Golfo de California
O golfo de California, tamén chamado mar de Cortés,[2] e mar Bermejo,[3] é unha extensión do océano Pacífico situada entre a península de California e os estados de Sonora e Sinaloa, ao noroeste de México.
Golfo de California (Mar de Cortés) | |
---|---|
Mar Bermejo | |
![]() | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() |
División | Baixa California Baixa California Sur Sonora Sinaloa |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | América do Norte |
Xeografía | |
Illas interiores | Illa Ángel de la Guarda (895 km²) Illa Tiburón (1 208 km²) |
Afluentes | Río Colorado, río Yaqui, río Mayo, río Fuerte, río Sinaloa, río Culiacán, río Mulegé. |
Cidades ribeiregas | Puerto Peñasco, Guaymas, San Felipe, La Paz, Santa Rosalía, Loreto e Topolobampo |
Accidentes | |
Características | |
Superficie | 177 000 km²[1] |
Lonxitude máxima | 1 126 km[1] |
Anchura máxima | 241 km[1] |
Profundiade máxima | 3 400m |
Profundidade media | ≥1 000 m |
Outros datos | |
Descubrimento | Francisco de Ulloa (1539) |
Mapa | |
![]() O golfo de California resaltado nun mapa orográfico de México. | |
![]() Mapa do mar de Cortés. | |
Ten unha lonxitude de 1 203 km e a súa anchura varía entre os 92 e os 222 km.
No seu extremo norte encóntrase a desembocadura do río Colorado.
Illas e poboacións Editar
Nas súas augas encóntranse as seguintes illas pertencentes ao estado de Baixa California e administradas polo municipio de Mexicali: Ángel de la Guarda, Montague, Gore, Consag, El Huerfanito, Miramar, Coloradito, Encantada, Pómez, San Luis, Mejía, Granitos, Navío, Pelícano, Alcatraz, Coronadito, Smith, Pond e o grupo de illas e illotes que se encontran dentro da baía de Los Angeles.
Ao estado de Baixa California Sur pertencen as illas de Carmen, Cerralvo, Coronados, Espíritu Santo, Monserrat, Partida, San Diego, San Francisco, San José, San Marcos, Santa Catalina, Santa Cruz e, ao estado de Sonora, a illa Tiburón, que é a máis grande de México, cunha superficie de 1.208 km².
Nas súas costas, os portos máis importantes son Puerto Peñasco, Guaymas, San Felipe, La Paz, San José del Cabo, Santa Rosalía e Topolobampo.
As mareas deste golfo encóntranse entre as maiores do planeta, pois se mediron flutuacións de até 9 m no seu extremo norte.
Goza dunha inmensa concentración de organismos microscópicos e, como consecuencia, dunha extraordinaria biodiversidade grazas á abundante luz solar e ás augas ricas en nutrientes. Estes factores, así como as súas augas cristalinas, levaron ao oceanógrafo Jacques-Yves Cousteau a chamar a este lugar "o acuario do mundo".
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Nix, Rebekah K. "The Gulf of California: A Physical, Geological, and Biological Study" (PDF). University of Texas at Dallas. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2018. Consultado o 11 de novembro de 2015.
- ↑ "Mar de Cortés: OS (Océanos) - coordenadas geográficas, mapa". Nombres geográficos. National Geospatial-Intelligence Agency via Geografiainfo.es.
- ↑ Verónica Sánchez A. (21 de enero de 2019): La hiostoria del mar Bermejo.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de California |
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Mar de Cortés en Explorando México (en castelán).