 Portal de Bután
Bután (en dzongkha: འབྲུག་ཡུལ་; Druk Yul), oficialmente o Reino de Bután (en dzongkha: འབྲུག་རྒྱལ་ཁབ་; Druk Gyal Khap), é unha nación pequena e montañosa do sur de Asia, localizada na cordilleira do Himalaia oriental, entre a India e a China. Fai fronteira coa Rexión Autónoma do Tíbet da China polo norte, co estado indio de Sikkim e o val de Chumbi do Tíbet polo oeste, co estado indio de Arunachal Pradesh polo leste, e cos estados de Assam e Bengala Occidental polo sur. Bután atópase xeopoliticamente no sur de Asia e é a segunda nación menos poboada do continente, despois das Maldivas. Thimphu é a capital e a meirande cidade, mentres que Phuntsholing é o centro financeiro.
A independencia de Bután mantívose durante séculos e non foi colonizado nunca ó longo da súa historia. No século XVII estabeleceuse en Bután unha teocracia budista. En 1865, Gran Bretaña e Bután asinaron o Tratado de Sinchulu, baixo o cal Bután recibiría un subsidio anual a cambio de ceder algo de fronteiras. Baixo a influencia británica, estabeleceuse unha monarquía en 1907; tres anos despois, asinouse un tratado onde os británicos acordaron non interferiren nos asuntos internos butaneses e Bután permitiu a Gran Bretaña dirixir os seus asuntos exteriores. Este rol foi asumido pola India independente logo de 1947. Dous anos despois, un acordo formal indo-butanés devolveu as áreas de Bután anexadas polos británicos, formalizou os subsidios anuais que recibira o país, e definiu as responsabilidades da India na defensa e relacións exteriores.
Artigo destacado
editar
O Druk Gyalpo (en dzongkha: འབྲུག་རྒྱལ་པོ་; literalmente " Rei Dragón" ou o Rei de Bután) é o xefe de estado do Reino de Bután. En lingua dzongkha, Bután é coñecido como Drukyul, que quere dicir "A terra do dragón do trono". Deste xeito, os reis de Bután son coñecidos como Druk Gyalpo ("Rei Dragón"), e os butaneses chámanse a si mesmos drukpa, que quere dicir "pobo do dragón".
O actual gobernante de Bután é Jigme Khesar Namgyel Wangchuck, o quinto Druk Gyalpo. Leva a Coroa do corvo, que é a coroa oficial que levan os reis de Bután. O seu tratamento é de "Mi'wang 'Ngada Rimboche" ("A súa Maxestade") e como "'Ngada Rimboche" ("A vosa Maxestade").
O rei Jigme Khesar é o segundo monarca máis novo do mundo. Ascendeu ó trono o 6 de novembro de 2008 despois de que o seu pai, Jigme Singye Wangchuck, abdicase no seu favor.
Os Reis Dragón de Bután:
Lugar de interese
editar
Taktshang é un mosteiro en Bután, Asia. Está localizado nun cantil a 3.120 de altura e 700 metros até o fondo do val. O nome significa Niño do Tigre. O mosteiro inclúe sete templos. Taktshang atópase inmerso nun proceso de restauración debido aos danos provacados por un incendio recente. O acceso a este soamente é posíbel a pé ou subido nunha mula.
Artigos de calidade (0)
Artigos bos (0)
Portais relacionados
|