Karachi

Coordenadas: 24°51′26″N 67°0′36″L / 24.85722, -67.01000

Karachi (en urdú: كراچى e en sindhi: ڪراچي) é unha cidade de Paquistán, a maior do país, capital da provincia do Sind. Sitúase a beira do Mar Arábigo, no extremo noroeste do Océano Índico; asemade, na punta noroeste do delta do Indo. Esta privilexiada localización xeográfica fixo de Karachi o porto de acceso a toda a conca do gran río. Ata hoxe en día, en que a cidade é o porto de Paquistán, así coma o seu máis importante centro industrial, comercial, financeiro e cultural.

Karachi
کراچی
ڪراچي
CDGKlogo.png
PK Karachi asv2020-02 img58 Cantonment station area.jpg
O centro de Karachi.
Localización
Karachi en Paquistán
Karachi
Karachi
PaísPaquistán Paquistán
RexiónSindh
Xeografía
Altitude8 msnm
Superficie3.527 km²
Demografía
Poboación13 000 000 hab. (2013)
Outros datos
Código postal74XXX – 75XXX
AlcaldeSyed Mustafa Kamal
Páxina oficial de Karachi

HistoriaEditar

Os datos históricos semellan mostrar que dende os tempos de Alexandre Magno coñécese o extremo occidental do delta do Indo coma bo porto natural. E xa na área de terra firme libre de marismas e mareas asentáronse pescadores, unha das cales, Mai Kolachee segundo a lenda, deu orixe á aldea que con diferentes denominacións derivadas do seu nome ao longo dos séculos, terminaría por nomear a cidade actual.

O forte de KolacheeEditar

Gradualmente, Karachi (Kolachi) iniciou actividades comerciais a través do Mar Arábigo con Musqat e Bahrein. Pertencía daquela (século XVIII) a emiratos locais: primeiro os de Kalhora de Sind e despois ó de Kalat xa coma un pequeno posto comercial.

En 1795 pasou ao poder dos Talpura, os que erixen un pequeno forte na bocana do porto natural, na punta de Manora. Pero non foi suficiente para conter as ansias coloniais da Compañía Británica das Indias Orientais, que xa dende 1799 tiña un posto alí e que en 1839 se fixo co control de Karachi.

Karachi británicaEditar

Xa en 1843, Charles Napier, primeiro gobernador do recentemente anexionado Sindh, trasladou a capital a Karachi. Iniciou a tarefa de construír unha cidade inmediata ao pobo nativo. Comezou coa defensa facendo de Karachi o cuartel xeral do exército na rexión. Ampliou os límites municipais ata os 190 km2 (Karachi vella ocupaba 10).

Como eran evidentes as magníficas condicións do privilexiado porto natural, o seguinte paso foi desenvolvelo coma porto comercial. Drenouse o canal de entrada e construíuse a chamada Mole que unía a cidade co peirao principal en Keamari. A resultas, en breve tempo a cidade converteuse en punto de atracción dun fluxo migratorio dende Mumbai (parsis), Goa, o Kuch, xente con iniciativa en busca de novos negocios (14.000 h. en 1850-60).

En 1861 chegou o ferrocarril, e coa forte demanda de algodón pola guerra civil americana, o incremento do tráfico portuario e a prosperidade. Inda máis coa apertura do Canal de Suez en 1869. Karachi era o punto de saída para toda a rica rexión agrícola da conca do Indo. Novas ampliacións do porto e máis crecemento da cidade que supera os 100.000 habitantes co cambio de século.

Karachi estruturábase ao longo de dous eixos: Bundar, que do leste ao oeste unía ó Mole coa cidade británica bordeando a vella cidade nativa, e Elphinstone, avenida norte-sur da nova cidade.

O estoupido da primeira guerra mundial continuou a beneficiala. En 1914 inaugurouse o East Wharf, un longo peirao contiguo ao Mole. Por entón Karachi era un dos portos maiores e mellores do mundo, verdadeira porta da India co traslado da capitalidade a Delhi. Ademais, foi proclamada capital do Sindh, coma provincia segregada da Presidencia de Mumbai. En 1924 construíuse o principal aeródromo do subcontinente e mesmo un mastro e hangar para dirixibles.

Independencia: capital de PaquistánEditar

En 1947 Karachi foi designada capital do novo estado de Paquistán trala independencia e partición do subcontinente (o seu primeiro presidente, Ali Jinnah, era nado na cidade e a rúa Bundar leva agora o seu nome). O afluxo dunha enorme masa de refuxiados incrementou a poboación e riqueza da urbe.

Pero en 1958 a capitalidade foi transferida ao afastado norte e a cidade comezou un longo período de declive polo abandono das autoridades gobernamentais fronte aos problemas que supuñan o continuo aumento dos inmigrantes das zonas rurais. Karachi pasou de 400.000 habitantes no momento da independencia a máis de doce millóns na actualidade.

Porén, continúa a ser o porto do país e o principal centro económico, industrial e financeiro a máis dunha das maiores cidades do mundo, coa excepcional característica de carecer de área metropolitana, en parte debida a enorme extensión dos seus límites administrativos (3.527 km2).

DemografíaEditar

Ano Poboación urbana

1856 56.875
1872 56.753
1881 73.560
1891 105.199
1901 136.297
1911 186.771
1921 244.162
1931 300.799
1941 435.887
1951 1 068 459
1961 1 912 598
1972 3 426 310
1981 5 208 132
1998 9 269 265
2007 14 500 000
2009 16 000 000[1]

A poboación de Karachi creceu exponencialmente, pasando en algo menos de 100 anos de 186.771 habitantes a 16 000 000 millóns. A media de idade desta masificada poboación é moi baixa, un 37,7% dos habitantes ten menos de 15 anos e os maiores de 50 anos so supoñen o 4,4% do total.

En canto a confesión relixiosa o islam é o predominante, cun 96,45% do total.

A lingua máis común en Karachi é o urdú, a lingua oficial do estado. Porén existen outras linguas con presenza destacábel na cidade. Segundo o censo paquistaní de 1998 a distribución lingüística da cidade é:

TransporteEditar

 
Plano provisional da Karachi Circular Railway.

A cidade de Karachi conta co Aeroporto Internacional Jinnah, antes denominado Aeroporto Internacional Quaid-e-Azam. É o maior aeroporto comercial do país, cun tráfico de dez millóns de viaxeiros ao ano. Tamén é no que máis compañías estranxeiras operar, a maior parte de Oriente Medio e o Sueste asiático.

En canto a dotación portuaría, a cidade conta co maior portos de Paquistán xunto co próximo porto Muhammad Bin Qasim, construído para desconxestionar o porto de Karachi. É un das vías de acceso á países de Ásia central, como Afganistán, que non contan con costa.

Karachi está unida por ferrocarril co resto do país por Pakistan Railways. As dúas maiores estacións da cidade son as de Karachi City Station e Karachi Cantonment Station. A maiores do transporte de pasaxeiros o ferrocarril ten grande importancia na cidade xa que unha gran cantidade das mercancías que entran na cidade polo porto sen despois dela en tren. Na actualidade existen plans para aumentar a rede de ferrocarris urbanos para confeccionar a Karachi Circular Railway de transporte público, que sirva para desconxestionar as estradas e facilite un transporte público rápido.

Cidades irmandadasEditar

NotasEditar

  1. Stefan Helders, World-Gazetteer.com. "Karachi". Arquivado dende o orixinal o 26-06-2013. Consultado o 07-01-2008. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar