Greenwich
Greenwich é un distrito situado ó sueste de Londres, Inglaterra, na zona sur do río Támese no London Borough of Greenwich. É coñecido pola súa historia marítima e por dar nome ó Meridiano de Greenwich (lonxitude 0º) e o Greenwich Mean Time (GTM).
Greenwich marítimo | |
---|---|
![]() Greenwich marítimo | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Coordenadas: 51°28′45″N 0°00′00″L / 51.4791, -0.0000 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV, VI |
Inscrición | 1997 (21ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 795 |
A vila orixinal foi o lugar no que se estaba o Palacio de Placentia do século XV, e foi o lugar de nacemento de moitos membros da Dinastía Tudor, incluíndo a Henrique VIII e Isabel I. O palacio foi destruído durante a Guerra Civil Inglesa e reconstruído como o Royal Navy Hospital for Sailors (Real Hospital da Mariña para Mariñeiros) por Sir Christopher Wren e o seu asistente Nicholas Hawksmoor. Este edificio pasou a ser o Greenwich Royal Naval College en 1873, e continuou sendo un centro de educación militar ata o 1998 cando pasou as mans da Fundación Greenwich. As habitacións históricas seguen abertas ó público, o resto é empregado pola Universidade de Greenwich e o Trinity College of Music.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Greenwich |
- Información local e foro de discusión de Greenwich (en inglés)
- Your Online Guide to Greenwich (en inglés)
- Greenwich World Heritage Site, sitio web oficial (en inglés)
- Greenwich Tourist Information Centre (en inglés)