Nicaragua, oficialmente a República de Nicaragua, é un Estado de Centroamérica que limita ao noroeste con Honduras, ao sur con Costa Rica, ao oeste co océano Pacífico e ao leste co mar Caribe. Nicaragua defínese como un estado independente, libre, soberano, unitario e indivisible.

Modelo:Xeografía políticaNicaragua
República de Nicaragua (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoSalve a ti, Nicaragua (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Ymddiriedwn yn Nuw» Editar o valor en Wikidata
EpónimoNicarao Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 13°N 85°O / 13, -85
CapitalManagua Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.142.098 (2005) Editar o valor en Wikidata (39,44 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie130.375 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCerro Mogotón (pt) Traducir (2.107 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1821 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataDaniel Ortega (2007–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Nicaragua (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataDaniel Ortega Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Nacional de Nicaragua , (Escano: 92) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal14.145.852.101 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaCórdoba Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ni Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+505 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia118, 128, 115 e 120 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísNI Editar o valor en Wikidata

Páxina webvisitnicaragua.us Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451135

Etimoloxía

editar

Existen dúas teorías principais sobre a orixe do nome "Nicaragua". A primeira é que se trata dun nome dado polos conquistadores españois baseándose en Nicarao,[1] que foi o xefe ou cacique dunha poderosa tribo que se encontrou co conquistador Gil González Dávila durante a súa expedición polo suroeste de Nicaragua en 1522. Esta teoría sostén que Nicaragua está formado por Nicarao e agua ("auga"), en referencia ós dous grandes lagos e outros corpos de auga que atoparon no país.[2] Porén, en 2002 determinouse que o nome real do cacique era Macuilmiquiztli, que quere dicir "Cinco Mortes" na lingua náhuatl.[3][4][5][6]

A segunda teoría baséase en que o nome provén das seguintes palabras náhuatl: nic-anahuac, que quere dicir "Anahuac chegou tan lonxe", ou "os náhuatls chegaron tan lonxe" ou "os que veñen de Anáhuac chegaron até aquí"; nican-nahua, que quere dicir "aquí están os nahuas"; ou nic-atl-nahuac, que quere dicir "aquí pola auga" ou "rodeados de auga".[1][2][7][8]

Historia

editar
 
As pisaduras de Acahualinca son marcas humanas de hai uns 2120 anos, preservadas en lama volcánica cerca do lago de Managua.

Época precolombiana

editar

Coñécense asentamentos indíxenas na rexión que datan de polo menos 6.000 anos de antigüidade. O asentamento de Acahualinca confirma estes datos xunto con outras evidencias arqueolóxicas, principalmente artigos cerámicos e estatuarios de pedra volcánica como os atopados na illa de Zapatera.

Colonización española

editar

En 1524 Granada e León foron fundadas por Francisco Hernández de Córdoba no que hoxe en día é Nicaragua. En 1528 a Coroa española creou a Provincia de Nicaragua, que posteriormente pasou a depender da Audiencia e Capitanía xeneral de Guatemala, dependente do Vicerreinado da Nova España até 1812.

A mediados do século XVI desenvolveuse no nordeste da actual Honduras a nación dos zambos mosquitos, xurdida da mestura entre os indíxenas que a habitaban e os escravos sobreviventes do naufraxio dun barco negreiro que afundira na costa. Os británicos estabeleceron amigables relacións con eles e naceu así a reserva Misquita ou "Mosquitia", unha especie de "protectorado" británico que durou até finais do século XIX. En 1803, por intermedio da Real Orde do 20 de novembro, o rei de España ordenou segregar da antiga Capitanía xeneral de Guatemala, a Costa de Mosquitos, coas illas de San Andrés, e agregalas ao Vicerreinado de Nova Granada. En 1894, tropas nicaraguanas ao mando de Rigoberto Cabezas ocuparon a rexión, que foi organizada como O Departamento de Zelaya, dividido a finais do século XVII en dúas rexións (Rexión Autónoma do Atlántico Norte e a Rexión Autónoma do Atlántico Sur).

