Deserto de Sonora

O deserto de Sonora é un deserto norteamericano. Politicamente divídese entre os Estados Unidos de América e México, e cobre grandes partes de Arizona e California, así como do estado mexicano de Sonora, o cal lle dá nome. É un dos desertos máis calorosos e grandes do mundo, pois cobre unha área de 311.000 km².

Características editar

O deserto de Sonora atópase no extremo norte do golfo de California, desde o nordés de Baixa California, a través do sueste de California e o suroeste de Arizona, até o oeste de Sonora. Esténdese sobre as rexións do val do baixo Colorado, El Vizcaíno e a Llanura Sonorense.

Canto á súa vexetación, o deserto de Sonora subivídese en 7 rexións: Valle del bajo Colorado, Tierras Altas de Arizona, Llanura Sonorense, Estribaciones de Sonora, Costa del Golfo Central, El Vizcaíno e La Magdalena. Moitos ecoloxistas consideran que de feito as rexións de El Vizacíno e la Magdalena son unha ecorrexión á parte.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar