Sonora

estado de México

Sonora é un dos 31 estados de México que se atopa no norte de México. A súa capital e cidade máis poboada é Hermosillo. Limita cos estados mexicanos de Chihuahua polo leste, Sinaloa polo sur e Baixa California polo noroeste, co mar de Cortés ou golfo de California (océano Pacífico) polo oeste e cos Estados Unidos polo norte. Con 179 503 km² é o segundo meirande estado, por detrás de Chihuahua, e con 14,83 hab/km², o quinto menos densamente poboado, por detrás de Campeche, Chihuahua, Durango e Baixa California Sur. Foi fundado o 10 de xaneiro de 1824.

Sonora
Bandeira de Sonora
Bandeira de Sonora
Escudo de Sonora
Escudo de Sonora
BandeiraEscudo
Himno: Canto a Sonora
Estado México
CapitalHermosillo
 • Poboación984 342 hab. (2017)
Lingua oficialCastelán
Forma de gobernoEstado
Gobernadora
Claudia Pavlovich Arellano
Fundación10 de xaneiro de 1824
SuperficiePosto 2 de 31º
 • Total179 355 km²
PoboaciónPosto 17 de 31º
 • Total2 850 330 (2015) hab.
 • Densidade15,9 hab./km²
XentilicioSonorense
Fuso horarioUTC-7
Dominio de Internet.mx
Código ISOMX-SON

O territorio está conformado por catro provincias fisiográficas: a Serra Madre Occidental, as Serras e Vales Paralelos no centro, o deserto e a costa do golfo de California. Está composto principalmente por desertos semiáridos e pradeiras, onde só nas zonas máis altas se produce chuvia de abondo para manter outros tipos de vexetación.

É fogar de oito pobos indíxenas, entre eles os mayos, os yaquis e os seris. Foi economicamente importante pola agricultura, a gandería (en especial de vacún) e a minería dende o período colonial, e pola súa situación como estado fronteirizo dende a Intervención estadounidense en México. Despois da venda de La Mesilla, Sonora perdeu máis dun cuarto do seu territorio. Dende o século XX até o presente, a industria, o turismo e os agronegocios dominaron a economía, o cal atraeu migración doutras partes de México.

Divídese en 72 concellos e algunhas das localidades máis importantes son Ciudad Obregón, Navojoa, Caborca, Guaymas, Puerto Peñasco, Nogales, Agua Prieta, San Luis Río Colorado, Nacozari de García e Cananea.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.