Pobo náhuatl

Os náhuatls[1] son un grupo de pobos prehispánicos de Mesoamérica cuxos devanceiros foron os aztecas, mexicas e outros pobos antigos de Anáhuac que tiñan en común a lingua náhuatl. Actualmente o termo mexicano é a súa autodenominación, pero esta contraponse ao xentilicio dunha nación que involucra a outros grupos indíxenas e estranxeiros que botaron raíces en territorio mexicano; con todo débese de ter en conta que os náhuatls son os mexicanos orixinarios dende un punto de vista estrito, aínda que se confunda o termo. O seu nexo principal en común era a súa lingua, o náhuatl ou nahuat, ademais de grandes similitudes na súa relixión e cosmovisión. Son náhuatls os pobos prehispánicos de Texcoco, Tlaxcala, Chalco, Cholula, Acolhuacan e os aztecas entre outros, destacan estes últimos pola fundación de Tenochtitlán e a súa influencia sobre os outros pobos da rexión.

Os náhuatls en México.

Cosmovisión náhuatlEditar

Ao centro do universo atópase tlaltícpac, porción da Terra estendida horizontal e verticalmente, constitúe gran parte do mundo visible material. Este atópase rodeado de auga inmensa teo-atl que se prolonga ata que se reúne cos ceos, esta última é o Ilhuíca-atl, auga celeste.

Dimensión horizontalEditar

O universo distribúese en catro cuadrantes ou rumbos que parten desde o mesmo embigo de tlaltícpac. Mirando cara ao poñente por onde o Sol de opón, é a casa deste, simbolízao a cor vermella; cara á esquerda está o sur que se simboliza co azul; a fronte da casa do sol (rumbo este) simbolízase pola cor branca que representa a luz, a fertilidade e a vida; á dereita do camiño do Sol está o cuadrante negro do universo, o rumbo da rexión dos mortos.

Dimensión verticalEditar

Os ceos eran capas esféricas superpostas separadas por traveseiros a entender dos propios náhuatls, sobre os primeiros movíanse os distintos astros celestes e arriba destes estaban as capas onde habitaban os deuses. Existen variantes na denominación dos distintos ceos, segundo a descrición pictórica do códice vaticano A temos que o primeiro ceo é por onde se move a Lúa e as nubes, Ilhuícatl Metztli. O segundo ceo é o lugar das estrelas, Citlalco, que se dividían en dous grandes grupos, as 400 estrelas do norte, Centzon Mimixcoa, e as 400 estrelas do sur, Centzon Huitznahua. O terceiro ceo, Ilhuícatl Tonatiuh, era o ceo por onde o Sol se movía diariamente desde o rumbo da luz á súa casa. O cuarto ceo, Ilhuícatl huitztlan era o ceo de Venus, que era o planeta mellor estudado polos náhuatls e asociado a Quetzalcóatl. As estrelas fumarentas ou citlalin popoca como se chamaba aos cometas pertencían ao quinto ceo. O sexto e sétimo ceo son os da noite e o día, o oitavo está en disputa, a versión máis aceptada é que é o lugar das tempestades. O noveno, décimo e undécimo; branco, amarelo e vermello respectivamente, son morada dos deuses, teteocam (lugar onde eles viven). Para rematar, o duodécimo e décimo terceiro constituían a mansión da dualidade, Omeyocan, onde habita Ometeótl, rexión metafísica fonte de xeración e de vida.

Os 9 infernos son planos e cada vez máis profundos, por eles deben de pasar os descarnados (os mortos) afrontando durante catro anos probas para poder descansar ao fin.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para náhuatl.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • León-Portilla, Miguel (1959) La filosofía nahuatl, estudiada en sus fuentes, 2ª ed., México, D.F.: UNAM.