Manila
Coordenadas: 14°35′N 120°58′L / 14.583, -120.967
Manila é a capital e cidade principal de Filipinas. Localízase na illa de Luzón, á beira da ampla baía do seu nome que se abre ó Mar do Sur da China. Con diferenza é o máis importante centro económico, comercial, industrial, financeiro e cultural do país a máis do seu maior porto. Aínda que a cidade en si ten 1 581 082 habitantes (2000), arrodéase dunha vasta coroa metropolitana que fai da aglomeración resultante unha das maiores do mundo (15 980 000, 2001)
Manila | |||
---|---|---|---|
Maynilà | |||
Imaxes de Manila | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Metro Manila | ||
Xeografía | |||
Altitude | 16 msnm | ||
Superficie | 38,55 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1 652 171 hab. (2010) | ||
Densidade | 42.858 hab/km² | ||
Xentilicio | Manileño/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 0900 - 1096 | ||
Alcalde | Joseph Estrada | ||
www.manila.gov.ph/ |
Había un asentamento musulmán na desembocadura do río Pasig cando, en 1571, arribaron conquistadores españois ao mando de Miguel López de Legazpi que o destruíron, fundando no seu lugar unha colonia amurallada, berce da cidade actual.
HistoriaEditar
A historia de Manila ten os seus antecedentes nos asentamentos comerciais establecidos polos musulmáns moito antes da chegada dos españois, destacando os dous da desembocadura do río Pasig: Tondo ao norte, o máis importante, e Maynilad na beira sur. Comerciaban cos chineses e outras zonas da rexión. Os dous asentamentos estaban fortificados con troncos de palmeira.
Foi coa chegada e toma do poder polos conquistadores españois ao mando de Miguel de Legazpi en 1571, cando estes levantaron un forte na península onde se estendía Maynilad, confinada entre o Pasig e a ampla e pechada baía do oeste da illa de Luzón, coma ten comezado a historia de Manila.
Inicialmente construíron un simple bastión (Fortaleza de Nosa Señora da Guía 1571-91), seguido dun forte propiamente dito na punta máis defendible da península (Forte de Santiago 1589-1592)[1] e finalmente o amurallamento de toda a poboación asentada (1590-1606). Por iso recibiu o nome de Intramuros[2]. Eran 64 hectáreas coa típica disposición en cuadrícula das fundacións coloniais españolas:[3] rúas cruzándose ortogonalmente e deixando un bloque baleiro coma praza central cos poderes representativos o redor, catedral e palacio[4]. Fóra, por desconfianza despois do ataque chinés de 1574, ao leste foi disposto o barrio para ese grupo étnico á vez que mercado (Parián, demolido en 1783 e trasladado a beira oposta do río). Xusto onde se construíu a primeira ponte sobre o Pasig e por moito tempo a única, a Ponte Grande ou de España.[5]
A cidade sufriu con frecuencia terremotos que a destruíron. Ata sete veces ten sido reconstruída a catedral.
Os séculos XVIII e XIX verán o crecemento de Manila fora de murallas pola imposibilidade física de facelo no interior.[6] Así desenvolveranse os diferentes barrios ou distritos: na beira norte do río o antigo asentamento de Tondo e Binondo xunto á ponte;[7] San Miguel augas arriba co Pazo de Malacañang. Despois chegaría a quenda das grandes infraestruturas, ferrocarril e porto, este último pechando Intramuros ao mar.[8]
Durante a retirada xaponesa na Segunda Guerra Mundial, por mor do avance das tropas aliadas mais de 70.000 persoas foron asasinadas polo exército xaponés das cales unhas 300 eran españolas.[9]
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |