Lingua seri

lingua indíxena falada en México

A lingua seri (que na súa propia lingua é chamada: cmiique iitom) é unha lingua indíxena falada por entre 716[3] e 900[4] persoas pertencentes ao pobo seri, que habita en Punta Chueca e El Desemboque, dúas aldeas na costa de Sonora, México.[4] A lingua é xeralmente considerada como illada, mais intentouse incluíla na teórico familia de linguas hokanas.[5] Non se atoparon evidencias concretas de conexións con outras linguas.

Seri
Cmiique iitom
Pronuncia:[kw̃ĩːkɛˈiːtom]
Falado en: México
Rexións: Sonora
Total de falantes: 720 (censo de 2020)[1]
Familia: Posiblemente hokana
 Seri
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: sei
Mapa
Status

O seri está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Os primeiros rexistros da lingua seri son do ano 1692,[6] mais a poboación permaneceu bastante illada. Os traballos de investigación sobre a lingua seri comezaron en 1951 por Edward e Mary Beck Moser co Summer Institute of Linguistics.[7]

A lingua é viable dentro da súa comunidade e úsase libremente na vida cotiá. As excepcións inclúen a escola primaria e secundaria, algunhas partes dos servizos da igrexa locais e as comunicacións con falantes de castelán fóra da comunidade seri.[8] A maioría dos membros da comunidade, incluídos os mozos, dominan a súa lingua, mais a poboación de falantes é pequena e o coñecemento cultural foi diminuíndo dende que o estilo de vida tradicional de cazadores-recolectores foi substituído esencialmente na década de 1930 por asentamentos fixos. Ademais, moitos nenos xa non dominan a lingua por diversos motivos (escolas, internet ou relacións sociais fóra da comunidade) e algúns nenos son completamente monolingües en castelán. Por estes motivos, o seri está catalogado como lingua vulnerable pola UNESCO.[9]

Clasificación editar

A familia seri é unha familia lingüística, co seri como único membro vivo; as linguas relacionadas desapareceron nos últimos séculos. Fixéronse intentos de vinculala á familia yuman, á agora extinta lingua salinan de California e á hipotética familia hokana, moito máis grande.[5] Estas hipóteses producíronse nunha época na que se tentaba agrupar en familias todas as linguas de América. Porén, no caso do seri nunca se determinaron probas abondas. Mentres non se presenten e avalíen tales probas, a lingua considérase máis axeitadamente como illada.

Notas editar

  1. Lenguas indígenas y hablantes de 3 años y más, 2020 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. INEGI. Censo de Población y Vivienda 2020.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. La situación sociolingüística de la lengua seri en 2006.
  4. 4,0 4,1 Ethnologue report for Seri
  5. 5,0 5,1 For discussion of the Hokan question, see Campbell (1997), Marlett (2007) and Marlett (2011). For discussion of the relationship with Salinan, see Marlett (2008).
  6. "The Seri Indians in 1692 as Described by Adamo Gilg". Arizona and the West 7. 
  7. "Seri Texts". 
  8. Marlett, Stephen A (2006). "La situación sociolingüística de la lengua seri en 2006" (PDF). 
  9. "UNESCO". 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Campbell, Lyle (1997). American Indian languages: The Historical Linguistics of Native America. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-585-37161-X. 
  • Hernández, Fortunato. (1904). Lengua seri o kunkáak. In Las razas indígenas de Sonora y la guerra del Yaqui, 237–294. Mexico City: J. de Elizalde.
  • Marlett, Stephen A. (1981). The Structure of Seri. Unpublished Ph.D. thesis. University of California, San Diego. 
  • Marlett, Stephen A. (1988). "The Syllable Structure of Seri". International Journal of American Linguistics 54 (3): 245–278. doi:10.1086/466086. 
  • Marlett, Stephen A. (1994). "One Less Crazy Rule". Work Papers of the Summer Institute of Linguistics, University of North Dakota Session 38: 57–58. doi:10.31356/silwp.vol38.07. 
  • Marlett, Stephen A. (2002). "Reanalysis of Passive and Negative Prefixes in Seri". Linguistic Discovery 1 (1). doi:10.1349/PS1.1537-0852.A.1. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2012. Consultado o 01 de decembro de 2022. 
  • Marlett, Stephen A. (2005). "A Typological Overview of the Seri Language". Linguistic Discovery 3 (1). doi:10.1349/PS1.1537-0852.A.282. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2012. Consultado o 01 de decembro de 2022. 
  • Marlett, Stephen A. (2006). "El acento, la extrametricalidad y la palabra mínima en seri". Encuentro de Lenguas Indígenas Americanas, Santa Rosa, La Pampa, Argentina. 
  • Marlett, Stephen A. (2006). "La situación sociolingüística de la lengua seri en 2006". En Marlett, Stephen A. Situaciones sociolingüísticas de lenguas amerindias. Lima: SIL International y Universidad Ricardo Palma.  [1]
  • Marlett, Stephen A. (2007). "Las relaciones entre las lenguas hokanas en México: ¿cuál es la evidencia?". En Cristina Buenrostro; et al. Memorias del III Coloquio Internacional de Lingüística Mauricio Swadesh. Mexico City: Universidad Nacional Autónoma de México and Instituto Nacional de Lenguas Indígenas. pp. 165–192. 
  • Marlett, Stephen A. (2008a). "The Seri and Salinan Connection Revisited". International Journal of American Linguistics 74 (3): 393–99. doi:10.1086/590087. 
  • Marlett, Stephen A. (2008b). "Stress, Extrametricality and the Minimal Word in Seri". Linguistic Discovery 6.1. [2] Arquivado 14 de abril de 2012 en Wayback Machine.
  • Marlett, Stephen A. (2010). "19th Century Seri Wordlists: Comparison and Analysis.". SIL-Mexico Electronic Working Papers 8: 1–61 [3]. 
  • Marlett, Stephen A. (2010). "A Place for Writing: Language Cultivation and Literacy in the Seri Community". Revue Roumaine de Linguistique. #55(2): 183–94 [4]. 
  • Marlett, Stephen A. (2011). "The Seris and the Comcaac: Sifting fact from fiction about the names and relationships". Work Papers of the Summer Institute of Linguistics, University of North Dakota Session #51: 1–20 [5]. 
  • Marlett, Stephen A. (2018). "A bibliography for the study of Seri history, language and culture". 
  • Marlett, Stephen A.; Herrera, F. Xavier Moreno; Astorga, Genaro G. Herrera (2005). "Illustrations of the IPA: Seri" (PDF). Journal of the International Phonetic Association 35 (1): 117–121. doi:10.1017/S0025100305001933. 
  • Moser, Mary B. (1978). "Articles in Seri". Occasional Papers on Linguistics 2: 67–89. 
  • Moser, Mary B.; Marlett, Stephen A. (2005). Comcáac quih yaza quih hant ihíip hac: Diccionario seri-español-inglés (en castelán e inglés). Hermosillo, Sonora: Universidad de Sonora and Plaza y Valdés Editores. 
  • Moser, Mary B.; Marlett, Stephen A. (2010). Comcaac quih yaza quih hant ihiip hac: Diccionario seri-español-inglés (en castelán e inglés) (second ed.). Hermosillo, Sonora: Universidad de Sonora and Plaza y Valdés Editores.