Bután
Bután[1] (en dzongkha: འབྲུག་ཡུལ་; Druk Yul), oficialmente o Reino de Bután (en dzongkha: འབྲུག་རྒྱལ་ཁབ་; Druk Gyal Khap),[2] é unha nación pequena e montañosa do sur de Asia, localizada na cordilleira do Himalaia oriental, entre a India e a China. Fai fronteira coa Rexión Autónoma do Tíbet da China polo norte, co estado indio de Sikkim e o val de Chumbi do Tíbet polo oeste, co estado indio de Arunachal Pradesh polo leste, e cos estados de Assam e Bengala Occidental polo sur. Bután atópase xeopoliticamente no sur de Asia e é a segunda nación menos poboada do continente, despois das Maldivas. Thimphu é a capital e a meirande cidade, mentres que Phuntsholing é o centro financeiro.
A independencia de Bután mantívose durante séculos e non foi colonizado nunca ó longo da súa historia.
Etimoloxía
editarBután pode derivar da palabra do idioma sánscrito Bhu-Uttan que significa 'Terra Altas'. Noutra teoría derivada tamén da escritura sánscrita, Bhots-ant significa 'fin do Tíbet' ou 'sur do Tíbet'. Como sexa algúns butaneses chaman ao seu país Druk Yul ou Drukpa. Os dzongkha (e tibetanos) danlle ao seu país o nome de Druk Yul (Terra do Dragón). Pola serenidade e virxindade do país e os seus lugares turísticos, Bután actualmente é coñecido ás veces como: O último Shangri-La.
Historicamente, Bután foi coñecido por varios nomes, como Lho Mon (Escura Terra do Sur), Lho Tsendenjong (Terra Meridional do Sándalo), Lhomen Khazhi (Terra do Sur dos Catro Achegamentos) e Lho Men Jong (Terra do Sur das Menciñas Herbais).
Historia
editarNo século XVII estableceuse en Bután unha teocracia budista. En 1865, Gran Bretaña e Bután asinaron o Tratado de Sinchulu, baixo o cal Bután recibiría un subsidio anual a cambio de ceder algo de fronteiras. Baixo a influencia británica, estableceuse unha monarquía en 1907; tres anos despois, asinouse un tratado onde os británicos acordaron non interferiren nos asuntos internos butaneses e Bután permitiu a Gran Bretaña dirixir os seus asuntos exteriores. Este rol foi asumido pola India independente logo de 1947. Dous anos despois, un acordo formal indo-butanés devolveu as áreas de Bután anexadas polos británicos, formalizou os subsidios anuais que recibira o país, e definiu as responsabilidades da India na defensa e relacións exteriores.
Relacións internacionais
editar- Artigo principal: Relacións internacionais de Bután.
Bután ten relacións diplomáticas con 54 dos 193 estados membros das Nacións Unidas e da Unión Europea.[3][4] O número limitado de relacións deste tipo de Bután, incluída a ausencia de relacións formais con calquera dos membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, forma parte dunha política isolacionista deliberada de limitar a influencia estranxeira no Estado.[5] Esta postura foi salvagardada polas estreitas relacións coa India, da que Bután foi considerado anteriormente un estado protexido.[5][6]
Goberno e política
editarO monarca Jigme Dorji Wangchuck foi elixido rei logo da Independencia da India; considéraselle o pai da Nación, debido aos seus plans de desenvolvemento. O seu sucesor Jigme Singye Wangchuck preocupouse durante o seu reinado pola cultura do reino e o coidado do ambiente. En 2004 prohibiu o fumar en todo o reino.
Jigme Singye Wangchuck foi coroado en xullo de 1972 e reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación, entregando o trono ao seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuck. A noticia coñeceuse a través dun decreto escrito polo mesmo Monarca.
O poder executivo recae no primeiro ministro.
Organización político-administrativa
editarBután está dividido en 20 distritos (dzongkhag, en singular e plural): distrito (antiga pronuncia)
|
|
|
Xeografía
editarEste pequeno país é case enteiramente montañoso, esténdese na vertente sur da cordilleira do Himalaia desde as máximas alturas na fronteira con China. O pico máis alto é o de Kula Kangri (7.554 m). Descende abruptamente ata a planicie de Duars, na fronteira sur coa India. Os ríos, ningún dos cales é navegable, son todos tributarios do río Brahmaputra.
O clima na zona sur é subtropical con grandes precipitacións; nos vales o clima é máis amornado aínda con calorosos veráns e fríos invernos e nas montañas teñen veráns frescos e invernos glaciais. As precipitacións diminúen coa altura e cara ao leste.
A parte da capital, Thimphu, outras cidades son Paro e Punakha, antiga capital invernal.
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Bután.
A economía do país é principalmente agrícola. Os principais cultivos son o arroz, o trigo, o millo, as froitas e as hortalizas. Nas zonas montañosas, os agricultores crían rabaños de gando vacún e yaks. O goberno estableceu plans de desenvolvemento para impulsar a explotación sostible dos recursos do país, sobre todos os bosques e a minería. A industria limítase ao procesado de alimentos, a artesanía e o téxtil, todo para consumo interno. É importante a enerxía hidroeléctrica que é exportada á India. A principal fonte de divisas provén do turismo aínda que se atopa moi limitado.
A moeda do país é o ngultrum, que ten o mesmo valor que a rupia india.
Demografía
editarO censo é un asunto controvertido. Segundo o declarado polo goberno non superaba os 800.000 persoas e en cambio estimábase en máis de 2 000 000 de persoas con outros censos. A razón argumentada é o temor a que un país con escasa poboación non sería admitido na ONU. Doutra banda, hai queixas da poboación de orixe nepalí, xa que din que a diminución do censo é debido a que non ten en conta a gran parte da poboación desta orixe.