En 1812 as Cortes de Cádiz erixiron a Provincia de Nicaragua e Costa Rica (separada da Provincia de Guatemala), e con cabeceira na cidade de León. Esta provincia durou até 1814, ano no que se restabeleceu o reino de Guatemala. En 1820, ao retomarse o réxime constitucional, apareceu a Provincia de Nicaragua e Costa Rica, que estaba dividida en sete partidos: Costa Rica, El Realejo, Granada, León, Nicaragua (Rivas), Nicoya e Nova Segovia.

Independencia de España

editar

O 11 de outubro de 1821, a Deputación Provincial de Nicaragua e Costa Rica, reunida en León, proclamou a independencia absoluta de España e a unión ao Primeiro Imperio Mexicano, aínda que Granada e Costa Rica separáronse da provincia, constituíndo gobernos propios. En 1823, ao producirse a caída de Agustín I, Nicaragua uniuse á Unión Centroamericana, pouco despois transformada na República Federal de Centroamérica (1824). A Federación non sobreviviu moito tempo, e Nicaragua foi o primeiro Estado en separarse dela de xeito definitivo, en 1838. Durante o século XIX aconteceron diversos intentos de reunificar América Central, mais sen éxito.

 
Praza da independencia da cidade de Granada.

Nicaragua tivo unha convulsa vida política durante a primeira metade do século XIX. Ao ser a ponte entre os dous océanos, foi utilizada para o desprazamento de pasaxeiros da rota do tránsito propiedade de Cornelius Vanderbilt, pola que circulaban os aventureiros, comerciantes e emigrantes que viaxaban desde o atlántico dos Estados Unidos, até California, onde por 1848-49 se descubrira ouro, converténdoa nun punto máis ou menos estratéxico e importante. En 1854, os xenerais liberais Castellón e Jérez contratan a través de Vanderbilt os servizos de Byron Cole, en calidade de mercenario, posteriormente Cole cédelle o contrato a William Walker; Walker amparado baixo a doutrina Monroe, proclámase presidente de Nicaragua e intenta facer desta un novo membro dos EEUU. Os "filibusteiros" foron derrotados nunha campaña que contou coa participación de todos os países centroamericanos, e con respecto aos nicaraguanos, tivo o seu episodio máis soado na batalla de San Jacinto. Ao concluír o conflito, Nicaragua atopábase gravemente debilitada economicamente, a cidade de Granada fora case totalmente incendiada e mantíñase a rivalidade entre os liberais de León e os conservadores granadinos. Entre as tantas batallas sostidas entre os liberais e os conservadores destaca a batalla do 4 de outubro de 1912 onde as forzas liberais de Masaya, xa sitiadas e derrotadas polos forzas conservadoras e norteamericanas, foron socorridas polo Xeneral Benjamín Zeledón xunto co seu estado maior, os Xenerais Marcelo Castañeda e Horacio Portocarrero. Non obstante, a partir de 1858 iniciouse unha etapa de recuperación non só económica senón sobre todo institucional, que constitúe un dos períodos máis sobresaíntes da historia de Nicaragua que se coñece como a época dos trinta anos ou de predominio conservador. A economía, a cultura e tamén, en menor medida, o social pola desigualdade de clases, converteron ao país no máis estable e rico de toda a América Central e nunha das mellores economías do continente, cun sólido réxime constitucional e unha administración proba e austera das finanzas públicas. Todo isto provocou unha nova chegada de inmigrantes provenientes de Europa, principalmente de Alemaña e Italia, o que beneficiou a economía, mentres que no Salvador, Honduras e Guatemala se vivían conflitos armados e en Costa Rica se daba unha época de golpes militares. Durante esta época ocuparon o poder: Tomás Martínez Guerrero (1858-1867), Fernando Guzmán y Solórzano (1867-1871), Vicente Cuadra y Ruy Lugo (1871-1875), Pedro Joaquín Chamorro y Alfaro (1875-1879), Joaquín Zavala Solís (1879-1883), Adán Cárdenas del Castillo (1883-1887), Evaristo Carazo Aranda (1887-1889) e Roberto Sacasa y Sarria (1889-1893). En 1885, Nicaragua uniuse a Costa Rica e ao Salvador nunha alianza militar para facer fronte ás pretensións do Presidente de Guatemala Justo Rufino Barrios, apoiadas polo Presidente de Honduras Luis Bográn, de restablecer pola forza a unidade política centroamericana; aínda que as tropas de Nicaragua non tiveron ocasión de entrar en combate, xa que Barrios morreu na batalla de Chalchuapa, pouco despois de ter invadido O Salvador.

