Os sharchop (en dzongkha: ཤར་ཕྱོགས་པ: "orientais") son un grupo étnico de Bután conformado pola mestura de poboacións da tibetanas e ascendencia do sur de Asia. Viven principalmente nos distritos do leste do país.[1][2]

Pobo sharchop
Poboación
Poboación total:
212 500
Rexións principais:
Bután212 500 (1991)
Aspectos culturais
LinguaTshangla, dzongkha e linguas tibetanas
RelixiónBudismo e bon
Grupos
relacionados
Pobo tibetano, monpa, ngalop

Lingua editar

A maioría dos sharchop falan tshangla, unha lingua tibetano-birmana; só uns poucos falan a lingua olekha.[3] Tamén falan a lingua nacional, o dzongkha. Por mor da súa proximidade coa India, algúns tamén falan o assamés ou o hindi.

O tshangla tamén é falado polo pobo monpa, unha minoría nacional que habita preto da fronteira coa China, distribuídos en Mêdog, Nyingchi e Dirang. O tshangla é semellante ó kalaktang e ó dirang falados polos monpa de Arunachal Pradesh, na India.[4]

Notas editar

  1. Jivanta Schottli, Subrata K. Mitra, Siegried Wolf. A Political and Economic Dictionary of South Asia. Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  2. "PEOPLE CLUSTER: BHUTANESE". Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  3. Ethnologue Online, ed. (2006). "Languages of Bhutan". Dallas: SIL International. Consultado o 18 de xaneiro de 2011. 
  4. Blench, Roger (2014). Sorting out Monpa: The relationships of the Monpa languages of Arunachal Pradesh.