A poboación concéntrase sobre todo nos vales cultivables, nas zonas do sur, e nos vilas e cidades. Os pobos do país chamados na súa totalidade bhutaneses pertencen á cultura tibetana, sobre todo están aínda máis relacionados os poboadores do oeste, que son os hexemónicos chamados ngalop. Os pobo do leste denomínanse sharchop (orientais). Ambos os pobos practican o budismo tibetano pero no oeste séguese a escola Drukpa Kagyu que é a oficial e no leste a Nyingmapa. O resto da poboación está composta polos lhotshampa, orixinarios do Nepal, que son maioritariamente hindús (cunha pequena minoría musulmá) que habitan as rexións baixas do Sur.
O idioma nacional é o Dzongkha. O goberno clasifica os 19 idiomas tibetanos relacionados como dialectos de Dzongkha. O tshangla, intimamente relacionado con dzongkha é falado nas zonas orientais. O nepalí é falado no sur. O inglés tamén ten o rango de lingua oficial.
Cultura
editarBután é un dos países máis illados do mundo; hai moitas rexións do país nas que está restrinxido o turismo para manter intacta a cultura local. En contraste Bután é un destino só para viaxes organizadas, o goberno trata de limitar a entrada só a turistas que estean dispostos a gastar máis de 100 dólares ao día. Bután posúe unha arquitectura típica propia que está representada polas súas fortalezas chamadas dzong.
Existen unhas trinta linguas en Bután, das cales son oficiais o dzongkha e o inglés, usada esta última nas publicacións e nos negocios.[7] A taxa de alfabetismo é tan só do 42,4 %. Case todas as festas, ao seren de tradición budista ou hindú fíxanse polo calendario lunar ou co solar, polo que non teñen correspondencia exacta co calendario occidental.
Festas | |||
Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Día de ano novo | New Year´s Day | O primeiro luns non festivo adóitase celebrar |
Varía cada ano | Solsticio de inverno | Nyinlog | |
Varía cada ano | Encontro dos nove diaños | Meeting of Nine Evils | |
Varía cada ano | Novo Ano chinés | Têt | Festa budista (Vajrayana) |
Varía cada ano | Día das ofrendas | Offerings Day | |
Varía cada ano | Ano novo budista | Male Fire Dog New year | Budista-hindú |
2 de maio | Aniversario do terceiro rei | Third King´s Birthday | |
Varía cada ano | Shabdrung Kuchoe | Shabdrung Kuchoe | Conmemora o nacemento de Buda |
Varía cada ano, lúa chea do sexto mes | Vesak-Buda purmima | Vesak-Buda purmima | Budista theravada |
2 de xuño Jigme Singye Wangchuck reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación no seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuc. Esta celebración está suxeita a cambio | Festa do coroamento | Coronation Day | |
6 de xullo | Aniversario do gurú Rinpoche | Anniversary of Guru Rinpoch | |
Varía cada ano | Primeiro sermón de buda | First Sermon of Lord Buddha | Festa Budista-Hindú |
4 de agosto | Aniversario da morte do terceiro rei | Third´s King Death Anniversary | |
3 días | Vijaya Dashami (Dasera) | Vijaya Dashami (Dasera) | Festa budista-hindú |
13 de novembro Jigme Singye Wangchuck reinou ata o 15 de decembro de 2006 data da súa abdicación na o seu fillo Jigme Khesar Namgyel Wangchuc. Esta celebración está suxeita a cambio | Aniversario da súa maxestade o rei | HM Jigme Singye Wangchuck´s Birthday | Conmemora o nacemento do rei Jigme Singye Wangchuck. |
17 de decembro | Día nacional | National Day of Bhutan | Celebra o ascenso ao trono do primeiro rei de Bután en 1907 |
Mapas e imaxes
editar-
Mapa
-
Imaxe satélite (2002)
-
Imaxe dos lagos glaciales
-
Demografía
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para butanés.
- ↑ Driem, George van (1998). Dzongkha = Rdoṅ-kha. Leiden: Research School, CNWS. p. 478. ISBN 978-90-5789-002-4.
- ↑ "Bilateral relations". Ministry of Foreign Affairs of Bhutan. Consultado o 4 de maio de 2021.
- ↑ "Israel normalizes ties with Bhutan". The Jerusalem Post | JPost.com (en inglés). Consultado o 2020-12-12.
- ↑ 5,0 5,1 Chaudhury, Dipanjan Roy. "Bhutan doesn't have diplomatic ties with any of the 5 UNSC permanent members". The Economic Times. Consultado o 2021-10-19.
- ↑ Bedjaoui, Mohammed (1991). International Law: Achievements and Prospects. Martinus Nijhoff Publishers. pp. 51–. ISBN 92-3-102716-6.: "The Treaty of Friendship of 8 August 1949 between Bhutan and India is an example of the creation of a protected State, Bhutan, with a quite loose relationship to the protecting State, India. By the terms of this Treaty of Friendship, Bhutan agreed to follow the guidance given by India in so far as external relations were concerned. India was not granted the power to exercise diplomatic rights on behalf of Bhutan and this way Bhutan remained in charge of its foreign policy."
- ↑ "Bhutan - Languages" (en inglés). p. Ethnologue. Consultado o 11 de xuño de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bután |
A Galipedia ten un portal sobre: Bután |
Ligazóns externas
editar- Bhutan.gov.bt Arquivado 30 de decembro de 2005 en Wayback Machine. – Portal oficial do Goberno de Bután
- Perfil de Bután, BBC News. (en inglés)
- Bután en UCB Libraries GovPubs. (en inglés)