Fluorita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
A fluorita[1][2] ou espatoflúor[3] é un mineral da clase dos haluros formado pola combinación do calcio e o flúor, de fórmula CaF2 e que cristaliza no sistema cúbico.
Fluorita | |
---|---|
Fluorita | |
Fórmula química | CaF2 |
Clase | Haluros |
Sistema cristalino | Cúbico |
Cor | Toda a gama agás o negro |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 4.0 (Mohs) |
Fractura | Xeométrica |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 3,18 g/cm³ |
Aspecto
editarA fluorita é un mineral moi difundido na natureza. Aparece en estruturas de xeodas ou drusas ocupando as fisuras e cavidades. No seu estado puro é incolora e transparente, pero na maioría dos casos presenta diversas coloracións debidas a impurezas orgánicas ou minerais; as máis habituais van do lila ó violeta, pero a fluorita tamén pode ser azul, verde, rosa, alaranxada, amarela ou de tons menos definidos. Moitas variedades mostran tamén fluorescencia.
Adóitanse presentar con forma de cristais de hábito cúbico moi ben formados, na maioría dos casos maclados. As demais formas son raras pero poden obterse octaedros por medio da exfoliación. A fluorita aparece tamén de forma masiva, compacta e granular.
-
Fluorita morada
-
Fluorita parda
-
Fluorita violeta
Localizacións
editarEste mineral acostuma encontrarse en vetas puras ou asociado con minas de chumbo, prata ou cinc. É común en calcarias e en dolomitas e, nalgunhas ocasións, é un mineral accesorio en pegmatitas e noutras rochas ígneas.
A fluorita é típica de España, Rusia, Inglaterra, China, Estados Unidos, México, Namibia e Alemaña. España é un importante produtor de fluorita. Os principais xacementos encóntranse en Asturias e Cantabria.
Usos
editarAínda que as variedades cristalinas son utilizadas para esculpir materiais ornamentais e a variedade clorofano utilízase como xema, o uso principal da fluorita foi sempre a produción do ácido fluorhídrico, material esencial na fabricación de fluoruro de aluminio para a industria do aluminio, e noutras moitas aplicacións da industria química. A fluorita é un fluxo común na fundición de aceiro e úsase en grandes cantidades na produción de esmalte e de vidro translúcido; os cristais perfectos utilízanse na fabricación de lentes apocromáticas.
Outros haluros
editarOutros haluros importantes son a halita, de interese culinario, e a silvina.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fluorita.
- ↑ "fluorita". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.
- ↑ "espatoflúor". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.