Sociedade Americana de Mastozoólogos). En 1992 foi presidente da Association for Tropical Biology and Conservation (Asociación para a bioloxía tropical e conservación). Ademais, foi editor do Journal of Mammalogy durante cinco anos e editor das publicacións Mammalian Species e Special Publications durante tres anos. Tamén traballó en varios consellos editoriais. É membro da xunta directiva das organizacións Bat Conservation International, a Biodiversity Foundation for Africa, Integrated Conservation Research e Lubee Bat Conservancy.

Don E. Wilson publicou máis de 200 traballos científicos, incluíndo o libro Mammals of New Mexico (Mamíferos de Novo México) e tres monografías sobre morcegos. En 1997 publicou o libro Bats in Question – The Smithsonian Answer Book (Morcegos en debate – A rsposta Smithsoniana). En 2005 foi coeditor (xunto con DeeAnn M. Reeder) da obra de referencia Mammal Species of the World.[1]

Desde 2009 é coeditor (con Russell Mittermeier) da serie de libros Handbook of the Mammals of the World, da editorial española Lynx Edicions. Ademais, publicou os libros Animal, Human, Smithsonian Handbook of Mammals e Mammal para a editorial inglesa Dorling Kindersley. É tamén autor dunha Guía de campo dos mamíferos de Norteamérica, así como da obra Smithsonian Book of North American Mammals.

Wilson gañou varios premios, incluíndo o que a Smithsonian Institution outorga para as contribucións excepcionais no campo da bioloxía tropical, o Outstanding Publication Award da U.S. Fish and Wildlife Service, o premio Gerrit S. Miller do North American Symposium on Bat Research, e o premio Hartley H. T. Jackson da American Society of Mammalogists. Así mesmo recibiu o recoñecemento da Asociación Mexicana de Mastozoologia polos seus sobresalientes logros científicos, e foi recibido como membro honorario da American Society of Mammalogists.

Don Ellis Wilson actualmente vive coa súa esposa, coa que casou en 1962, en Gainesville (Virxinia). A parella ten dúas fillas que traballan como profesoras e catro netas.

NotasEditar

  1. "Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference". Google Scholar. Consultado o 21 de setembro de 2016. 

Véxase taménEditar

BobliografíaEditar

  • Perry, Matthew C., ed. (2007): The Washington Biologists' Field Club: Its Members and its history (1900-2006). Washington, DC: Washington Biologists' Field Club. ISBN 978-0-615-16259-1, pp. 290–291.

Ligazóns externasEditar