Lingua saraiki

lingua de Paquistán

O saraiki (سرائیکی sarā'īkī, ou tamén escrito como siraiki ou seraiki) é unha lingua indoaria do grupo lahnda, falada na metade suroccidental da provincia de Punjab, en Paquistán. Anteriormente era coñecida como multani. O saraiki é altamente intelixible co punjabi estándar[2] co cal comparte unha gran parte do seu vocabulario e morfoloxía. Ao mesmo tempo, é radicalmente diferente en canto á súa fonoloxía[3] (particularmente na falta de tons, a preservación dos aspirados sonoros e o desenvolvemento de consoantes implosivas), e ten importantes características gramaticais en común coa lingua sindhi falada ao sur.[4]

Saraiki
سرائیکی
Outros nomes:Sarā'īkī
Falado en: Paquistán
Rexións: Sur do Punjab
Total de falantes: 26 millóns (2017)[1]
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Noroccidental
    Lahnda
     Saraiki
Escrita: Alfabeto persa
Regulado por: Non regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: skr

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar