Os tibetanos[5] (en tibetano: བོད་པ་) son un grupo étnico nativo do Tíbet. O seu número é dun 7,8 millóns de persoas. A maior poboación vive Rexión Autónoma do Tíbet, e noutras provincias da República Popular da China, como Qinghai, Sichuan, Yunnan e Gansu. Fóra da China, existen importantes minorías na India, no Nepal e en Bután.

Pobo tibetano
Homes e mulleres tibetanos cos traxes tradicionais.
Poboación
Poboación total:
Total: 7 800 000
Rexións principais:
Rexión Autónoma do Tíbet, Qinghai, Sichuan, Yunnan e Gansu
China
7,5 millóns
India India120 000[1]
Nepal20 000 - 40 000[2][3]
Estados Unidos de América Estados Unidos9 000
Canadá7 500[4]
Bután5 000[3]
Suíza Suíza4 000
Aspectos culturais
LinguaLinguas tibéticas, tibetano e mandarín
RelixiónBudismo tibetano, bön
Grupos
relacionados
Quiang, butaneses, ladakh, balti e burig

Os tibetanos falan varias linguas tibéticas, das cales, moitas variedades son mutuamente inintelixibles. Pertencen á familia de linguas tibetobirmanas. A explicación tradicional e mitolóxica da orixe do pobo tibetano é que son descendentes do humano Pha Trelgen Changchup Sempa e da ogresa das rochas Ma Drag Sinmo. Crese que moitos dos falantes tibetobirmanos do suroeste da China, incluíndo os tibetanos, son descendetes directos dos antigos Qiang.[6] A maioría dos tibetanos practica o budismo tibetano, malia que algúns practican á relixión bön e existe unha pequena minoría musulmá. O budismo tibetano influíu en moitos aspectos culturais do pobo, como a arte tibetana, o drama e a arquitectura.

Notas editar

  1. "The Dalai Lama has given his opinion on the refugee crisis and it's extremely controversial". 1 de xuño de 2016. 
  2. Refugees, United Nations High Commissioner for. "Refworld - Nepal: Information on Tibetans in Nepal". 
  3. 3,0 3,1 "Tibetan - Becoming Minnesotan". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  4. "Tibetan refugees arrive in Canada from India as part of federal deal Arquivado 17 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.". The Vancouver Sun. 15 de decembro de 2013.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tibetano.
  6. Origins and Migrations in the Extended Eastern Himalayas. BRILL, 2012, páxina 309.