Baixa California Sur
Baixa California Sur[1] é un dos 31 Estados de México, que, xunto coa Cidade de México, forman os Estados Unidos Mexicanos. A súa capital e cidade máis poboada é La Paz. Atópase ó sur da península de Baixa California, na rexión noroeste do país, limitando polo norte con Baixa California, polo leste co mar de Cortés (océano Pacífico) e polo sur e oeste co océano Pacífico. Con 712 029 habitantes en 2015 é o segundo estado menos poblado, por diante de Colima. Con 73922 km², é o noveno máis extenso, por detrás de Chihuahua, Sonora, Coahuila, Durango, Oaxaca, Tamaulipas, Xalisco e Zacatecas. Con 8,62 hab/km² é o estado menos densamente poboado. É, xunto con Quintana Roo, o estado máis recente do país, sendo ambos promovidos de territorio Federal a Estado Libre e Soberano, o 8 de outubro de 1974.
Baja California Sur (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Capital | La Paz, Baja California Sur | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 637.026 (2010) (8,62 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 73.909 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 239 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 8 de outubro de 1974 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Baja California Sur (en) | Víctor Manuel Castro Cosío (en) Carlos Mendoza Davis (en) | ||||
Órgano lexislativo | Congress of Baja California Sur (en) Circunscrición: 16, (Escano: 21) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 613, 612, 624 e 615 | ||||
ISO 3166-2 | MX-BCS | ||||
Sitio web | bcs.gob.mx | ||||
Notas
editar- ↑ Forma empregada na Enciclopedia Galega Universal.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baixa California Sur |
Ligazóns externas
editar- INEGI: Información do Estado de Baja California Sur
- Enciclopedia dos Municipios de México: Baja California Sur Arquivado 04 de abril de 2005 en Wayback Machine.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |