Houston, Texas
Houston (pronunciado en inglés /ˈhjuːstən/) é unha cidade do estado de Texas nos Estados Unidos. É a cidade máis grande de Texas e a cuarta máis grande dos Estados Unidos. Nas estimacións do censo de 2007 a cidade contaba cunha poboación de 2,2 millóns de habitantes nunha área de 1.600 km². Houston é a capital do condado de Harris e o centro económico da área metropolitana Houston–Sugar Land–Baytown (o Gran Houston).
Alcume | Space City | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Sam Houston | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Texas | ||||
Condado | Condado de Harris (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.304.580 (2020) (1.336,34 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 874.827 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Grande Houston (pt) (Poboación:7.122.240) | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.724,544507 km² | ||||
Auga | 4,4473 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 13 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Augustus Chapman Allen (pt) e John Kirby Allen (pt) | ||||
Creación | agosto de 1836 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | John Whitmire (pt) (2024–) | ||||
Órgano lexislativo | Houston City Council (en) , (Escano: 16) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 77000–77099, 77200–77299, 77000, 77002, 77007, 77009, 77011, 77013, 77015, 77018, 77021, 77024, 77027, 77030, 77034, 77038, 77042, 77045, 77048, 77049, 77052, 77057, 77061, 77065, 77069, 77072, 77075, 77079, 77081, 77083, 77087, 77091, 77094, 77099, 77203, 77206, 77208, 77211, 77216, 77220, 77224, 77228, 77229, 77231, 77233, 77236, 77240, 77243, 77246, 77249, 77250, 77253, 77258, 77260, 77263, 77266, 77268, 77273, 77276, 77279, 77280, 77282, 77285, 77287, 77290, 77291, 77295 e 77298 | ||||
Prefixo telefónico | 281, 832 e 713 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | houstontx.gov | ||||
É alcumada "Bayou City", "Clutch City", "H-Town", "Screwston ", "Magnolia City" e "Space City".
Foi fundada o 30 de agosto de 1836 polos irmáns Augustus Chapman Allen e John Kirby Allen nunha zona próxima ao Buffalo Bayou.[1] A cidade incorporouse o 5 de xuño de 1837 e recibiu o seu nome do daquela presidente da República de Texas, o antigo xeneral Sam Houston, quen comandara a Batalla de San Xacinto. Dita contenda tivera lugar a 40 km ao leste de onde a cidade foi establecida.
O crecente porto e a industria do ferrocarril, combinado co descubrimento de petróleo en 1901, provocou continuos incrementos repentinos de poboación na cidade. A mediados do século XX, Houston converteuse na base do Texas Medical Center, a maior concentración de institucións de investigación e de saúde do mundo, e do Centro espacial Lyndon B. Johnson da NASA, onde se sitúa o Centro de Control de Misión.
Considerada como unha cidade global beta,[2] a economía de Houston posúe unha ampla base industrial na enerxía, manufacturación, aeronáutica, transporte, saúde e un importante centro para a creación de equipos petrolíferos; só Nova York posúe máis sedes de empresas Fortune 500 nos límites da súa cidade.[3] O porto de Houston sitúase de primeiro nos Estados Unidos en tonelaxe manexada en augas internacionais o o segundo en tonelaxe total de carga manexada.[4].
É famosa pola industria petroquímica, o canal de naves, o centro médico e o programa espacial. Moitos hispanos trasladáronse a Houston a buscar emprego, dando lugar a unha importante poboación hispana na metrópole. Ten ademais importantes poboacións asiática e surafricana.
Entre as atraccións máis destacables da cidade atópanse o centro comercial Houston Galleria, a Illa de Galveston e o centro da NASA.
Historia
editar- Artigo principal: Historia urbana de Houston.
