Stavanger
Coordenadas: 58°57′48″N 5°43′8″L / 58.96333, -5.71889
Stavanger (pronunciado en noruegués [ˈstɑˈʋɑŋər] (axuda · info)) é unha cidade da Noruega situada no condado de Rogaland, do que é capital administrativa. A área metropolitana inclúe tamén os concellos de Sola, Randaberg e Sandnes, acadando así unha poboación de 171.343 habitantes.
Stavanger | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vistas da cidade | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Condado | Rogaland | |
Distrito | Jæren | |
Municipio | Stavanger | |
Xeografía | ||
Superficie | 71 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 126.469 hab. (2011) | |
Densidade | 1.800 hab/km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Christine Sagen Helgø | |
Páxina oficial de Stavanger |
HistoriaEditar
Stavanger adquiriu a súa titularidade de cidade no ano 1125, no momento de construción da súa catedral. Cara ao ano 1100, a cidade converteuse nun centro administrativo e comercial importante. En 1536, coa reforma, o peso relixioso de Stavanger esmoreceu. As actividades tradicionais de Stavanger son o transporte marítimo, a construción naval e a industria conserveira.
Stavanger na actualidade é a capital da industria petroleira Noruega. Foi a partir de mediados da década de 1970 cando a industria do petróleo converteuse no primeiro sector de actividade da rexión. A maior compañía petroleira de Stavanger é Statoil.
Stavanger foi elixida como a capital europea da cultura en 2008, compartido a capitalidade coa cidade de Liverpool. En Stavanger reconstruíronse grandes zonas do centro urbano para o acontecemento.
Boroughs/BarriosEditar
Stavanger está dividida en sete boroughs.
Cidades irmásEditar
Predecesor: Sibiu Luxemburgo |
Capital Europea da cultura xunto con Liverpool 2008 |
Sucesor: Vilnius Linz |
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Stavanger |
Ligazóns externasEditar
- Páxina web de Stavanger (en noruegués)
- Stavanger Guide Maps Plano da cidade de Stavanger
- Sitio web oficial do concello de Stavanger
- Sitio web oficial de Stavanger Capital Europea da Cultura 2008
- Region Stavanger Websites oficiais da rexión de Stavanger