O período dos trinta anos concluíu en 1893, cando foi derrocado o Presidente Roberto Sacasa y Sarria e ascenderon ao poder os liberais encabezados por José Santos Zelaya López. Aínda que Zelaya implantou un réxime ditatorial e se perpetuou no poder até 1909, reprimindo aos seus adversarios e iniciando unha etapa de inestabilidade política; o seu goberno continuou co desenvolvemento do país sufragado pola ampla solvencia e os excedentes económicos existentes no país.

Primeiras décadas do século XX

editar

Durante o principio do século XX o país caracterizouse pola inestabilidade política e polas intervencións armadas dos Estados Unidos. Ademais, durante este tempo, nacen algunhas discrepancias con Honduras por problemas territoriais, xa que con ese país non se definiran claramente os dereitos sobre a Costa de Mosquitos. O diferendo* solucionouse o 24 de marzo de 1928 co tratado Esguerra-Bárcenas, no cal, Colombia, recoñeceu a propiedade e soberanía de Nicaragua sobre as illas Mangle e a Costa de Mosquitos desde o cabo Gracias a Dios e agora até o río San Juan (como consecuencia da segregación de Panamá) e Nicaragua recoñeceu á súa vez a soberanía e propiedade de Colombia sobre o Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina e todas as demais illas, illotes e caios que forman parte do Arquipélago de San Andrés e Providencia. En 1930 precisou na Acta de Troco do Tratado o alcance do seu contido, e determinouse por suxestión do goberno nicaraguano un límite marítimo a partir do meridiano 82 de Greenwich sobre a base de que o Arquipélago de San Andrés e Providencia non se estende ao occidente do referido meridiano. O 4 de febreiro de 1980, a daquela Xunta de reconstrución de Nicaragua declarou unilateralmente a nulidade do Tratado Esguerra-Bárcenas, demandándoo ante a xustiza co resultado da validación plena do tratado e a reiteración da soberanía colombiana sobre as illas o 13 de decembro de 2007. Pero non sobre as 200 millas náuticas de zona económica exclusiva de Nicaragua.

Un dos personaxes importantes da primeira metade do século XX foi Augusto Nicolás Calderón Sandino, máis coñecido como Augusto C. Sandino, xeneral de orixe labrega, que cando liberais e conservadores chegaron ao pacto do "Espino Negro", continuou a loita contra a intervención norteamericana. A última entrevista que deu o Xeneral Sandino foi o 3 de febreiro de 1933 ao periodista de LA PRENSA Adolfo Calero Orozco (1899-1980), un día despois de subscribir co presidente Juan B. Sacasa os “Convenios de Paz”, os cales implicaron a disolución do seu Exército e, na práctica, a sinatura da súa sentenza de morte. A morte de Augusto C. Sandino ordenouse ás sete da noite na oficina do Xefe Director da Garda Nacional e executouse aproximadamente ás 23.00 nun predio de barrio Larreynaga, daquela periférico da Vella Managua, o 21 de febreiro de 1934. Desde 1934 a 1979, Nicaragua vive unha era marcada pola sucesión no poder de distintos ditadores, pertencentes á familia Somoza.

Desde a súa Independencia, até a Revolución de 1979, Nicaragua estivo moi influenciada por tres poderosas familias: Os Chamorros, Sacasas e Somozas.

A revolución e a guerra civil

editar

De novo o auxe económico aterra no país entre as décadas do 50 e 60, e a pesar de existir unha baixa estabilidade política, ese auxe causou que a capital Managua se desenvolvese extensamente; aínda que un terremoto provocou a destrución da cidade e a morte de máis de 10,000 persoas en 1972. Os gobernos da familia Somoza, apoiados militarmente por Estados Unidos, gobernaron o país durante varias décadas, até que estala a Revolución Sandinista en 1979. Pese a a curta duración que tivo o conflito armado, os continuos bombardeos nas cidades provocaron a morte de máis de 50,000 persoas. O FSLN logra derrocar a Somoza o 19 de xullo de 1979, a Fronte Sandinista de Liberación Nacional, apoiado económica e militarmente por Cuba e a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), realizou cambios sociais, expropiando á clase alta do país en xeral. Non obstante, a etapa sandinista foi unha continuación do conflito leste - oeste entre as dúas potencias da guerra fría. Formáronse os contras armados e financiados polo Goberno dos Estados Unidos, incluso trala vitoria electoral do sandinismo en 1984. Moitos nicaraguanos emigraron a Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Costa Rica, Honduras, Canadá, México, países occidentais de Europa e Australia durante a guerra civil escapando da persecución política, o servizo militar obrigatorio e o mal estado económico do país.

Nicaragua desde 1990

editar

En febreiro de 1990 celebráronse eleccións xerais baixo a supervisión de varios observadores internacionais. Violeta Chamorro, candidata antisandinista da Unión Nacional Opositora, gañou as eleccións. Esta iniciou un programa de reconstrución no que estabeleceu a reforma monetaria, a redución do exército e a desmobilización da contra. A altísima taxa de inflación diminuíu; o crecemento económico comezou a ser positivo, as exportacións creceron e o país comezou a rexurdir, aínda que o desemprego agudizouse polos miles de combatentes que se reintegraron na vida civil. Privatizáronse a Banca, as Minas, o transporte, a sanidade, a educación, dando en empobrecemento da poboación, aumento dos índices de analfabetismo, corrupción...

En 1996 celebráronse novas eleccións nas que gañou Arnoldo Alemán, candidato do Partido Liberal Constitucionalista. Durante os meses de setembro e outubro de 1998 transcenderon, a través de distintos medios de comunicación e da oposición, tanto sandinista como liberal disidente, as presuntas prácticas de nepotismo nas altas instancias do Estado por parte de familiares e achegados ao presidente da República.

Todas as acusacións pasaron a segundo plano cando a finais de outubro de 1998 se produciu o paso do Furacán Mitch polo territorio nicaraguano. Só en Nicaragua morreron case 4 000 persoas, 5 000 resultaron desaparecidas e máis dun millón resultaron damnificadas. A todo isto uníronselle cuantiosos danos materiais e económicos que devastaron a xa de por si pobre economía nicaraguana.

Posteriormente ao desastre, o estado tivo que facer fronte a unha grave crise política e social en 1999. Isto produciuse pola depuración, iniciada polo goberno de Alemán, dos sectores vinculados ao sandinismo no Exército de Nicaragua. A isto uníronselle protestas de estudantes e traballadores en demanda das súas reivindicacións, que, dado o carácter violento que adoptaron en ocasións e á dura resposta das forzas da orde, colocaron ao país no bordo da guerra civil.

Nas eleccións lexislativas e presidenciais celebradas o 4 de novembro de 2001, a vitoria foi para Enrique Bolaños do Partido Liberal Constitucionalista.

No 2006 celebráronse novas eleccións, as cales foron gañadas polo candidato do Frente Sandinista de Liberación Nacional, Daniel Ortega.

En novembro de 2008 celebráronse eleccións municipais, que produciron no país outra profunda crise política. A oposición rexeitou os resultados dos comicios, realizados sen observadores internacionais, que deron un balance oficial de 105 concellos para os sandinistas, fronte a 41 para os dous partidos opositores (ALN e PLC). A raíz das acusacións de fraude; os Estados Unidos de América e a Unión Europea conxeláronlle as axudas a Nicaragua.

Goberno e política

editar

Nicaragua é unha república democrática, con separación de poderes. O poder executivo é desenvolvido polo presidente, elixido para un período de 5 anos. O Lexislativo está constituído pola Asemblea Nacional (unicameral), composta por 90 escanos elixidos para un período de 5 anos. Existe tamén unha Corte Suprema de Justicia e un Consejo Supremo Electoral.

As últimas eleccións de Nicaragua foron o 5 de novembro de 2006. Foron observadas por un só organismo internacional, o CEELA. Os principais partidos políticos son:

  1. Partido Liberal Constitucionalista (PLC).
  2. Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN).
  3. Alianza Liberal Nicaragüense (ALN).
  4. Partido Conservador (PC).
  5. Movemento Renovador Sandinista (MRS).
  6. Partido Liberal Independente (PLI).

