Punjab, Paquistán
provincia de Paquistán
![]() | |
Capital | Lahore |
Área | 205.344 km² |
Poboación | 91,379.615 (2012) |
Densidade | 490 hab./km² |
Punjab é unha das catro provincias de Paquistán. Está situada no leste do país, facendo fronteira coa India. Con preto de 100 millóns de habitantes, é a rexión máis poboada e desenvolvida de Paquistán. A súa capital é Lahore, cidade que supera os 10 millóns de habitantes. Outras cidades millonarias en Punjab son Faisalabad, Rawalpindi, Multan e Gujranwala.
O nome da provincia ten a súa orixe no século XVII cando os mongois mesturaron as palabras persas punj (cinco) e āb (auga) facendo referencia ós cinco ríos que percorren o territorio antes de desembocar no río Indo. Hai un Punjab na India, pois a rexión histórica quedou dividida trala separación dos estados indio e paquistaní en 1947.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Punjab, Paquistán |