Crecemento económico

aumento da produción e o consumo nunha economía

O crecemento económico é o aumento da renda ou valor de bens e servizos finais producidos por unha economía (xeralmente dun país ou dunha rexión) en determinado período (xeralmente nun ano).[1]

Crecemento económico dende o ano 1 até o ano 2003 por zonas zeográficas e mundial.

A grandes liñas, o crecemento económico refírese ao incremento de certos indicadores, como a produción de bens e servizos, o maior consumo de enerxía, o aforro, o investimento, unha balanza comercial favorable, o aumento do consumo per cápita, etc. A mellora destes indicadores debería levar teoricamente a unha alza nos estándares de vida da poboación.[2]

Medida do crecemento económico editar

Polo xeral, o crecemento económico mídese en porcentaxe de aumento do Produto Interno Bruto real ("real" significa "axustado por inflación") e pode dividirse en cinco compoñentes: crecemento en

  • poboación
  • produción por unidade de insumo de traballo (produtividade laboral),
  • horas traballadas (intensidade),
  • porcentaxe da poboación en idade de traballar que realmente traballa (taxa de participación) e
  • proporción da poboación en idade de traballar con respecto á poboación total (demografía).[3]

Aritmética de crecementos parciais editar

O crecemento total nun período composto de varios períodos parciais é lixeiramente superior á suma dos crecementos dos períodos parciais. Exemplos:

  • Se unha economía presenta un crecemento dun 2,0 % cada un do catro trimestres dun ano, o crecemento anual desa economía será aproximadamente 8,24 % (obsérvese que 1.021.021.021.02=1.08243216).
  • Se os crecementos trimestrais respectivos son 1,0 %, 2,0 %, 3,0 % e 4,0 %, o crecemento anual desa economía será aproximadamente 10,36 % (obsérvese que 1.011.021.031.04=1.10355024)

Principais factores do crecemento económico editar

O crecemento económico é causado por diversos cambios na economía. Nun período de tempo, algún dos factores poden ser máis importantes que outros. Os principais factores do crecemento económico son: recursos naturais, recursos humanos, acumulación de capital, cambio tecnolóxico, innovación e estabilidade socio-política.[4]

Aínda que os recursos naturais afectaron fortemente o crecemento económico pasado, actualmente o seu impacto na variación do produto é limitado. Nas economías actuais o factor máis importante é o capital humano enfocado na innovación que produza (ou adopte) novos avances e efectúen un cambio tecnolóxico que aumente a produtividade.

Notas editar

  1. PNUD (17 de abril de 2020). "Objetivo 8: Trabajo decente y crecimiento económico". 
  2. Barro, Robert J.; Martin, Xavier Sala i (2009). Crecimiento económico (en castelán). Reverte. ISBN 978-84-291-2614-3. Consultado o 18 de decembro de 2019. 
  3. Bjork, Gordon J. (1999). The Way It Worked and Why It Won't: Structural Change and the Slowdown of U.S. Economic Growth [Cómo funcionó y por qué no: cambio estructural y desaceleración del crecimiento económico de EE. UU.] (en inglés). Praeger. p. 68. ISBN 978-0-275-96532-7. Consultado o 2021-01-14. 
  4. "¿Por qué es necesaria la estabilidad política para la buena marcha de la economía?". Economipedia (en castelán). 26 de outubro de 2019. Consultado o 16 de decembro de 2019.