Tijuana
Tijuana é a maior cidade do estado mexicano de Baixa California e a capital ou cabeceira municipal do concello de Tijuana; tamén é un dos centros urbanos máis importantes do país, a súa zona metropolitana esténdese aos concellos de Playas de Rosarito, Ensenada e Tecate. Adoita ser citada, abreviada e coloquialmente, como TJ. A súa poboación, en 2015, era de 1.641.570 habitantes[1]. Forma un continuum metropolitano, separado apenas pola fronteira, coa cidade californiana de San Diego: o conxunto supera os 4.900.000 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Baixa California | ||||
Concello | Tijuana | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.964.788 (2019) (3.084,44 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 637 km² | ||||
Bañado por | Tijuana River (en) | ||||
Altitude | 20 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1889 | ||||
Organización política | |||||
• Municipal President of Tijuana (en) | Juan Manuel Gastélum Buenrostro (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 22000–22699 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 664 - 663 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | León A Habana Ciudad Juárez Panjin (en) Mazatlán (pt) Busan Cincinnati Toluca de Lerdo Słubice Frankfurt (Oder) Zaragoza Calexico (pt) Mexicali Ensenada Laredo (pt) Os Ánxeles Valle de Guadalupe (pt) San Diego (1993–) Cancún (2003–) Changchun (2009–) | ||||
Páxina web | tijuana.gob.mx | ||||
A cidade é coñecida como Lugar onde comenza a Patria ou A esquina de América Latina. É un centro empresarial, administrativo, turístico, industrial, tecnolóxico e educativo de México.
Topónimo
editarEtimoloxicamente o topónimo de Tijuana ten varias definicións; a máis coñecida é a de Rancho de la Tía Juana, propiedade de Saúl García alias "El Jaguar", nome de orixe castelán.
Historia
editarOs anos da década de 1920 mudaron Tijuana profundamente debido á prohibición do alcohol nos Estados Unidos. Numerosos norteamericanos pasaban a fronteira para beber e xogar con completa legalidade. Inauguráronse casinos enormes, como Agua Caliente. Caesar Cardini dirixiu algúns restaurantes da cidade durante esa época, como o aínda subsistente hotel Caesar's (tamén chamado Caesar's Palace) na rúa principal, agora denominado Avenida Revolución.
Os acontecementos internacionais dos anos seguintes tiveron fondas repercusións sobre da cidade. O turismo aumentou de maneira significativa grazas aos norteamericanos que acudían en gran número pola vida nocturna de Tijuana. Paralelamente, numerosos mexicanos, vidos de todo o país, comezaron a se instalar en Tijuana, triplicando a súa poboación. Entre 1940 e 1950, a cidade pasou de 21.971 a 65.364 habitantes.
A vida nocturna e o turismo principiaron a diminuír logo da década de 1950, mais Tijuana foise adaptando para atraer unha clientela máis familiar. Actualmente calcúlase que Tijuana acolle uns 80.000 inmigrantes anuais.
Xeografía
editarA cidade está situada sobre a fronteira entre os Estados Unidos e México, lindando co condado de San Diego de California polo norte. Tijuana ten límites tamén con Playas de Rosarito, que en tempos foi unha das súas localidades, mais obtivo a súa independencia administrativa no 1995. O censo do ano 2005 indicaba unha poboación de 1,6 millóns de habitantes, incluíndo Tecate, mais a cantidade foi contestada, especialmente porque a cidade acolle numerosas persoas sen domicilio e é un punto de paso moi importante de emigrantes clandestinos para os Estados Unidos.
O Cerro Colorado é a maior altitude da cidade, a menor altitude é Playas de Tijuana, punto fronteirizo co estado de California.
Demografía
editarTijuana ten 1.300.983 habitantes, é unha cidade de gran crecemento de poboación nos últimos anos.
División administrativa da cidade
editarA cidade de Tijuana divídese en 9 delegacións. Cada delegación ten a súa propia administración e está dirixida por un delegado.
- Centro. É a zona máis antiga da cidade.
- Otay Centenario
- Playas de Tijuana
- La Mesa
- San Antonio de los Buenos
- Sánchez Taboada
- La Presa
- La Presa Este
Economía
editarÉ centro turístico importante pola súa proximidade ás grandes cidades de California e aos Estados Unidos en xeral: de feito Tijuana é a segunda cidade do mundo polo número de turistas que a visitan, número que só supera Nova York[Cómpre referencia].
Por outra banda, Tijuana posúe numerosas maquiladoras (talleres de ensamblado en réxime de subcontrata para empresas estadounidenses), en especial nos campos do automóbil e da electrónica.
Outro sector en pulo é o da construción, pois constrúense na cidade arredor de 26.000 vivendas anuais, en parte para acoller á inxente masa de inmigrantes.
Trasportes e comunicacións
editarA cidade conta cun aeroporto internacional, que ten conexión cas cidades mexicanas de Acapulco, Aguascalientes, Cancún, Colima, Chihuahua, Ciudad Juárez, Ciudad Obregón, Culiacán, Durango, Guadalajara, Hermosillo, La Paz, León, Loreto, Los Cabos, Los Mochis, Mazatlán, México, Monterrey, Mérida, Morelia, Oaxaca, San Luis Potosí, Puebla, Puerto Vallarta, Querétaro, Tepic, torreón, Uruapan, Veracruz e cidade de Zacatecas; ademais ten conexións internacionais a Oakland e Shanghái, China (vía Cidade de México). O Aeroporto Internacional de Tijuana sitúase a 8 km do centro da cidade, na delegación Otay Centenario, preto do muro fronteirizo.
Educación
editarTijuana ten universidades e centros de investigación científico-tecnolóxicos, das que cómpre citar:
- Centro de Estudos Superiores do Noroeste (CESUN).
- Centro de Investigación en Tecnoloxía Electrónica e Dixital (CITEDI).
- Centro de Ensinanza Técnica e Industrial (CECATI).
- College of the Northern Border (COLEF).
- Instituto de Tecnoloxía de Tijuana (ITT).
- Universidade Autónoma de Baja California (UABC).
- Universidade Iberoamericana (UIA).
- Universidade Xochicalco.
- Centro Universitario de Tijuana (CUT).
- Universidade Univer Noroeste (UNIVER).
- Centro de Ensinanza Técnica e Superior (CETYS).
- Tecnolóxico de Baja California (TBC).
- Instituto Cuauhtlatohuac.
Notas
editar- ↑ "Número de habitantes. Baja California". cuentame.inegi.org.mx. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tijuana |