Río Colorado
Coordenadas: 31°54′00″N 114°57′03″O / 31.90000, -114.95083
O río Colorado (en inglés: Colorado River) é un dos principais ríos do suroeste dos Estados Unidos de América e o norte de México (o outro é o río Grande). Cos seus 2334 km de lonxitude, a conca do río Colorado comprende unha vasta e árida área que abrangue cinco estados dos Estados Unidos (Colorado, Utah, Arizona, Nevada e California) e dous de México (Baixa California e Sonora).
Río Colorado Colorado River | |
---|---|
País | Estados Unidos México |
Nacemento | La Poudre Pass, Montañas Rochosas, Colorado, Estados Unidos |
Lonxitude | 2.34 km[1] |
Conca | 637 137 km² |
Caudal medio | 637 m³/s[2] |
Desembocadura | Golfo de California, Baixa California e Sonora, México<br |
Cunca do río Colorado | |
Topografía
editarNace en La Poudre Pass, no medio das Montañas Rochosas. Flúe en dirección suroeste pola meseta de Colorado, dá lugar ó lago Powell,[3] e atravesa o famoso Gran Canón ata que chega ao lago Mead, na fronteira entre os estados de Arizona e Nevada, onde torna cara ao sur en dirección a México e desemboca no golfo de California.
Notas
editar- ↑ Kammerer, J.C. (1990). U.S. Geological Survey, ed. "Largest Rivers in the United States". Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ Nowak, Kenneth C. (2012). Stochastic Streamflow Simulation at Interdecadal Time Scales and Implications to Water Resources Management in the Colorado River Basin (PDF). Center for Advanced Decision Support for Water and Environmental Systems. University of Colorado. p. 114. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de maio de 2014. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ "Dwindling water levels of Lake Powell seen from space". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-04-11.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Colorado |
Ligazóns externas
editar- Coloradoriver.org (en inglés)