Arizona
State of Arizona
Bandeira de Arizona Selo de Arizona
Bandeira Selo
Lema: Ditat Deus
Mapa dos EUA coa Arizona en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Phoenix
Maior cidade Phoenix
Gobernador Jan Brewer
Lingua oficial: inglés
Área 295.254 km² (6)
 - Terra 294.312 km²
 - Auga 942 km² (0,32%)
Poboación (2000)
 - Poboación 5 130 632 (20)
 - Densidade 17,4 /km² (36)
Entrada na Unión
 - Data 14 de febreiro de 1912
 - Orde 48º
Xeografía
Fuso horario Montañas: UTC-7
(excepto en Navajo Nation, DST)
Latitude 31°20'N a 37°N
Lonxitude 109°3'O a 114°50'O
Largo N-S 645 km
Ancho E-O 500 km
Altitude
 - Altitude media 1.250 m
 - Máis elevado 3.851 m
 - Menos elevado 21 m
Códigos e abreviacións
 - USPS AZ
 - ISO 3166-2 US-AZ
Sitio web
[1]

Arizona[1][2] é un estado dos Estados Unidos de América unido á Unión en 1912, só por diante de Hawai e Alasca, sendo o derradeiro dos estados contiguos estadounidenses en adxuntarse. Sitúase na rexión do suroeste e limita ó S con México, cunha fronteira de 626 km cos estados de Sonora e Baixa California. É un dos chamados "Estados das Catro Esquinas", limitando con Novo México, Utah, Nevada e California, tocando Colorado.[3]

Gran Canón do Colorado en Arizona.

A súa capital é Phoenix. Outro centro urbano importante é Tucson. Ten case 300.000 km² e máis de cinco millóns de habitantes (2000), estando a maioría do territorio escasamente habitado. O estado consta fundamentalmente de planicies a grande altura (de 1.500 a 2.700 metros), rotas por canóns como o Gran Canón ou o Canón de Chelly. O seu río máis importante é o río Colorado.

O alcume de Arizona é The Grand Canyon State, polo senlleiro Gran Canón. Outro alcume de Arizona é The Copper State (O Estado do Cobre), pois ten grandes depósitos de cobre, sendo tradicionalmente e incluso actualmente a minaría de cobre unha importante fonte de ingresos de Arizona.

Miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos, nativos americanos vivían na rexión onde actualmente se acha Arizona. Aínda existe unha poboación importante estimándose que uns 280.000 nativos viven en Arizona,[4] repartidos por reservas indias do estado.

Nun principio, Arizona fora colonizada por España, e pasara a control mexicano en 1821, cando México se independizou de España. En 1848, coa fin da intervención estadounidense en México, a maior parte de Arizona (ao norte do río Gila) pasou a mans estadounidenses. O presidente Santa Anna de México vendeu parte do sur do Estado na Vena da Mesilla en 1853. O 14 de febreiro de 1912, Arizona adquiriu o estatuto de estado.[5]

Xeografía Editar

Arizona está dividido en 15 condados: Apache, Cochise, Coconino, Gila, Graham, Greenlee, La Paz, Maricopa, Mohave, Navajo, Pima, Pinal, Santa Cruz, Yavapai e Yuma.

Notas Editar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Linda Kane. "CBP: Securing America's Borders. Arizona Border Control Initiative – Phase II Arquivado 09 de outubro de 2009 en Wayback Machine.. Consultado o 12 de novembro de 2009
  4. State Population Estimates by Race Alone and Hispanic or Latino Origin Arquivado 15 de outubro de 2006 en Wayback Machine.. U.S. Census Bureau. Consultado o 12 de novembro de 2009
  5. Celebrating Arizona's Centennial: 1912-2012 Arquivado 29 de novembro de 2006 en Wayback Machine.. Consultado o 12 de novembro de 2009