Jacksonville, Florida
Coordenadas: 30°20′13″N 81°39′41″O / 30.33694, -81.66139
Jacksonville é unha cidade estadounidense localizada no condado de Duval, Florida. Segundo o censo do 2007 ten 805.605 habitantes, o que a converte na cidade máis poboada de Florida e a duodécima dos Estados Unidos. O seu nome provén do primeiro gobernador territorial de Florida e sétimo presidente dos Estados Unidos, Andrew Jackson.
Jacksonville, Florida | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vistas da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | Florida | ||
Condados | Condado de Duval | ||
Xeografía | |||
Altitude | 5 msnm | ||
Superficie | 2.265 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 836.507 hab. (2012) | ||
Densidade | 424,8 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 32099, 32201–32212, 32214–32241, 32244–32247, 32250, 32254–32260, 32266, 32267, 32277, 32290 | ||
Alcalde | Alvin Brown (D) | ||
Páxina oficial de Jacksonville |
HistoriaEditar
A área ocupada pola actual cidade estivo orixinariamente habitada polo pobo Timucua, ata que no 1564 pasou a formar parte da colonia francesa de Fort Caroline, un dos primeiros asentamentos europeos no que hoxe son os Estados Unidos continentais. Máis tarde foi ocupada polos británicos que lle deron o nome de Cowford (Vao das Vacas) a partir do nome indíxena Wacca Pilatka. No 1822, un ano despois de que os Estados Unidos adquirisen Florida a España, foi renomeada coa súa denominación actual, Jacksonville.
As melloras no seu porto efectuadas dende o século XIX fixeron de Jacksonville un importante porto civil e militar, existindo actualmente dúas bases da Armada dos Estados Unidos.
IrmandamentosEditar
Jacksonville está irmandada coas seguintes cidades: