Estado de Oaxaca

estado de México

Coordenadas: 16°53′53″N 96°24′51″O / 16.89806, -96.41417

Oaxaca (oa'xaka AFI2, coloquial: huajáka AFI2), é un dos trinta e un estados que, xunto coa Cidade de México, forman os Estados Unidos Mexicanos.[3][4]

Oaxaca
Estado Libre y Soberano de Oaxaca
Escudo de Estado de Oaxaca
Escudo de Estado de Oaxaca
Escudo
Lema: El respeto al derecho ajeno es la paz
(Benito Juárez)
Himno: Dios nunca muere
Estado México
CapitalOaxaca de Juárez
 • Poboación300 050 habitantes (2010).[1]
Forma de gobernoEstado federado
Alejandro Murat Hinojosa
(Partido Revolucionario Institucional)
SuperficiePosto 5º
 • Total93 952 km²
PoboaciónPosto 10º
 • Total3 967 889 (2015).[2] hab.
 • Densidade37,3 hab./km²
Xentiliciooaxaqueño/ña
Fuso horarioUTC−6
Código ISOMX-OAX

A súa capital e cidade máis poboada é Oaxaca de Juárez.

Xeografía Editar

Localización Editar

Está situado na Rexión Suroeste do país.[5]

Límites Editar

Limita ao norte con Puebla e Veracruz, ao leste con Chiapas, ao sur co océano Pacífico e ao oeste con Guerrero.

Superficie e poboación Editar

Cunha superficie de 93 757 km², é o quinto estado máis extenso, por detrás de Chihuahua, Sonora, Coahuila e Durango.

E con 3 967 889 de habitantes en 2015, é o décimo máis poboado.[2]

Subdivisións Editar

O estado está dividido en 570 municipios, 418 dos cales gobérnanse baixo o sistema de usos e costumes, con formas locais recoñecidas de autogoberno.[6]

Historia Editar

O estado foi fundado o 21 de decembro de 1823.[7]

Poboación indíxena Editar

O estado é coñecido principalmente polos seus pobos indíxenas, representados por máis de 16 grupos étnicos, dos que os zapotecos e mixtecos son os de maior representación. Estes pobos sobreviviron e mantiveron os seus usos e costumes con maior éxito que os resto dos indíxenas do territorio nacional, grazas ao esgrevio e illado territorio do estado.[8]

Importancia turística Editar

A maioría destes grupos indíxenas habitan a zona centro do estado, cuxa riqueza cultural, que inclúe zonas arqueolóxicas como Monte Albán e Mitla, convértena nunha zona turística de importancia.[9][10]

Outras zonas turísticas de importancia encóntranse na costa, con complexos de importancia como Huatulco, Zipolite, Puerto Escondido, Mazunte e Baía de Tembo.[11]

Biodiversidade Editar

Oaxaca está considerada como un dos estados con maior biodiversidade polo seu número de especies endémicas de réptiles, anfibios, mamíferos e plantas.[12]

Segundo diversas fontes, Oaxaca é líder en biodiversidade. Existen ao redor de 8 431 especies de plantas vasculares, 1 431 de vertebrados e máis de 3 000 de invertebrados, o que fai deste estado a entidade con maior riqueza biolóxica de México. Deste total, 702 especies de plantas e 128 de vertebrados son endémicas.[13]

Xeoloxía Editar

Na rexión, a placa norteamericana colisiona coa placa de Cocos, que subduce. O 23 de xullo de 2020 sufriu un terremoto de magnitude 7,4 na escala Richter, implicando movementos de terra de ata 0,45 m.[14]

Galería de imaxes da fauna de Oaxaca Editar

Notas Editar

  1. Instituto Nacional de Estadística y Geografía (2010). "Principales resultados por localidad 2010 (ITER)". Consultado o 31 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Principales resultados por localidad 2015 (ITER)". 2015. Consultado o 31 de maio de 2020. 
  3. Víctor Chávez (22 de xaneiro de 2016). "DF no es el estado 32, aclaran legisladores". El Financiero. Consultado o 31 de maio de 2020. 
  4. "Artículo 44 de la Constitución Política de los Estados Unidos Mexicanos" (PDF). Suprema Corte de Justicia de la Nación. 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 31 de maio de 2020. Texto vigente a la última reforma publicada en el Diario Oficial de la Federación el 29 de enero de 2016. La reforma a este artículo, así como al 43 y 122 de la misma constitución, y el texto vigente del Art. 1º de la Constitución local, afirman su carácter de entidad federativa, más no de estado, en virtud de su condición de capital de la república. 
  5. "Oaxaca". Explorando México. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2011. Consultado o 4 de abril de 2011. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2012. Consultado o 31 de maio de 2020. 
  7. La Diputación Provincial y El Federalismo Mexicano.
  8. "Grupos indígenas de Oaxaca: Datos generales" Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. por Naí Botello. Consultado o 31 de maio de 2030.
  9. ¿Qué hacer en Oaxaca?. Consultado o 31 de maio de 2010.
  10. Hansen, Mogens H., ed. (2002): "A comparative Study of Six City- State Cultures", An Investigation Conducted by the Copenhagen Polis Centre, Copenhagen.
  11. "El corredor Huatulco-Chacahua". Publimar.mx. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 31 de maio de 2020. 
  12. "Semarnat, El ambiente en números" (PDF). Conabio. 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2010. 
  13. "Biodiversidad en Oaxaca, la mayor de México". eloriente.net. 16 de xullo de 2012. Consultado o 31 de maio de 2020. 
  14. "Mapping the Oaxaca earthquake from space". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-07-25. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns eternas Editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.