Os ngalop (en dzongkha: སྔལོངཔ་, snga long pa; "os primeiros resucitados" ou "os primeiros conversos")[1] son un grupo étnico de Bután conformado pola poboación da etnia tibetana que migrou ao territorio butanés desprazando aos nativos sharchop e introducindo o budismo e as costumes tibetanas a Bután. Representan o grupo étnico maioritario e politicamente dominante do país, sendo maioría nas áreas do Norte e Oeste, incluíndo a capital butanesa Thimphu. Antigamente chamados “Bhotiya” que significa “procedente de Bod (Tíbet)” o termo é rara vez usado usado hoxe en día. A maioría dos ngalop practican o budismo tibetano na súa variante Kagyu aínda que, do mesmo xeito que no caso dos tibetanos, algúns son bonpos.[2] O seu idioma é o dzongkha, descendente do tibetano[1] e lingua oficial de Bután. O seu número calcúlase, segundo datos oficiais do goberno butanés, en 708,500 persoas, 72% da poboación de Bután.[3]

Pobo ngalop
Nenos ngalop vestindo o gho, o traxe tradicional.
Poboación
Poboación total:
708 500
Rexións principais:
Bután708 500 (1991)
Aspectos culturais
LinguaLingua dzongkha
RelixiónBudismo e bon
Grupos
relacionados
Pobo tibetano, monpa e sharchop
  1. 1,0 1,1 van Driem, George L. (1993). ""Bhutan: A country study" Language Policy in Bhutan". Londres: SOAS. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de novembro de 2010. Consultado o 18 de xaneiro de 2011. 
  2. Robert L. Worden (setembro de 1991). Andrea Matles Savada, ed. Religious Tradition. 
  3. Robert L. Worden (setembro de 1991). Andrea Matles Savada, ed. "Bhutan: A country study" Society.