O candidato sandinista, Daniel Ortega, resultou vencedor co 38% dos votos.

Xeografía

editar

A República de Nicaragua é un país situado no centro xeográfico do istmo centroamericano. Limita ao norte con Honduras, ao sur con Costa Rica, ao oeste co océano Pacífico e ao leste co mar Caribe. Por razóns administrativas, Nicaragua divídese en 15 departamentos e dúas rexións autónomas. Estes, á vez, divídense en municipios, que actualmente son 153.

 
Volcan Mombacho

En Nicaragua atópanse desde sabanas, ata montañas virxes con especies autóctonas, e goza de ter un dos lagos máis grandes e belos do mundo, con especies exóticas como o quenlla de auga doce; mesetas aínda despoboadas con clima primaveral todo o ano no centro e pacífico do país, incluíndo zonas frías; praias aínda virxes e impresionantes, onde actualmente se está asentando unha onda de novos turistas provenientes principalmente de Europa e o Canadá, aproveitando ademais os baixos custos dos terreos; volcáns activos; illas impresionantes e tamén pouco exploradas aínda como Ometepe, Zapatera, os Illotes de Granada ou Corn Island, entre outras.

A Zona do Pacífico do país caracterízase por ser a rexión volcánica e lacustre de Nicaragua, nela esténdense a Cordilleira Centroamericana e a máis elevada e ríspida Cordilleira Volcánica. O primeiro volcán é o Cosigüina, situado na península homónima, dentro do golfo de Fonseca (moi popular entre turistas e autóctonos por ser en realidade unha caldeira mergullada dun gran cráter). Séguelle a cadea volcánica dos Marrabios ou Maribios, que termina co Momotombito; un illote no lago Xolotlán. Hai tamén outros volcáns, como o Masaya ou o Maderas e Concepción, formando estes dous últimos a illa de Ometepe no Lago Cocibolca (tamén coñecido como o Lago de Nicaragua). Esta zona goza da presenza doutro gran lago: o Lago de Managua.

A Zona Central do país dá fonte a outro gran río: o Escondido, que se alimenta da unión dos ríos Siquia, Mico e Rama. Ao longo desta rexión desprázase a cordilleira de Amerrisque ou Chontaleña. O anterior probablemente deu orixe ao nome de América, segundo novos estudos feitos por historiadores e expertos. No norte desta, presenta rexións secas como Nova Segovia e montañosas e húmidas como Jinotega e Matagalpa. Estas zonas serven de fonte a dous grandes ríos: o Segovia ou Coco e o Grande de Matagalpa. Nova Segovia presenta as cordilleiras de Dipilto e Jalapa, que serven de fronteira con Honduras, mentres que Jinotega á cordilleira de Isabelia e Matagalpa á cordilleira Dariense.

A Zona do Caribe do país é unha gran planicie cuberta de grandes bosques e enormes ríos corren polas súas terras. Entre os principais ríos desta rexión que desembocan no mar das Antillas están: o Segovia ou Coco, o Wawa, o Kukalaya, o Prinzapolka, o Bambana, o Grande de Matagalpa, o Kurinwás, o Escondido (e os seus afluentes Siquia, Mico e Rama), o Punta Gorda e o San Juan. Na parte norte desta zona atópase parte da cordilleira Isabelia e Dariense e cara ao sur un ramal da do Amerrisque ou Chontaleña.

O inverno dura desde maio a outubro, e o verán, de novembro a abril. A época de choivas esténdese desde xuño até novembro. O clima deste país cambia moito dunha costa a outra, e pódense estabelecer tres tipoloxías climáticas bastante diferenciadas segundo a rexión do país de que se trate.

A zona situada entre os lagos Nicaragua e Managua e o océano Pacífico adoita ser moi seca, con pouca choiva, e temperaturas que oscilan entre os 27 °C e 32 °C en inverno e os 35 °C e 40 °C durante o verán. A zona central e montañosa de Nicaragua ten un clima máis frío e húmido, sobre todo no leste, e pola costa caribeña o clima é moi húmido e tropical, con altas temperaturas e fortes precipitacións.

