Abrir o menú principal

Charlotte, Carolina do Norte

Coordenadas: 35°13′37″N 80°50′36″O / 35.22694, -80.84333

Charlotte, Carolina do Norte
Charlotte collage.jpg
Vistas da cidade
Localización
Charlotte en Estados Unidos
Charlotte
Charlotte
Charlotte en Carolina do Norte
Charlotte
Charlotte
PaísFlag of the United States.svg Estados Unidos de América
EstadoCarolina do Norte
CondadosMecklenburg
Xeografía
Altitude229 msnm
Superficie771 km²
Demografía
Poboación775.202 hab. (2012)
Densidade948,67 hab/km²
XentilicioCharlottean
Outros datos
Código postal28201-28237, 28240-28247, 28250, 28253-28256, 28258, 28260-28262, 28265-28266, 28269-28275, 28277-28278, 28280-28290, 28296-28297, 28299
AlcaldePatrick Cannon (D)
Páxina oficial de Charlotte

Charlotte é a cidade máis grande de Carolina do Norte nos Estados Unidos. Situada no piemonte dos Apalaches, ó leste do val do río Catawba xunto a fronteira con Carolina do Sur. Importante nó de comunicacións, hoxe constitúe o centro fabril, comercial e financeiro dá ampla rexión que a circunda entre Washington, D.C. e Atlanta. Charlotte é coñecida como un centro financeiro, xa que dous dos bancos máis grandes de Estados Unidos (Wachovia & BankAmerica) teñen a súa sede corporativa na cidade.

XeografíaEditar

De acordo coa Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área de 629 km², dos cales 627,5 km² son terreos sólidos e os restantes 1,6 km², auga (0,25%).

ClimaEditar

Está situada na zona de clima húmido subtropical. Ten invernos moderados e veráns quentes e húmidos. Durante o mes de xaneiro, as temperaturas mínimas polas mañás son, de media, 0 °C e as medias máximas son 11 °C. En xullo, as medias oscilan entre 22 e 32 °C. Recibe uns 1.105 mm de choiva ao ano.

HistoriaEditar

En 1755, na intersección de dous sendeiros comerciais indios ao pé dos Apalaches preto do río Catawba, Thomas Polk construíu a súa casa. A ruta NL-SO era parte ademais da Great Wagon Road, principal comunicación do tempo entre Pensilvania e as Carolinas. Cos anos converteuse na rúa Tryon e a SL-NO na rúa Trade, configurando no cruceiro The Square (Independence Square), o centro da actual cidade. Foi en 1770 cando se deseñou a cuadrícula de desenvolvemento sobor deses eixos da poboación que, dous anos antes en 1768, fora nomeada coma Charlotte (en honor da raíña consorte de Xurxo III) [1][2]. Ese cruzamento das dúas rúas configuraba catro cuadrantes, catro distritos ou wards, que ata hoxe articulan o uptown da cidade [3].

Permaneceu dentro dos límites da cuadrícula inicial coma pequena vila, centro dunha área eminentemente rural, ata mediados do século XIX. E mesmo despois da Guerra Civil, cun gran crecemento coma centro ferroviario e de procesamento do algodón, soamente acadaba os 7.000h en 1880 e 18.000h en 1900 [4][5].

O crecemento continuou de maneira lenta e progresiva durante a primeira metade do século XX [6], pero o verdadeiro salto de Charlotte para se converteres na metrópole da rexión entre Washington e Atlanta (Carolina), veu da man da súa conversión en centro bancario a nivel nacional nos anos setenta e oitenta [7].

Área metropolitanaEditar

A poboación de Charlotte é de 594.359 habitantes, de acordo cun estimado do censo estadounidense do 2004. A zona metropolitana de Charlotte-Gastonia-Salisbury está composta dos condados de Mecklenburg, Gaston, Lincoln, Cabarrus, Union, Iredell, Cleveland, Anson, Rowan e Stanly en Carolina do Norte. Cruza a fronteira estatal chegando a Carolina do Sur cos condados de York, Lancaster e Chester. A poboación da área metropolitana é de 1 897 034 habitantes (2004).

DemografíaEditar

En 2004, vivían en Charlotte 614.330 persoas, e 801.137 no conxunto do condado (Mecklenburg). A densidade de poboación de Charlotte é de 861,9 hab/km². A poboación na súa zona metropolitana segundo o censo do 2000 era de 1,5 millóns de habitantes. Segundo estudos, a poboación do condado de Mecklenburg para o 2010 alcanzará a cifra de 1 millón de habitantes.

DeporteEditar

Charlotte estivo representada no baloncesto estadounidense polos Charlotte Hornets entre 1998 e 2002, e polos Charlotte Bobcats a partir de 2004. O equipo Carolina Panthers da National Football League ten sede en Charlotte. A cidade tamén está representada en divisións menores do fútbol asociación e o hockey sobre xeo.

Gran parte dos equipos do tres divisións nacionais da NASCAR teñen as súas bases a poucos quilómetros de Charlotte. O tres inclúen no seu calendario o óvalo de Charlotte Motor Speedway. Agora está a vivir en Charlotte o retirado loitador da WWE Ric Flair.

Cidades irmánsEditar

Charlotte ten nove cidades irmáns:

NotasEditar

  1. "Cuadrícula inicial de Charlotte". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 06 de marzo de 2010. 
  2. [1][Ligazón morta]
  3. Mapa do centenario da Independencia cos catro wards do centro da cidade, 1775-1875 [2][Ligazón morta]
  4. "Mapa de Charlotte, 1877". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2012. Consultado o 03 de setembro de 2018. 
  5. Mapa da cidade en 1919
  6. Charlotte en 1935[Ligazón morta]
  7. "Gráfico do crecemento de Charlotte no tempo". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 06 de marzo de 2010. 

Véxase taménEditar