Sibiu
Coordenadas: 45°47′00″N 24°08′00″L / 45.78333, -24.13333
Sibiu (en alemán Hermannstadt, en húngaro Nagyszeben) é a capital da Provincia de Sibiu, Romanía. É o centro cultural dos saxóns da Transilvania e comparte un vínculo moi estreito e forte coa cidade de Braşov.
Sibiu | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vistas da cidade | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Condado | Condado de Sibiu | |
Concello | Concello de Sibiu | |
Xeografía | ||
Altitude | 415 msnm | |
Superficie | 121 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 147.245 hab. (2011) | |
Densidade | 1.135 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | 55xxxx | |
Alcalde | Klaus Johannis (PNL) | |
Páxina oficial de Sibiu |
Na actualidade, máis do 95% dos habitantes son romaneses, os húngaros e os alemáns son dúas importantes minorías. O actual alcalde da cidade, Klaus Johannis, que foi elixido no 2004 cun 88,7% dos votos, é de orixe xermana.
Sibiu posúe un importante centro histórico medieval moi interesante e ben conservado, declarado no 2004 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A cidade posúe un aeroporto internacional (co código IATA SBZ), con conexións diarias a Bucarest, Italia e Alemaña.
No ano 2007 Sibiu foi xunto con Luxemburgo a Capital Europea da cultura, feito polo cal a cidade foi escenario de importantes mostras culturais de diversos tipos.
Cidades irmásEditar
Predecesor: Patras |
Capital Europea da cultura xunto con Luxemburgo 2007 |
Sucesor: Liverpool Stavanger |