Mexicali
Mexicali é a capital do estado mexicano de Baixa California e a capital do concello de Mexicali. A súa poboación, en 2010, era de 759.537 habitantes.[1] Forma un continuum metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de Calexico.
Mexicali | ||
---|---|---|
Casa de Cultura de Mexicali. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Estado | Baixa California | |
Concello | Mexicali | |
Xeografía | ||
Altitude | 31 msnm | |
Superficie | 637 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 759.537 hab. (2010)[1] | |
Xentilicio | Mexicalense | |
Outros datos | ||
Páxina oficial da Cidade de Mexicali |
XeografíaEditar
A cidade está situada sobre a fronteira entre os Estados Unidos e México, facendo límite co condado de Imperial de California polo norte.
EconomíaEditar
Por outra banda, Mexicali posúe numerosas maquiladoras (talleres de ensamblado en réxime de subcontrata para empresas estadounidenses), en especial nos campos do automóbil e da electrónica.
Outro sector en pulo é o da construción, en parte para acoller á inxente masa de inmigrantes anuais doutras partes do país, de Centroamérica, Suramérica e Asia.
A industria agropecuaria e turística son tamén dos principais sectores que xeran recursos na rexión.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en castelán)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mexicali |