Silvina
A silvina (tamén chamada silvita) é un mineral da clase dos haluros cuxa fórmula química é KCl. É pois, un mineral composto na súa totalide por cloruro de potasio.
Silvina | |
---|---|
Silvina alaranxada | |
Fórmula química | KCl |
Clase | Haluros |
Sistema cristalino | Cúbico |
Cor | Incolora, branca, amarela, alaranxada e parda |
Brillo | De vítreo a graxo |
Dureza | 2 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Perfecta, en cubos |
Raia | Branca |
Densidade | 1,99 g/cm3 |
AspectoEditar
Coma a halita, a silvina cristaliza no sistema cúbico polo que adopta xeralmente forma cúbica, aída que adoita ser máis frecuente que se presente en masas incoloras ou diversamente coloreadas pola presenza de substancias estrañas.
Lugares onde se atopaEditar
Acompaña á halita en moitos dos seus xacementos, en capas e bolsas dentro dela. Suria, Cardona e Sallent (en Barcelona) son lugares tipicamente ligados á silvina pola súa frecuente presenza.
Usos da silvinaEditar
A silvina é unha das fontes principais de compostos de potasio, empregados coma fertilizantes.
PropiedadesEditar
É soluble en auga e de sabor amargo.