Halita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
A halita[1] (tamén chamada sal xema[2] ou sal de rocha) é un mineral da clase dos haluros cuxa fórmula química é NaCl (39,3% de sodio e 60,7% de cloro). É pois, un mineral composto na súa totalidade por cloruro de sodio.
Halita | |
---|---|
Cubo imperfecto de halita | |
Fórmula química | NaCl |
Clase | Haluros |
Sistema cristalino | Cúbico |
Cor | Incolora, branca, amarela, vermella, gris e azul |
Brillo | Vítreo algo mate |
Dureza | 2 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Perfecta, en cubos |
Raia | Branca |
Densidade | 2,1-2,2 g/cm3 |
Aspecto
editarNa súa forma cristalina adopta a figura dun cubo. Tamén aparece formando masas e máis rara vez en forma de octaedros. A súa coloración varía segundo as impurezas que teña na súa composición.
Lugares onde se atopa
editarA halita é un mineral moi abundante en terreos sedimentarios, pérmicos, triásicos e terciarios. Xace en capas, alternándose con xeso e as arxilas, impregnando margas (chamadas por isto salíferas). Encóntrase disolta en altas cantidades na auga do mar e nalgunhas lagoas chamadas salinas coma as de Torrevieja (Alacant) e San Carlos de la Rápita (Tarragona).
Usos da halita
editarA halita é utilizada na industria química como fonte de sodio e cloro e para fabricar sosa e ácido clorhídrico, na cociña como condimento e conservante de alimentos, na agricultura como fertilizante e no gando como alimento para animais.
Propiedades
editarÉ soluble en auga e de sabor salgado.
Outros haluros
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editar- ↑ Definición de halita no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sal. Ver Frases e expresións con sal.