Sinaloa

estado de México

Sinaloa, oficialmente chamado Estado Libre y Soberano de Sinaloa, é un dos trinta e un estados que, xunto coa Cidade de México, forman os Estados Unidos Mexicanos. A súa capital e cidade máis poboada é Culiacán Rosales.

Sinaloa
Estado Libre y Soberano de Sinaloa
Escudo de Sinaloa
Escudo
Sinaloa in Mexico (location map scheme).svg
Lema: La tierra de los once ríos
El Estado agrícola
EstadoFlag of Mexico.svg México
Forma de gobernoEstado federado
 • Total58 200 km²
 • Total2 966 321 hab.
 • Densidade48,2 hab./km²
Fuso horarioUTC-6
Código ISOMX-SIN[1]

Está situado na rexión noroeste do país, limitando ao norte con Sonora e Chihuahua, ao leste con Durango, ao sur con Nayarit e ao oeste co golfo de California ou mar de Cortés (océano Pacífico). Foi fundado o 14 de outubro de 1830.

É o estado agrícola máis importante da Federación, o que fixo que se alcumase como «o graneiro de México».[2][3] Adicionalmente, conta coa segunda flota pesqueira más grande do país.

Culturalmente, é coñecido a nivel nacional e incluso mundial pola súa música típica, a Banda ou Tambora. A Ulama, versión rexional do xogo de pelota prehispánico, practícase aínda no estado.

Divídese en 18 municipios. A súa capital é Culiacán. Outras localidades importantes son Mazatlán, Los Mochis, Guasave, Guamúchil, Escuinapa, El Fuerte, Sinaloa de Leyva, El Rosario, San Ignacio de Piaxtla e Choix.

NotasEditar

  1. Statoids. "Mexico States". Consultado o 7 de maio de 2020. 
  2. Victor Rochín (2018). "Sinaloa, considerado como el granero de México". 
  3. Consejo para el Desarrollo Económico de Sinaloa, ed. (2016). "Sinaloa, vamos mucho más allá de la agricultura". 

Vexase taménEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.