Organización político-administrativa

editar
 
Departamentos (cabeceiras):
1 Boaco (Boaco)
2 Carazo (Jinotepe)
3 Chinandega (Chinandega)
4 Chontales (Juigalpa)
5 Estelí (Estelí)
6 Granada (Granada)
7 Jinotega (Jinotega)
8 León (León)
9 Madriz (Somoto)
10 Managua (Managua)
11 Masaya (Masaya)
12 Matagalpa (Matagalpa)
13 Nueva Segovia (Ocotal)
14 Rivas (Rivas)
15 Río San Juan (San Carlos)
Rexións Autónomas
16 Atlántico Norte (Bilwi)
17 Atlántico Sur (Bluefields)

Está conformado por 15 Departamentos (entre paréntese as súas cabeceiras):

  • Nueva Segovia (Ocotal),
  • Madriz (Somoto),
  • Estelí (Estelí),
  • Jinotega (Jinotega),
  • Chinandega (Chinandega),
  • Granada (Granada),
  • León (León),
  • Managua (Managua),
  • Masaya (Masaya),
  • Carazo (Jinotepe),
  • Rivas (Rivas),
  • Chontales (Juigalpa),
  • Boaco (Boaco),
  • Matagalpa (Matagalpa),
  • Río San Juan (San Carlos);

tamén hai 2 Rexións Autónomas: Atlántico Norte (Bilwi) e Atlántico Sur (Bluefields).

Á súa vez, departamentos e rexións autónomas divídense en concellos (152).

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Nicaragua.
 
O café é unha das exportacións máis importantes de Nicaragua.

A agricultura é unha das principais actividades económicas. Destacan os cultivos de algodón, café, cana de azucre, banana, maínzo e sésamo. A gandaría é unha actividade puxante. Os principais recursos mineiros son o ouro, o cobre, a prata e o chumbo. Os principais núcleos industriais están situados na zona occidental do país. Segundo o Banco Mundial, Nicaragua está aliñada como a 62 mellor economía para comezar un negocio, facéndoa a mellor posíbel en América Central, despois de Panamá.

A economía agraria nicaraguana baseouse historicamente na exportación das colleitas, tales como plátanos, café, azucre, gando e tabaco. A agricultura constitúe actualmente o 60% das súas exportacións totais que anualmente proporcionan aproximadamente 300 US$ millóns (2007). O ron Flor de Caña de Nicaragua é un dos mellores de América Latina.

Durante a guerra entre os contras e sandinistas nos anos 80, moita da infraestrutura do país foi danada ou destruída. A inflación estivo nunha media do 30% nos anos 80. Despois de que os Estados Unidos impuxeran un embargo comercial no 1985, a taxa de inflación de Nicaragua disparouse. O índice de 1985 segundo publicacións anuais era do 220%, triplicado ao ano seguinte e elevouse subitamente ao 13.000% en 1988, a tarifa máis alta para calquera país no hemisferio occidental nese ano. Despois do final da guerra, máis de 350 empresas do estado foron privatizadas, reducindo a inflación a partir de 13.500% a 9.6%, e reducindo a débeda externa.

Exportacións a Importacións de
País Porcentaxe País Porcentaxe
  Estados Unidos 34.1 %   Estados Unidos 20.1 %
  Honduras 7.9 %   Venezuela 9.9 %
  Costa Rica 6.1 %   Costa Rica 8.9 %
  Alemaña 5.3 %   Guatemala 7.9 %
Outros 46.6 % Outros 53.2 %

Nos comezos do século Nicaragua convertíase nun dos países coa economía de máis veloz crecemento en América Central e unha das que lideraba o crecemento en América Latina. Mais a inflación elevouse e o crecemento dende o 2006 volveuse estancar. Segundo o Libro Mundial de Datos da CIA, a inflación fixo unha media global dun 8.1% entre 2000 a 2006. O Banco Mundial tamén indica un desenvolvemento económico moderado do 5% de media entre o ano 1995 e 2004. No 2005 a economía creceu ao 4,0%.

