Romanía (en romanés: România, [romɨˈni.a] (AFI), escoitar) é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Está localizado na intersección de Europa Central e dos Balcáns, e costeiro do mar Negro.
Limita con Hungría e Serbia ao oeste, Ucraína e Moldova ao nordeste e ao leste, e Bulgaria ao sur. Con 238 391 km², Romanía é o noveno país máis grande da Unión Europea por área, e conta coa sétima maior poboación da Unión Europea con máis de 19 millóns de habitantes. A súa capital e cidade máis poboada é Bucarest, a décima cidade máis grande da Unión Europea.
Romanía uniuse á OTAN o 29 de marzo de 2004, e á Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007. Tamén é membro da Unión Latina, a Francofonía, a OSCE, a OMC, a BSEC e as Nacións Unidas. Hoxe en día, Romanía é un Estado unitario cunha república semipresidencial, na que o poder executivo componse do presidente e do Goberno. Romanía e Moldova son os únicos países de Europa Oriental cuxas linguas son romances.
|
Artigo destacado
editar
A Revolución Romanesa de 1989 foi unha serie de conflitos e enfrontamentos nos derradeiros días de decembro de 1989. A conclusión deste episodio da historia de Romanía foi o final do réxime stalinista de Nicolae Ceauşescu. Os actos violentos que aconteceron en varias localidades romanesas naqueles días conduciron ao ditador ao abandono do poder e a súa fuxida de Bucarest, en compañía da súa dona, Elena Ceauşescu. Prendidos en Târgovişche, foron axuizados por un tribunal militar creado ex-profeso baixo os cargos de xenocidio, danos á economía nacional e abuso do poder para executar accións militares contra o pobo romanés. Achados culpables de tódolos cargos, foron executados o 25 de decembro de 1989. Romanía foi o único país do Bloque do Leste onde a transición dende o Estado socialista a un de mercado implicou a execución dos líderes do país.
O número total de mortes na Revolución Romanesa foi de 1.104, dos que 162 falecementos aconteceron nas protestas que puxeron punto final ao réxime de Nicolae Ceauşescu (protestas ocorridas do 16 ao 22 de decembro de 1989) e as restantes 942 nos disturbios ocorridos antes da toma do poder por parte dunha nova estrutura política, chamada Fronte de Salvación Nacional (FSN). A maioría das mortes ocorreron en cidades como Timişoara, Bucarest, Sibiu e Arade, onde as protestas acadaron magnitudes maiores. O número de feridos chegou a 3.352, dos que 1.107 corresponden ao período no que Ceauşescu aínda detentaba o poder, e os restantes 2.245 corresponden ao período posterior á toma do poder por parte da Fronte de Salvación Nacional.
Cidade destacada
editar
Constancia (en romanés: Constanța, pronunciado /kon'stan.ʦa/), é unha cidade de Romanía, a máis grande do condado homónimo e a capital do distrito homónimo. Antigamente chamada Kustendje ou Tomis, acolle o porto máis grande do país, no mar Negro. É a cidade máis grande de Dobruja e a capital do distrito de Constancia.
Constancia é unha das cidades máis antigas de Romanía. A cidade foi conquistada polos romanos no 71 a. C. e rebautizada como Flavia Iulia Constantia en honor á irmá do emperador Constantino o Grande. Durante o século XIII, o Gran Mar (como se chamaba entón ao mar Negro) estaba dominado por comerciantes italianos de Xénova, que axudou ao desenvolvemento da cidade. Posteriormente sufriu un declive baixo o dominio otomán, converténdose nunha simple vila habitada por pescadores gregos e criadores de cabalos e ovellas tártaros. Constancia volveu ser unha cidade logo da construción do ferrocarril Cernavoda-Constancia e o porto, en 1865. Logo da Guerra da Independencia ( 1877 - 1878 ), cando Dobrogea pasou a formar parte de Romanía, Constancia, o principal porto do estado, creceu continuamente, ocupando este papel ata hoje.
Categorías
editar
Queres atopar artigos relacionados con Romanía? Proba buscando nas seguintes categorías:
Biografía destacada
editar
Angela Gheorghiu (nome real Angela Burlacu), nada o 7 de setembro de 1965 en Adjud ( Romanía), é unha soprano romanesa. Dende o seu debut profesional en 1990 na Opera Națională Română din Cluj-Napoca en 1990 ten interpretado os papeis principais de numerosas óperas na Metropolitan Opera de Nova York, a Royal Opera House de Londres, a Wiener Staatsoper de Viena, o Teatro alla Scala de Milán, e moitos outros teatros de ópera de Europa e os Estados Unidos. Ten unha abundante discografía, principalmente cos selos EMI Classics e Decca, e é especialmente coñecida polas súas interpretacións de óperas de Giacomo Puccini, se ben é considerada a raíz das súas interpretacións de La traviata de Giuseppe Verdi como unha das mellores Violetta do mundo.
Gheroghiu casou, cando aínda era estudante, co enxeñeiro hidráulico Andre Gheorghiu, de quen tomou o apelido e conservou logo de divorciarse del por consello da súa discográfica. Posteriormente coñeceu ao tenor francés, coa que contraeu matrimonio en 1996, divorciándose del en 2009.
Imaxe destacada
Sabías que...?
editar
- ...o delta do Danubio en Romanía é o segundo maior e mellor conservado de Europa?
- ...Timișoara foi a primeira cidade europea en ter postes eléctricos?
- ...Romanía renomeou a súa moeda, o leu, en xullo de 2005, de modo que 10 mil antigos leus eran igual a 1 novo leu?
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (1)
Artigos bos (0)
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|
|
|