Nicarao é o nome dun suposto xefe indíxena ou cacique que gobernou sobre un territorio no suroeste de Nicaragua a comezos do século XVI. En base das investigacións realizadas por historiadores 2002, descubriuse que o seu nome real era Macuilmiquiztli.

Infotaula de personaNicarao
Biografía
Nacemento1485 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte1540 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Nicaragua Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Nicaragua Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónwar chief (en) Traducir , Cacique Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Contexto histórico editar

Cristovo Colón, na súa cuarta e derradeira viaxe do ano 1502, explorou a costa leste do que hoxe se coñece como Nicaragua mais non se internou na costa oeste nin entrou en contacto con ningún pobo indíxena. En 1522, o conquistador español Gil González Dávila partiu dende Panamá con 100 homes na primeira incursión cara ás rexións occidentais de Costa Rica e Nicaragua. Cando chegaron ó suroeste de Nicaragua, atoparon unha tribo falante de nahuat, e coa axuda de dous intérpretes indíxenas que ían con González Dávila, foi quen de conversar co cacique da tribo, que dende entón foi referido como Nicarao.[1]

Controversia do nome editar

En 2002, investigacións realizadas por dous historiadores nicaraguanos que traballaron de xeito independente, argumentaron que o verdadeiro nome do cacique era en realidade Macuilmiquiztli, que quere dicir "Cinco Mortes" na lingua náhuatl.[1][2][3][4]

Non se sabe o motivo polo cal o nome Nicarao se empezou a asociar co cacique Macuilmiquiztli. É posible que os conquistadores españois derivaran o nome Nicarao en base á etnicidade da tribo, que estaba composta polo pobo pipil-nicarao, que son unha póla dos náhuatls. Andrés de Cereceda, o tesoureiro da expedición de González Dávila,[2] escribiu no seu rexistro os nomes dos caciques das aldeas onde se recolleu o ouro. No veciño Golfo de Nicoya de Costa Rica, eles atoparon a meirande vila indíxena que visitaron, que estaba gobernada por un cacique chamado Chorotega. Dende entón, as fontes lingüísticas empregaron o nome dese cacique como epónimo, "pobo chorotega", para abarcar unha serie de aldeas que tiñan similitudes culturais e lingüísticas malia estar fisicamente separadas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Sánchez, Edwin (16 de setembro de 2002). El Nuevo Diario, ed. "No hubo Nicarao, todo es invento" (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 El Nuevo Diario, ed. (4 de abril de 2009). "Encuentro del cacique y el conquistador" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2017. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  3. Sánchez, Edwin (3 de outubro de 2016). "De Macuilmiquiztli al Güegüence pasando por Fernando Silva" [From Macuilmiquizli to Güegüence through Fernando Silva]. El 19 (en Spanish). Consultado o 12 de abril de 2017. 
  4. Silva, Fernando (15 de marzo de 2003). "Macuilmiquiztli". El Nuevo Diario (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2017. Consultado o 12 de abril de 2017.