Rexión Autónoma do Tíbet
A Rexión Autónoma do Tíbet (en tibetano: བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས།) ou Rexión Autónoma de Xizang (en chinés: 西藏自治区), é unha rexión autónoma da República Popular da China, onde habitan 7,5 millóns de membros do pobo tibetano. Foi estabelecida formalmente no ano 1965 para substituír a Área do Tíbet, unha división administrativa que a República Popular herdou da República da China, uns 5 anos despois da dimisión do Kashag coa revolta do Tíbet de 1959, e 13 anos despois da incoporación do Tíbet en 1951.
Rexión Autónoma do Tíbet བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས། Rexión Autónoma de Xizang 西藏自治区 | |
---|---|
![]() | |
Estado | ![]() |
Capital | Lhasa |
• Poboación | 559 423 hab. (2010) |
Lingua oficial | Tibetano e mandarín |
Forma de goberno | Rexión Autónoma |
Gobernador | Che Dalha |
Superficie | Posto 2º |
• Total | 1 228 400[1] km² |
Poboación | Posto 32º |
• Total | 3 180 000 (2014) hab. |
• Densidade | 2,59 hab./km² |
Xentilicio | tibetano/a |
Fuso horario | UTC- |
Dominio de Internet | .cn |
Código ISO | CN-54 |
Dentro da China, o Tíbet é identificado como unha rexión autónoma. As fronteiras actuais do Tíbet foron estabelecidas no século XVIII[2] e inclúe a metade do Tíbet etnocultural. A Rexión Autónoma do Tíbet é a segunda meirande división administrativa da China segundo a área despois de Xinjiang, abranguendo 1 228 400 km2, e os seus terreos duros son os menos densamente poboados de todo o estado.
Notas Editar
- ↑ Ministry Of Commerce - People's Republic Of China (ed.). "Doing Business in China - Survey". Consultado o 5 de agosto de 2013.
- ↑ "What is Tibet? – Fact and Fancy", Excerpt from Goldstein, Melvyn, C. (1994). Change, Conflict and Continuity among a Community of Nomadic Pastoralist: A Case Study from Western Tibet, 1950–1990. pp. 76–87.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rexión Autónoma do Tíbet |
A Galipedia ten un portal sobre: China |
Ligazóns externas Editar
- Goberno rexional do Tíbet Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine. (en chinés)