Despois de que a capital Harrisburg fose arrasada por Antonio López de Santa Anna, os irmáns John Kirby Allen e Augustus Chapman Allen, dous empresarios de Nova York, compraron 6.642 acres (27 km²) de terra preto de Buffalo Bayou, a 1,40 dólares o acre, coa intención de fundar unha cidade situada a unhas cinco millas ao norte de Harrisburg.[5][6]
A escritura asinouse o 26 de agosto de 1836,[6] e o 30 de agosto de 1836 os irmáns Allen publicaron un anuncio no Telegraph and Texas Register para captar habitantes para a nova cidade.[1] A resposta foi tal, que antes de producirse a compra, xa existía unha cidade con tendas de campaña e casas feitas con taboleiros de madeira.[6] Os irmáns decidiron bautizar á cidade Houston, na honra de Samuel Houston, vencedor da batalla de San Xacinto, e que foi elixido Presidente de Texas en setembro de 1836.[1]
Concedéuselle a incorporación ao Estado o 5 de xuño de 1837, e o seu primeiro alcalde foi James S. Holman.[1] Ese mesmo ano converteuse na sede do condado de Harrisburg (agora condado de Harris) e, trala petición do seus fundadores, na capital da República de Texas.[1][6] En 1840 fundouse unha cámara de comercio, en parte para promocionar a navegación e os negocios fluviais no recentemente creado porto no Buffalo Bayou.
Xeografía
editarSegundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha superficie total de 1,558.4 km², o que comprende 1,500.7 km² de terra e 57,7 km² de auga. A maior parte de Houston atópase na planicie costeira do golfo, e a súa vexetación está clasificada como de pradeiras e bosques temperados. Gran parte da cidade foi construída sobre terras forestais, marismas, pantanos ou prados, que son aínda distinguibles nas zonas circundantes. As chairas do terreo local, combinado coa dispersión urbana, fixo que as inundacións sexan un problema recorrente na cidade.[7] O centro da cidade está a uns 15 metros sobre o nivel do mar,[8] e o punto máis alto, ao noroeste de Houston, é de aproximadamente 38 metros de altitude.[9][10] A cidade tivo que recorrir ás augas subterráneas para cubrir as súas necesidades, mais a subsidencia da terra obrigou á cidade a ter que empregar fontes de auga como as do Lago Houston e o Lago Conroe.[1][11]
Houston posúe catro grandes bayous que pasan pola cidade. Buffalo Bayou, que pasa polo centro e a Canle de Navegación de Houston cos seus tres afluentes: White Oak Bayou, que corre a través de barrio Houston Heights e vai cara ao centro; Braes Bayou, que discorre ao longo do Texas Medical Center, r Sims Bayou, que pasa polo sur e centro de Houston. O canal navegable continúa pasando a Baía de Galveston e a Illa de Galveston en dirección ao golfo de México.
A rexión cerca da costa chámase a Área da Baía de Galveston, unha rexión de marismas e praias. Unha pequena parte da cidade (Clear Lake) áchase nesta rexión.
Xeoloxía
editarHouston aséntase sobre estratos de arxila non consolidada, xistos arxilosos e area con baixa cementación que se estenden por varias millas de profundidade. A xeoloxía da rexión formouse a partir dos depósitos de sedimentos fluviais formados pola erosión das Montañas Rochosas. Estes sedimentos consisten nunha serie de areas e arxilas depositadas en conxunto con materia orgánica en descomposición que, co tempo, transformouse en petróleo e gas natural. Baixo os estratos sedimentarios aparece unha capa de halita, sal de rocha, depositada polas augas. A porosidade das capas comprímese no tempo e estas son forzadas cara a arriba. Ao subir, a halita xerou formacións de domos de sal, atrapando os sedimentos circundantes e en particular, ao petróleo e ao gas que se filtraron das areas porosas adxacentes. O solo superficial é espeso, rico, de cor escura até chegar á negra nalgúns sectores, apto para o cultivo de arroz que se practica nos suburbios das aforas da cidade, cara onde continúa expandíndose.[12][13]
A área de Houston ten máis de 150 fallas activas (en total estímanse 300 fallas activas),[14] cunha lonxitude total de até 500 km,[15][16] incluíndo o sistema de fallas de Long Point-Eureka Heights, que atravesa o centro da cidade. Non se rexistraron terremotos historicamente en Houston, mais os investigadores non descartan a posibilidade de que si se produciran nun pasado distante, nin de que poidan ocorrer no futuro.[17]
Clima
editarHouston ten un clima húmido subtropical, clasificado como Cfa no sistema de clasificación de Köppen. As tormentas supercélula primaverais causan, a miúdo, tornados na zona. Os ventos predominantes son do sur e sueste durante a maior parte do ano, o cal provoca calor en todo o continente procedente dos desertos de México e a humidade do golfo de México.[18]
Durante os meses de verán é común que a temperatura ascenda a máis de 32 °C, cun termo medio de 99 días por ano por encima desa temperatura.[19][20] Non obstante, a humidade tradúcese nun índice de calor superior á temperatura real. O termo medio estival pola mañá é de máis do 90 por cento de humidade relativa e aproximadamente do 60 por cento pola tarde.[21] A temperatura en Houston durante o verán adoita ser similar á media das temperaturas tropicais de cidades como Manila ou Cidade de Panamá.[21] Os ventos son moi agradecidos no verán, mais ofrecen pouco alivio, excepto cerca da costa.[22] Para facer fronte á calor, a xente usa o aire acondicionado en case todos os vehículos e edificios da cidade. De feito, en 1980, Houston era descrita como a cidade "máis ventilada da Terra".[23] As tormentas pola tarde son comúns na cidade durante o verán. A temperatura máis calorosa rexistrada en Houston foi de 43 °C, o 4 de setembro de 2000.[24]
Os invernos na cidade texana son suaves ou frescos. O termo medio de máximas en xaneiro, o mes máis frío, é de 16 °C, mentres que o termo medio de mínimas baixa aos 5 °C. A neve é moi pouco habitual, en xeral. A temperatura máis fría xamais rexistrada en Houston foi de -15 °C o 23 de xaneiro de 1940.[25] Houston recibe unha gran cantidade de chuvias ao ano, cun termo medio de 2,4 metros anuais. Estas choivas adoitan causar inundacións en amplas partes da cidade. O 13 de setembro de 2008, o furacán Ike tocou terra en Galveston, converténdose no terceiro furacán máis destrutivo rexistrado, por detrás do Katrina e do Andrew.
Houston ten excesivos niveis de ozono e encóntrase entre as cidades máis contaminadas dos Estados Unidos.[26] O ozono a nivel do chan, ou a néboa tóxica, é un dos problemas predominantes de contaminación atmosférica en Houston e a Asociación Americana do Pulmón clasificou a área metropolitana como a 6º con peor nivel de ozono nos Estados Unidos no 2006.[27] As industrias situadas ao longo da canle navegable son unha causa importante da contaminación do aire da cidade.[28]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 McComb, David G. (19 de xaneiro de 2008). Texas State Historical Association, ed. ""Houston, Texas"". Handbook of Texas Online (en inglés). Consultado o 22-III-2010.
- ↑ "GaWC - The World According to GaWC 2008". Globalization and World Cities Research Network (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2016. Consultado o 22-III-2010.
- ↑ "Fortune 500 2008: Cities" (en inglés). Consultado o 22-III-2010.
- ↑ U.S. Port Ranking by Cargo Volume 2004 Arquivado 07 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.. Port Industry Information, American Association of Port Authorities. 2004.
- ↑ "History of Houston" (en inglés). The University of Texas at Austin, Elderhostel Program. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Looscan, Adele B. Southwestern Historical Quarterly Online, ed. "IV. The Beginnings of Houston" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2010.
- ↑ Flood Forecasting for the Buffalo Bayou Using CRWR-PrePro and HEC-HMS Arquivado 04 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.. Center for Research in Water Resources, The University of Texas at Austin.
- ↑ Downtown Houston, Texas Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.. TopoQuest.com.
- ↑ USGS Satsuma (TX) Topo Map Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.. TopoQuest.com. 2008.
- ↑ Super Neighborhood# 1-Willowbrook Arquivado 15 de decembro de 2006 en Wayback Machine.. City of Houston.
- ↑ HOUSTON-GALVESTON, TEXAS Managing Coastal Subsidence United States Geological Survey.
- ↑ Harris County. Handbook of Texas Online.
- ↑ RICE CULTURE. Handbook of Texas Online.
- ↑ "Mapping Active Faults in the Houston Area using LIDAR Data". docplayer.net. Consultado o 2022-02-12.
- ↑ Earl R. Verbeek, Karl W. Ratzlaff, Uel S. Clanton. "Faults in Parts of North-Central and Western Houston Metropolitan Area, Texas", United States Geological Survey, 2005.
- ↑ Principal Active Faults. Houston Area, Texas Arquivado 05 de decembro de 2009 en Wayback Machine., U.S. Department of Agriculture, 1984.
- ↑ Texas Earthquakes Arquivado 15 de xullo de 2007 en Wayback Machine., University of Texas Institute for Geophysics, July 2001.
- ↑ "Weather Stats". Greater Houston Convention and Visitors Bureau. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2008. Consultado o 22-III-2010.
- ↑ "Monthly Averages for Houston, Texas Arquivado 03 de decembro de 2010 en Wayback Machine.", The Weather Channel.
- ↑ "National Climatic Data Center Arquivado 10 de decembro de 2006 en Wayback Machine.", National Oceanic and Atmospheric Administration, Departamento de Comercio dos Estados Unidos, 2004-06-23.
- ↑ 21,0 21,1 "Average Relative Humidity Arquivado 09 de decembro de 2006 en Wayback Machine.", Department of Meteorology at the Universidad de Utah.
- ↑ WIND - AVERAGE SPEED (mph) Arquivado 09 de decembro de 2006 en Wayback Machine.. Department of Meteorology, Universidad de Utah. 1993.
- ↑ A MOMENT IN BUILDING Arquivado 06 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.. BLUEPRINTS, Volume X, Number 3, Summer 1992. National Building Museum..
- ↑ "History for Houston Intercontinental, Texas on Monday, September 4, 2000", Weather Underground, 2000-09-04.
- ↑ Houston Extremes Data and Annual Summaries. National Weather Service, National Oceanic and Atmospheric Administration. 2007.
- ↑ "State of the Air 2005, National and Regional Analysis Arquivado 19 de maio de 2008 en Wayback Machine.", American Lung Association, 2005-03-25.
- ↑ "State of the Air 2006, 25 Most Ozone-Polluted Cities Arquivado 11 de maio de 2009 en Wayback Machine.", American Lung Association.
- ↑ "Summary of the Issues Arquivado 09 de xuño de 2008 en Wayback Machine.", Citizens League for Environmental Action Now , 2004.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Houston, Texas |
Ligazóns externas
editarListaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Nova York Os Ánxeles Chicago | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Nova York | Nova York | 8.622.698 | 11 | Austin | Texas | 950.715 | |||
2 | Os Ánxeles | California | 3.999.759 | 12 | Jacksonville | Florida | 892.062 | |||
3 | Chicago | Illinois | 2.716.450 | 13 | San Francisco | California | 884.363 | |||
4 | Houston | Texas | 2.312.717 | 14 | Columbus | Ohio | 879.170 | |||
5 | Phoenix | Arizona | 1.626.078 | 15 | Fort Worth | Texas | 874.168 | |||
6 | Filadelfia | Pensilvania | 1.580.863 | 16 | Indianapolis | Indiana | 863.002 | |||
7 | San Antonio | Texas | 1.511.946 | 17 | Charlotte | Carolina do Norte | 859.035 | |||
8 | San Diego | California | 1.419.516 | 18 | Seattle | Washington | 724.745 | |||
9 | Dallas | Texas | 1.341.075 | 19 | Denver | Colorado | 704.621 | |||
10 | San Jose | California | 1.035.317 | 20 | Washington, D.C. | Distrito de Columbia | 693.972 | |||
Datos do censo de 2017.[1] |