Durante o 2007 a economía creceu un 3.2% e cunha inflación do 11.1% , a economía nicaraguana converteuse na que peor comportamento tivo de todas cantas hai na rexión centroamericana. A redución da inflación, o crecemento económico e a privatización no resolveron os grandes problemas sociais de Nicaragua. O 48% da poboación en Nicaragua vive en pobreza extrema (menos de 1$ diario), outro 28% vive en pobreza relativa (menos de 2$ ao día), o 4.8% está desempregada e máis do 46% encóntrase subempregada, segundo o Libro Mundial de Datos.

 
Zonas marxinais de Nicaragua.

A moeda nicaraguana é o córdoba.

Demografía

editar

A zona máis poboada é a do Pacífico, normalmente habitada por mestizos e brancos, situándose aló as máis importantes cidades como a capital Managua, con máis dun millón de habitantes, León, Chinandega, Masaya e Granada. Na zona norte concéntrase a maioría da poboación de orixe europea, en cidades como: Estelí, Matagalpa e Jinotega. 47% brancos e 44% mestizos facer poboación de Nicaragua.

Só o 9% da poboación vive no Atlántico, habitada por completo por negros e mulatos (descendentes de europeos e africanos), esta rexión caracterízase por tropical e selvática, e os seus habitantes falan inglés.

Cultura

editar

Música

editar
 
Mulleres co denominado traxe de mestizaxe que se utiliza para bailar a danza da mestizaxe
Artigo principal: Música nicaraguana.

A música nicaraguana é unha mestura de influencias das poboacións orixinarias e dos colonizadores españois. Entre os instrumentos musicais máis recoñecidos está a marimba que se executa co intérprete sentado cos instrumento nos xeonllos e, normalmente, acompáñao un violín baixo, guitarra e unha guitarra pequena semellante á mandolina que recibe o nome de guitarrilla. Esta música reprodúces como unha especie de música de fondo en acontecementos sociais. Na costa caribeña é típica unha forma animada e ruidosa de música de baile que se celebra durante o festival Palo de Mayo en maio e que é popular por todo o país. É tamén moi coñecida a música popular da comunidade garífuna, a punta.[9] Son tamén populares a bachata, o merengue, a salsa e especialmente a cumbia con gran número de artistas locais recoñecidos.

Relixión e crenzas

editar

O catolicismo romano é a relixión dominante en Nicaragua, profesada por máis de 70 por cento, o que seguramente se reflicte en case todas as tradicións e costumes do país. Outras tradicións cristiás non-católicas e tamén están ocorrendo na nación, son xeralmente chamados protestantes (antes pertencía á Igrexa Católica) de 24 por cento. A Nicaragua tamén ten algunhas outras tradicións xudías, islamitas, Maia e afro-caribeña.

  1. 1,0 1,1 Ideal, ed. (29 de xullo de 2015). "¿Por qué los países de América Latina se llaman como se llaman?" (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Sánchez, Edwin (16 de outubro de 2016). El Pueblo Presidente, ed. "El origen de "Nicarao-agua": la Traición y la Paz" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 3 de xullo de 2017. 
  3. Sánchez, Edwin (3 de outubro de 2016). El 19, ed. "De Macuilmiquiztli al Güegüence pasando por Fernando Silva" (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2017. 
  4. Silva, Fernando (15 de marzo de 2003). El Nuevo Diario, ed. "Macuilmiquiztli" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2017. Consultado o 12 de abril de 2017. 
  5. Sánchez, Edwin (16 de setembro de 2002). El Nuevo Diario, ed. "No hubo Nicarao, todo es invento" (en castelán). 
  6. El Nuevo Diario, ed. (4 de abril de 2009). "Encuentro del cacique y el conquistador" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2017. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  7. Torres Solórzano, Carla (18 de setembro de 2010). La Prensa, ed. "Choque de lenguas o el mestizaje de nuestro idioma" (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2017. 
  8. El Nuevo Diario, ed. (10 de agosto de 2004). "La raíz nahuatl de nuestro lenguaje" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2017. Consultado o 3 de xullo de 2017. 
  9. Rosenberg, Dan "Parrandalised". Folk Roots 20 nº. 2-3: 47-51 (1998)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar